+ 34 981 508 142

 

+ 30 Anos De Historia Editorial

Desde a súa fundación, ano 1980, A Asociación Galega de Apicultura AGA desenvolveu e participou nunha serie de actividades que modernizaron a nosa apicultura procurando satisfacer os intereses tanto dos abelleiros afeccionados coma daqueles que teñen ánimo de lucro con esta actividade, respectando sempre a natureza e comportamento e cultura das nosas amigas e imprescendibles abellas, desenvolvendo darredor delas unha actividade sustentable e da máis grande importancia ecolóxica.

A innovación, o coidado e o desenvolvemento de novos produtos apícolas foi outra constante que desde AGA se tivo sempre presente co ánimo de satisfacer aos consumidores máis esixentes que buscan a calidade na súa alimentación e aprecian os beneficios terapéuticos destes produtos.

Na actualidade AGA está centrada na exploración de todos os campos que conforman este variado e complexo mundo apícola. Baixo a denominación de "A apicultura, unha actividade multifuncional" estamos asistindo a un renacer da actividade apícola a escala mundial, situando as abellas e os abelleiros no centro da conservación da biodiversidade debido ao efecto polinizador das nosas abellas.

Ler máis
 

 

Actividades xerais


Actividades

. Formación: Cursos, Xornadas e Viaxes técnicas

. Día do Apicultor e Mostra Galega de Apicultura (Xornadas de encontro abelleiro, Asembleas e Feiras de material apícola)

. Publicacións: Revista Abelleira, Correo Apícola

. Xestión do Plan Apícola: Programa de abellas tolerantes á varroa. Programa de sanidade apícola. Material e outros utensilios

. Promoción: Feiras do mel

. Seguros apícolas


ATENCIÓN DIARIA AO SOCIO

Dende a sede da asociación, en Arzúa, prestamos seis horas diarias de atención aos nosos socios. HORARIO: de 10,00 h. a 14,00 h. e de 16,00 h. a 18,00, de luns a venres.


DAGAS

AGA funciona dun xeito descentralizado a través das súas delegacións comarcais, DAGAS, que realizan actividades propias de AGA na súa demarcación. Para contactar coa DAGA da túa zona, infórmate na asociación


 

 

ESTATUTOS DE AGA

Artigo 1°

  1. Procédese a adaptar ós Estatutos de Asociación Galega de Apicultura, AGA, como Asociación sen ánimo de lucro e C.I.F 15077282, a Lei Orgánica 1|2002, do 22 de marzo.
  2. A Asociación Galega de Apicultura AGA rexerase polos presentes Estatutos, pola Lei Orgánica 1|2002, do 22 de Marzo, reguladora do Dereito de asociación e pola demáis lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2°

Son fins principias da Asociación Galega de Apicultura AGA:

  1. Promover o desenvolvemento integral da apicultura en todos os campos
  2. Mellorar a formación técnica apícola dos seus asociados e de todos os apicultores en xeral.....
  3. Difundir á sociedade as vantaxes da abella como insecto polinizador e traballar en defensa do medio ambiente, ameazado polos incendios, contaminacións, abuso de pesticidas, etc.
  4. Velar pola calidade dos productos apícolas e informar ó consumidor das súas características. Colaborar e promover a comercialización dos productos dos asociados
Ler máis
 

 

DAGAS


As DAGAS son delegacións comarcais de AGA que representan á asociación nese territorio e teñen como obxectivo organizar e realizar actividades na súa comarca. Están formadas por un delegado ou delegada e un equipo de traballo. Os socios e socias que queiran formar parte dunha delegación teñen que poñerse en contacto co seu delegado/a para comunicarllo e así poder recibir información e participar nas súas actividades. Só é posible formar parte dunha única delegación.

Ler máis