A Asociación Galega de Apicultura, AGA, ten como fins: o desenvolvemento integral da apicultura galega, proporcionando información, formación e asesoramento apícola ás abelleiras e abelleiros, difundindo á sociedade as vantaxes da abella como insecto polinizador e traballar en defensa do noso medio ambiente. Velar pola calidade dos productos apícolas e informar aos consumidores das súas bondades.
Agardamos a entrada de novas abelleiras e abelleiros como a mellor maneira de facer progresar esta actividade imprescindible, para o mantemento da biodiversidade, e a produción de alimentos.
Ler máis
Formación. Día do apicultor e mostra galega de apicultura. Viaxes. Feiras de material apícola. Publicacións. Xestión do plan apícola. Promoción. Seguros apícolas
Ler máis
Os obxectivos son promover a incorporación ó sector apícola e a AGA de novos abelleiros e abelleiras; elaboración e comercialización de produtos innovadores polo grupo API-E; dentro do Plan Apícola 2013, realizar un programa sanitario para o control da varroa, da vespa velutina e da loque americana; dar todo tipo de servicios aos socios e socias de AGA.
Ler máisContidos: XXVIII Mostra Galega de Apicultura / Control da Varroa / Plan Apicola 2013 / Próximas actividades
XXVIII Mostra Galega de Apicultura
Xornada adicada á cría de raíñas e a produción de xelea real. Celebraremos tamén a prohibición na UE dos pesticidas neonicotinoides.
Plan Apícola 2013 e Control da Varroa
Está publicado o Plan Apícola 2013 no DOGA do 10 de maio.
Para o control da varroa temos á venta en Arzúa: Apistan, Beevital e Timol. As persoas interesadas noutros tratamentos que se poñan en contacto con AGA. O día da Mostra recolleremos os libros apícolas para que o veterinario os cubra.
Ler máis