+ 34 981 508 142

AGA Informa

 

DE ACTUALIDADE

Plan Apícola 2017

16 de marzo de 2017

A orde das axudas do Plan Apícola 2017 será publicada durante este mes de marzo. A Consellería xa nos adiantou o seu contido polo que estamos xa enviando esta información ós nosos socios e socias para ir adiantando os trámites. O importe total da subvención será de 519.320  €, que se repartirá entre as entidades e apicultores/as solicitantes coa seguinte porcentaxe máxima e nesta orde de prioridade:

- Tratamentos contra a varroa (ata o 80%)

- Contrato do veterinario (ata o 90%) e un técnico (ata o 70%)

- Alimento (ata o 50%)

- Cera (ata o 50%)

En función das solicitudes que haxa, pode ser que non cheguen os fondos para cubrir todos estes conceptos. A Consellería comunicará a concesión da axuda e as contías asignadas para cada liña unha vez se presenten todas as solicitudes.

Descargar solicitude Plan Apícola 2017 e enviar antes do 5 de abril.

A continuación explicamos como facer a solicitude.

 
Ler máis

STOP VESPA VELUTINA. Trampeo primaveral

15 de marzo de 2017

Coa chegada temperá da primavera, comezaron a aparecer raíñas de Vespa velutina en moitos lugares de Galicia, polo que aconsellamos comezar xa o trampeo primaveral.

A partires do traballo realizado o ano pasado dentro de AGA pola nosa investigadora Sandra Rojas, acordouse solicitar á Conselleria do Medio Rural trampas Vetopharma cos seus atraentes, para repartir entre os apicultores e apicultoras co obxectivo de capturar vespas nais da especie invasora durante a primavera. Por distintos parámetros analizados no estudio foi a mellor valorada, aínda que con importantes fallos dependendo do lugar onde se instalen.

Os socios e socias que teñan dereito ás trampas que nos entregou a Consellería para o reparto gratuito, que se poñan en contacto con AGA. As DAGAS tamén están facendo este reparto, así como na nosa oficina de Santiago.

O que se recomenda é colocalas preferentemente en zonas periurbanas, que é onde van ter máis tendencia a construir os niños primarios, e sobre todo próximas a plantas con flores de orixe asiático, por exemplo en camelias e noutras plantas onde vexamos as velutinas libar nas flores.

Ler máis
 
Ver todas
 

Apicultura Urbana

A apicultura urbana está de moda, xa se poden atopar abellas en París ou en distintas cidades americanas. Seguindo esta tendencia, a asociación galega de apicultura, AGA xa estableceu un pequeno apiario urbán en culleredo, A Coruña.

De todos é sabido que a apicultura en Galicia é unha actividade tradicional con moita sona, tradición e antigüedade. Os galegos vivimos nunha terra única e especial: nunha terra de natureza virxe, rica en recursos naturais e cunha extraordinaria biodiversidade: un campo fértil para a actividade apícola.

Ler máis

Programación AGA

Programa 2017: Continuar coa información e asesoramento a diario; ofrecer formación (cursos básicos e de especialización); levar a cabo xornadas de divulgación apícola; realizar plans para facer fronte á Vespa Velutina; ofrecer servizos varios (subvencións, xurídico, sanitario...); promover o asociacionismo

Ver todos


Feiras e Eventos

O longo do ano celebranse distintas feiras e eventos dos que podes consultar as súas datas e información nesta sección

Ver todas


VII Congreso Apícola Hispánico

Galego Castellano

Importancia das abellas

Descargar

Actividades apícolas no mundo

VIII Feria Nacional Apícola de Torrelavega - 22 e 23 de outubro de 2016 (Torrelavega - Cantabria)

VIII Congreso Nacional de Apicultura - 3, 4 e 5 de novembro en Granada

Ver todas