+ 34 981 508 142

Xornadas Stop Velutina no Xardín Botánico de Xixón

23 de marzo de 2017

O obxectivo destas xornadas, que terán lugar no Xardín Botánico de Xixón do 23 ó 26 de marzo é divulgar e concienciar á sociedade e ás súas institucións dos riscos que supón a chegada e expansión do tártago asiático na cornisa Cantábrica.

AGA participará cunha conferencia titulada "Vespa velutina: unha expansión con consecuencias para todos e todas", que impartirá Xesús Asorey e a asesora xurídica de AGA Laura García.

As xornadas están organizadas por CODACC, ADAPAS e FAPI. 

Ler máis

Proxecto de investigación internacional sobre a Vespa velutina "Eurofrelon"

22 de marzo de 2017

O tártago asiático (Vespa velutina) está invadindo Europa, matando abellas e poñendo en perigo a biodiversidade local. Investigadores do Instituto Nacional de Investigacións Agrícolas (INRA) e o Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNRS) están desenvolvendo un proxecto denominado "Eurofrelon", un proxecto de investigación de gran escala en Europa para estudiar a dispersión da Vespa velutina.

Este invasivo depredador de abellas é unha nova ameaza tanto para a apicultura como para a biodiversidade local. Dende a súa introducción en Francia no ano 2004, o tártago asiático dispersouse ó longo de Europa e foi detectado en España, Portugal, Bélxica, Alemania eReino Unido. ¿A que se debe esta rápida dispersión? ¿Cómo se están adaptando ó noso ambiente? E sobre todo, ¿podemos facer algo?

Para responder a estas preguntas os investigadores requiren a axuda de todos e todas, para capturar as raíñas esta primavera (marzo-maio 2017). Para iso só debe capturar as raíñas na súa área e enviarllas. Eles reembolsarán os gastos de envío e lle informarán sobre o progreso do estudio.

Para más información do proxecto e o modo de proceder para capturar e enviar as raíñas: 
https://sites.google.com/site/eurofrelon/home

Ler máis

PROGRAMA STOP VELUTINA EN FERROLTERRA

21 de marzo de 2017

Próximas charlas organizadas pola delegación Ferrolterra de AGA en colaboración cos concellos:

Xoves, 23 de marzo: AVV de Franza de Mugardos, ás 19:30 h.

Venres, 24 de marzo.- AVV de San Xoan de Piñeiro de Mugardos, ás 19:30 horas.

Luns, 27 de marzo.- AVV de Santa Mariña do Monte de San Sadurniño, ás 18:00 horas.

Mércores, 29 de marzo: AVV de Bardaos de San Sadurniño, ás 18 horas.

Mércores, 29 de marzo: O Xeixo (Sociedade Amigos do Paisaxe) de Mugardos, ás 19:30 horas

Venres, 31 de marzo.- AVV Camiño Arriba de San Sadurniño, ás 18 horas.

Ler máis

Charla sobre a Vespa velutina en Sanxenxo e O Grove

21 de marzo de 2017

O vindeiro 25 marzo terán lugar dúas charlas organizadas por DAGA Morrazo para falar sobre como dende o concello, equipos de emerxencias e abelleiros podemos porlle freno á velutina.

Ás 11 h. será en Sanxenxo no Local Social da Asociación de Veciños San Esteban de Noalla (Local das Canteiras)  e pola tarde ás 18 h. na Casa das Cunchas do Grove.
 

Ler máis

Charlas sobre a velutina da DAGA Rías Baixas

21 de marzo de 2017

Estas son as próximas charlas que organiza a DAGA Rías Baixas:

Sabado 25 de marzo, Local de Exposicións (debaixo do concello) - O Rosal, ás 19,00 horas

Domingo 26 de marzo, Centro Cultural de Donas - Gondomar, ás 11,30 horas

Sábado 1 de abril, Centro Cultural de Vincios ás 19,00 horas

Venres 7 de abril, Edificio Multiusos - Redondela ás 20,00 horas

Sábado 8 de abril, Casa da cultura - Tomiño, ás 19,00 horas

Ler máis

Alerta sobre a posible falta de eficacia do Checkmite no tratamento contra a varroa

21 de marzo de 2017

Recentemente a Bayer, empresa fabricante do tratamento contra a varroa Checkmite co principio activo cumafós, enviou un comunicado a apicultores/as e asociacións relativo ós  resultados dun estudio que amosa unha posible falta de sensibilidade do parásito ó fármaco. A empresa aconsella ós apicultores que utilizaran este produto que revisen as colmeas e, no caso de comprobar que non tivera efecto, se aplique outro produto.

Ante esta información, AVESPA, a Asociación de Veterinarios Especialistas en Sanidad e Produción Apícola, emitiu un comunicado esixindo a retirada do mercado do Checkmite, mentres non existan probas aclaratorias definitivas sobre a súa eficacia, e reclaman que se inicien as accións oportunas para compensar ós apicultores afectados por esta situación. Polo tanto, dende AVESPA non se aconsella o uso do Checkmite para o tratamento da varroase. 

Ler máis

O Parlamento galego esixe ó Miinisterio a obriga de indicar o país de orixe na etiquetaxe do mel

20 de marzo de 2017

A Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia aprobou esixir ao Ministerio de Agricultura a que obrigue a indicar na etiquetaxe do mel o país ou países de orixe do mesmo.

A iniciativa partiu da Asociación Galega de Apicultura que solicitou ó grupo de En Marea a levar esta proposta ó Parlamento Galego, que foi apoiada o pasado xoves 16 de marzo polo resto de grupos parlamentares. A proposición non de lei aprobada demanda que a Xunta inste ao Goberno Central a modificar a lexislación estatal vixente -Real Decreto 1049/2003 e Real Decreto 473/2015- "para introducir un cambio normativo que permita aos consumidores e consumidoras coñecer os países de orixe do mel que consumen". Ademais, ínstase á Xunta a "impulsar a produción do mel producido baixo o amparo IXP Mel de Galicia".

A continuación publicamos o documento elaborado pola asesora xurídica de AGA Laura García, explicando os motivos polos que AGA considera necesario esixir un cambio na normativa sobre etiquetaxe do mel.

 

Ler máis

Plan Apícola 2017

16 de marzo de 2017

A orde das axudas do Plan Apícola 2017 será publicada durante este mes de marzo. A Consellería xa nos adiantou o seu contido polo que estamos xa enviando esta información ós nosos socios e socias para ir adiantando os trámites. O importe total da subvención será de 519.320  €, que se repartirá entre as entidades e apicultores/as solicitantes coa seguinte porcentaxe máxima e nesta orde de prioridade:

- Tratamentos contra a varroa (ata o 80%)

- Contrato do veterinario (ata o 90%) e un técnico (ata o 70%)

- Alimento (ata o 50%)

- Cera (ata o 50%)

En función das solicitudes que haxa, pode ser que non cheguen os fondos para cubrir todos estes conceptos. A Consellería comunicará a concesión da axuda e as contías asignadas para cada liña unha vez se presenten todas as solicitudes.

Descargar solicitude Plan Apícola 2017 e enviar antes do 5 de abril.

A continuación explicamos como facer a solicitude.

 
Ler máis

STOP VESPA VELUTINA. Trampeo primaveral

15 de marzo de 2017

Coa chegada temperá da primavera, comezaron a aparecer raíñas de Vespa velutina en moitos lugares de Galicia, polo que aconsellamos comezar xa o trampeo primaveral.

A partires do traballo realizado o ano pasado dentro de AGA pola nosa investigadora Sandra Rojas, acordouse solicitar á Conselleria do Medio Rural trampas Vetopharma cos seus atraentes, para repartir entre os apicultores e apicultoras co obxectivo de capturar vespas nais da especie invasora durante a primavera. Por distintos parámetros analizados no estudio foi a mellor valorada, aínda que con importantes fallos dependendo do lugar onde se instalen.

Os socios e socias que teñan dereito ás trampas que nos entregou a Consellería para o reparto gratuito, que se poñan en contacto con AGA. As DAGAS tamén están facendo este reparto, así como na nosa oficina de Santiago.

O que se recomenda é colocalas preferentemente en zonas periurbanas, que é onde van ter máis tendencia a construir os niños primarios, e sobre todo próximas a plantas con flores de orixe asiático, por exemplo en camelias e noutras plantas onde vexamos as velutinas libar nas flores.

Ler máis

Charlas sobre a Vespa velutina da DAGA Morrazo

O vindeiro sábado 11 de marzo a DAGA Morrazo organiza dúas charlas sobre a Vespa velutina en colaboración cos concellos de Meaño e Pontevedra.

Ás 11 h. será en Meaño no local Social de Dena e ás 18 h. no local da Asociación de Veciños de Campañó de Pontevedra.

A entrada é aberta a tódalas persoas interesadas.

Ler máis

Resume charlas Día do Apicultor 2017

02 de marzo de 2017

O Día do Apicultor celebrado en Arzúa o pasado 11 de febreiro destacou pola numerosa asistencia de público nas charlas de variada temática, que a continuación explicaremos con detalle.

A necesidade de atopar sistemas de protección das colmeas contra o tártago asiático (Vespa velutina) foi o tema central da xornada. AGA anunciou a constitución dun grupo de innovación con socios que están desenvolvendo varias modalidades de arpa eléctrica. As diferentes experiencias con este aparato foron presentadas na xornada e amosaron a súa efectividade na reducción da presión que sufren as abellas durante o verán, cando son atacadas masivamente pola Vespa velutina.

Ler máis

I XORNADA APÍCOLA DAGA BERGANTIÑOS

Local: Forum Carballo
Data e horario: 4 de marzo de 2017, de 10 a 13 h.
Organiza: DAGA Bergantiños

Programa:
- Presentación da colmea termosolar e antivarroa
- Uso do afumador na colmena
- Como usar o Varrojet para eliminar a varroa cun so tratamento
- Como reforzar os nucleos  e as colmenas sin ter que cambialas de sitio
- Que facer ante a picadura dunha abella
- Seguro apicola.
- Cursos de formación 2017.
- Velutina.
- Varios

Ler máis

Curso de apicultura ecolóxica de Abella Lupa

Teoría e práctica (16 horas)
Datas do curso: sábados e domingos, 4 e 5  e 11 e 12 de marzo de 2017
Horario: dende as 10:00 até as 14:00 horas tódolos días
Lugar: Centro Cultural de Paraños (Covelo) Inclúe visita ao Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum
Prezo: 70,00 € (IVE incluído)

>> Ver Programa

Organiza: Abella Lupa SAT
Colabora: Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum

Máis información: info@abellalupa.com

Ler máis

CRÓNICA DÍA DO APICULTOR 2017

AGA constituirá un grupo de innovación que desenvolverá un sistema de protección das colmeas fronte a Vespa velutina

13/02/2017

A necesidade de atopar sistemas de protección das colmeas contra o avespón asiático foi o tema central das charlas do Día do Apicultor 2017, no que AGA anunciou a constitución dun grupo de innovación no que participarán socios de AGA que están desenvolvendo modalidades caseiras da arpa eléctrica. As diferentes experiencias con este aparato foron presentadas nas charlas e amosaron a súa efectividade na reducción da presión que sufren as abellas durante o verán, cando son atacadas masivamente pola Vespa velutina.

Ler máis

I XORNADAS APÍCOLAS DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DA APICULTURA .-PROGRAMA DEFINITIVO

 

Coincidindo co «Certame Xantar» en EXPOURENSE, o 4 e 5 de febreiro desenvólvense as I XORNADAS DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DA APICULTURA, organizadas pola Delegación en Ourense da Asociación Galega de Apicultura-AGA.

Programa 4 e 5 de febreiro 2017 (DEFINITIVO 31 1 17)

Pódese consultar o Programa definitivo en "Leer máis"

Ler máis

CIRCULAR INFORMATIVA 24/01/2017

        

                     

Queremos facervos chegar esta circular para poñer en coñecemento de tod@s as seguintes actividades:

1- DIA DO APICULTOR. PROGRAMA
2- XORNADAS DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DA APICULTURA EN OURENSE
3- SUBVENCIÓN RECENTE DE AGADER
4- CHARLA SOBRE A VELUTINA NO CONCELLO DE PORTAS

 
Para calquera dúbida ou consulta xa sabedes que podedes chamar a Santiago ou Arzúa.

Ler máis

PLAN DE VIXILANCIA E CONTROL DE VESPA VELUTINA

PLAN DE VIXILANCIA E CONTROL DE VESPA VELUTINA (a 03-11-2016)

No seguinte mapa pódese ver a distribución de competencias na retirada de niños de velutina por parte da Administración.

Naqueles concellos que asinaron convenio de colaboración ca FEGAMP (Federación galega de municipios e provincias) a retirada corresponde aos grupos municipais; bombeiros, protección civil... Noutros, encárganse os grupos de xestión supramunicipal (GES), e finalmente hai concellos donde a retirada compete ou ben a Medio Rural ou a Medio Ambiente, donde os niños neste caso son retirados por parte da empresa TRAGSA-TEC.

 

Ler máis

SUBVENCIÓN INDUSTRIAS AGRARIAS

SUBVENCIÓN

SUBVENCIÓN INDUSTRIAS AGRARIAS


ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2017.

LINK AO DOGA:  http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161230/AnuncioG0426-221216-0001_gl.html

OBXETO:
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolve-mento de produtos agrícolas.

É dicir, finánciase a creación, ampliación e modernización de instalaciones destinadas a transformación ou comercialización de productos agrarios. (o mel consideráse un producto agrario).

Ler máis

MAPA DETECCIÓN NIÑOS VELUTINA 2015

MAPA DOS CONCELLOS CON DETECCIÓN DE NIÑOS DE VESPA VELUTINA NO ANO  2015

 

Ler máis

MAPA DETECCIÓN NIÑOS VELUTINA 2016

MAPA DOS CONCELLOS CON DETECCIÓN DE NIÑOS DE VESPA VELUTINA NO ANO  2016

 

Ler máis

FELICITACIÓN DE NADAL

DENDE A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA E A COOPERATIVA ERICA MEL DESEXAMOSVOS UNHAS BOAS E DOCES FESTAS, CARGADAS DE SAÚDE, ALEGRÍA, E MEL.

Ler máis

CHARLA SOBRE A VELUTINA EN BOIRO

 CHARLA SOBRE A ESPECIE INVASORA "VESPA VELUTINA"

O próximo Venres, 23 de Decembro, celebráse unha charla sobre a especie invasora "Vespa Velutina". Impartirase polo veterinario de AGA, Gonzalo Calvo, e tendrá lugar as 18:00h no Centro Social de Boiro.

Organiza: Delegación de apicultores do Barbanza

Máis info:  jose.eiras.santorum@gmail.com

ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA -AGA-

 

 

 

 

Ler máis

SUBVENCIÓN PASTORES ELÉCTRICOS

SUBVENCIÓN PASTORES ELÉCTRICOS

Adxuntamos os modelos de pastores que se axustan as esixencias da Xunta para a subvención.

Ler máis

NOVEDOSA COLMEA "AUTO-FRAME"

NOVEDOSA COLMEA AUTO-FRAME

A marca AUTO FRAME fai unha promoción especial das novidosas colmeas que  permiten cultivar abellas sen equipamento para a extracción de mel.
Esta marca reserva 50 colmeas para socios e socias de AGA  a un precio moi ventaxoso.

Ler máis

XXVII FEIRA DO MEL DO ORTEGAL EN ORTIGUEIRA

 
COMO XA SABEDES O DIA 15 DE NOVEMBRO CELÉBRASE A FEIRA DO MEL DE ORTEGAL.
EXISTEN DOUS POSTOS LIBRES PARA QUEN QUEIRA IR A VENDER O SEU MEL.

OS INTERESADOS PODEN CONTACTAR CON

MANUEL RODRÍGUEZ GÓMEZ                 TELEF: 680.277.031

Ler máis

Charla del apicultor José María Bello en Barro por la velutina

Charla del apicultor José María Bello en Barro por la velutina


El coordinador de la delegación de la Asociación galega de Apicultores de Galicia en O Morrazo -Daga, José María Bello, ofrece este sábado una charla en Barro sobre "Cómo combatir la plaga de la avispa velutina". Será en la sala multiusos del Concello, a las 18.00 horas y está previsto que acudan ediles del Salnés y de O Morrazo para respaldar los buenos resultados y que se adopte el modelo de lucha de esta comarca.


http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2016/11/04/charla-apicultor-jose-maria-bello/1563786.html

Ler máis

MOVILIZACIÓN S.L. MÉRCORES 19 OUTUBRO

Dende AGA comunicamosvos que o próximo MÉRCORES 19 DE OUTUBRO haberá unha serie de movilizacións, en Galicia e máis outras cidades a nivel estatal, para reivindicar un maior control na etiquetaxe do mel. En Santiago será no edificio administrativo dá Xunta (San Caetano) ás 12:00h. Este acto consistirá non rexistro, ante a Consellería do Medio Rural, dás demandas relativas ó intrusismo de meles de fora pola permisividade na etiquetaxe do mesmo.


un saúdo
ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA   -AGA-

Ler máis

REVISTA DA VIII FEIRA NACIONAL APÍCOLA DE CANTABRIA

REVISTA DA VIII FEIRA NACIONAL APÍCOLA DE CANTABRIA

Neste enlace pódese atopar a Revista da VIII Feira Nacional Apícola de Cantabria, na que ven o Programa da mesma (que se desenvolverá ós próximos días 22 y 23 de outubro no mercado nacional de gandos de Torrelavega), o plano de expositores, artígos e publicidade.

 

https://issuu.com/asociacionmontanesaapicultores/docs/revista_2016_final?e=26446612/39324890

Ler máis

CIRCULAR INFORMATIVA AGA 04/10/2016

 

CIRCULAR INFORMATIVA AGA-

4 OUTUBRO 2016-

 

CORRECIÓN DE ERROS:

Infórmase aos socios de AGA da publicación dunha convocatoria dirixida a subvencionar os danos causados ás colmeas polos incendios forestales ocorridos durante o mes de agosto E SETEMBRO de 2016. Abaixo tedes un esquema coa información principal.

Pódese atopar a orde completa no seguinte enlace ao DOGA:http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161003/AnuncioG0426-220916-0002_gl.html

Recordarvos que para calquera consulta estamos na Oficina de Santiago.

un saudo.

Ler máis

“XVI FEIRA DO MEL E DOS PRODUCTOS ECOLÓXICOS” // XORNADAS TÉCNICAS “Vespa velutina e medio ambiente” // TALLERES //

A velutina, un problema medio ambiental que afecta a toda a sociedade

Todos sabemos que a polinización das plantas é vital para a nosa alimentación e para a biodiversidade, pero as abellas, as principais encargadas de dita misión, están padecendo o noso mal facer. Fundamentalmente morren pola agricultura industrial e o uso masivo de plaguicidas tóxicos, a varroa e agora por si non fose pouco a insaciable depredadora Vespa velutina nigritorax.

 
 

A capacidade de emocionarte ante os seres pequenos non te fai débil, te fai mais humano.

 


Todos estamos sufrindo con impotencia e desesperación a voracidade da velutina, e nos chamades alarmados e aflixidos solicitando unha solución que por parte da ciencia non da chegado. Probablemente como se trata dun problema incipiente a gran industria farmacéutica espera se extenda e sexa moito maior para incrementar os seus beneficios.

Vista a situación os abelleiros non podemos quedar impasibles e nos puxemos a probar cebos con larvicidas e varias materias activas para os famosos e extendidos troianos e este verán obtimos unha formulación moi efectiva combinando larvicida e insecticida. Aclaracións:

·           As vespas, como as abellas, practican a trofalaxia polo que un troiano que chegue ao niño, dependendo da cantidade de producto que lle apliquemos, afectará entre 20 e 50 vespas, polo que é obvio que canto antes se aplique a técnica mellores resultados obteremos xa que menor poboación terán os niños.

·           É moito máis eficaz se é unha acción coordinada e conxunta na zona entre varios apicultores que a individual, aínda que sexa constante.    

Este tema xa o hemos divulgamos mediante gran cantidade de sesións prácticas de campo. Non obstante, se alguén necesita información adicional que nos chame.

"XVI FEIRA DO MEL E DOS PRODUCTOS ECOLÓXICOS"

Sábado 8 e domingo 9 de outubro, no "Recinto Ferial do Trece" (Sedes- Narón), e de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

XORNADAS TÉCNICAS "Vespa velutina e medio ambiente"

O pasados días 1 e 2 de setembro desenvolvéronse as "Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina nigritorax" que organizou a Facultade de Ciencias da Un. de Lugo xunto con AGA. Estas xornadas, xunto co traballo desenvolto pola Un. de Vigo, marcan o punto de partida da investigación da velutina en España.

Xa que moitos de vós non participastes estas xornadas que organizamos en Narón pretenden ser unha síntese do tratado aló e das conclusións obtidas.

"Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiro" (Alto do Castiñeiro, Narón).

Venres, día 14 de outubro, 19 horas.- "Presente e futuro da velutina, visión xeral da problemática da velutina en Galicia". Jesús Asorey, biólogo e asesor técnico apícola.

Sábado, día 15 de outubre, 10 horas.- "Sistemas de control da velutina, e o botiquín do apicultor". Rafael Díaz Nieto, técnico apícola e responsable na bisbarra de AGA.

Sábado, día 15 de outubro, 12 horas.- Vías de investigación europeas da velutina.  Xesús Féas, veterinario, químico e investigador da Facultade de Ciencias da Un. de Santiago. O que se esta facendo en Europa e nas universidades galegas.

Estas xornadas están patrocinadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Narón.

 

TALLERES

Unha vez pasadas as actividades indicadas desenrolaremos uns talleres que esperamos sexan do voso interese.

Taller de elaboración de xabóns artesáns cos productos das abellas.Os abelleiros contamos cuns productos dunhas características moi saudables. Participa e fai con nos…    

As persoas interesadas nestes talleres poden informarse chamando ao teléfono 661 378 960.

 
 

Novo local social de AGA cedido polo Concello de Neda.

 

 


ESMELGA.- Estamos no tempo de facer o mel. Aínda que antes un membro do grupo de traballo deixaba as súas instalacións para servizo dos socios, pero ahora lembrade que dende o ano pasado temos local e útiles propios da delegación para servizo dos asociados.

No queremos nin debemos deixar pasar a ocasión sin mostrar noso mais sinceiro agradecemento ao Concello de Neda pola importante cesión que nos fixeron.

 

ESCASEDE  DE  RESERVAS E ALIMENTACIÓN ARTIFICIAL.-Este ano non e de mel. O tempo non axudou nada,  abundante choiva primaveral e posterior sequía no veran provocou a unha colleita máis ben escasa.

 

A tardanza na saida dos enxames, gran maioría en veran, e a aparición da velutina en xulio provocou que todas estas colonias tardías estén desabastecidas de cara a dura invernada.

 

Todos sabemos que o alimento natural das abellas e o mel e o pole, pero a falta de ditos alimentos naturais e para paliar esta situación anormal hai que recurrir al mal menor. Antes que moran de fame ea falta de mel hemos de alimentalas e teremos que recurrir excepcionalmente a os alimentos comerciales e para elo aproveitaremos o pedido de material para pedir bolsas de alimento solido de invierno para completar as reservas.

Lembrade que en nosass latitudes unha colonia media precisa un mínimo de 10-12 kg de mel (3-4 cheos) para invernar.            

Ler máis

A VELUTINA COLONIZA XA UNHA TRINTENA DE CONCELLOS DO INTERIOR DE OURENSE E LUGO

"LA VOZ DE GALICIA"

http://galego.lavozdegalicia.es/m/noticia/galicia/2016/09/19/velutina-coloniza-treintena-de-concellos-interior-ourense-lugo/0003_201609G19P8994.htm

No que vai de ano retiráronse 3.354 niños de avispa asiática en Galicia

A comparación entre o mapa que hai un ano representaba a presenza de velutina en Galicia e o que mostra a súa localización actual é reveladora da velocidade á que esta especie invasora se está expandindo. O 23 de agosto do ano 2015 detectáronse niños de avispa asiática en 111 concellos galegos. O pasado 5 de setembro, só un ano e algúns días despois daquela data, a presenza deste insecto estendeuse xa por 179 municipios galegos. É máis, o territorio afectado podería ser aínda maior pois, si a experiencia de anos anteriores confírmase, será a partir de agora cando, coa caída das follas das árbores, fáganse visibles un bo número de niños que durante o verán pasaron desapercibidos.

A colonización da velutina comezou na Mariña e no Baixo Miño e a partir desas dúas zonas, nas que aínda hoxe continúa tendo unha presenza máis intensa, en pouco máis de tres anos estendeuse por todo o litoral. Esta especie prefire hábitats próximos á costa e tolera mal a altitude, razón pola cal é estraño atopar os seus niños en cotas superiores aos 600 metros. De feito, ata este ano a provincia de Lugo só se viu afectada na súa área litoral, e en Ourense a súa presenza era meramente testemuñal, en dous municipios da súa franxa occidental. Con todo, este ano xa se detectaron asentamentos de velutina nunha trintena de concellos do interior de Lugo e da provincia de Ourense, aproveitando os cursos dos ríos.


   Polo demais, en Pontevedra e A Coruña apenas quedan municipios nos que non se detectou presenza desta avispa. O día 5, data do último mapa feito público pola Consellería do Medio Rural, na provincia de Pontevedra só quedaban libres de velutina os concellos de Agolada , Lalín, Rodeiro, Dozón, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis e Crecente dun total de 62. No entanto, nalgún destes nove detectáronse xa niños o ano pasado, de maneira que non sería estraño que nas próximas semanas esa lista crecese con novos avistamentos. Na Coruña, pola súa banda, de entre os seus 93 municipios non se descubriron colonias de velutina en oito, concretamente os de Fisterra , Dumbría, Mazaricos, Laxe, Vedra, Ribeira, A Pobra e Mañón.

No que vai de ano retiráronse xa, segundo datos da Consellería do Medio Rural, 3.354 niños. Ao longo de todo o 2015 xestionáronse máis de dez mil avisos e retiráronse por parte da Administración autonómica 5.045 niños, aínda que se calculaba que cos que foran eliminados por particulares e polos concellos a cifra tería roldado os 7.000. A finais de agosto, en cambio, retiráronse o ano pasado 2.700 colonias, unha cifra inferior á acumulada este ano.

Os apicultores reclaman investigación e axudas ante a caída na produción de mel

Sobre o terreo, os apicultores constataron que este ano se atrasou o ciclo da velutina, posiblemente polas choivas da primavera. Agora, con todo, están a producirse «ataques masivos», asegura Jesús Asorey, directivo da Asociación Galega de Apicultura.

Moitos apicultores iniciaron xa a cata das súas colmeas, pero os resultados desta campaña non se prevén bos, tanto polo efecto da velutina como pola seca do verán. Así, calculan que por exemplo en Ourense a produción de mel pode ser este ano entre un 30 e un 40 % menor que o pasado. Dado que para o ser humano a avispa asiática non entraña maior risco que a común -a súa picadura só é perigosa en caso de alerxias ou nun ataque múltiple-, un dos maiores prexuízos desta especie é o seu carácter depredador doutros insectos, sobre todo de abellas. Pero non só iso. Asorey explica que «non só as mata, senón que as abellas moitas veces xa non saen e polo tanto as colmeas son improdutivas».


Así as cousas, os apicultores piden axudas económicas para compensar estas perdas. Pero ademais reclaman que se reforce a investigación para dar cun método eficaz que free a expansión deste insecto foráneo. «O ideal sería que houbera unha feromona específica para combatela, pero os laboratorios mentres non sexa rendible non van investigar», din os produtores de mel. Por iso piden que sexan as Administracións as que apoien eses estudos.

 

 

Ler máis

Un vecino de Bueu, evacuado a Montecelo por el ataque de velutinas en la cabeza y una mano

Un vecino de Bueu, evacuado a Montecelo por el ataque de velutinas en la cabeza y una mano


Eduardo Castro desbrozaba una finca en Ardán, donde había un nido escondido en la maleza -"Empecé a marearme, tener frío y temblar" -Estuvo 8 horas en el hospital

"FARO DE VIGO" http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2016/09/20/vecino-bueu-evacuado-montecelo-ataque/1536592.html

Eduardo Castro, de 30 años, se encontraba desbrozando con su tractor una finca de un vecino y amigo suyo en Ardán, en Marín,cuando, de repente, empezó a sufrir el ataque de avispas velutinas de un nido que tocó al limpiar y que estaba escondido entre la maleza. Este vecino de Bueu, albañil de profesión, asegura que él no es alérgico o por lo menos no tenía constancia, al veneno de las avispas, pero en esta ocasión se encontró mal, con frío y temblores, y fue evacuado desde el Centro de Salud de Bueu hasta el Hospital Montecelo.

Ler máis

CIRCULAR INFORMATIVA setembro 2016

1-Xornadas do voluntariado apícola.

Os días 1 e 2 de outubro, AGA convoca as xornadas do voluntariado 2016, que consistirán en arranxar un cortín en Rao (Navia de Suarna-Lugo).

Precisamos que os voluntarios/as vos apuntedes enviado un e-mail a agapicultura@gmail.com

2-Reunión Velutina

Dende AGA facemos un chamamento aos que pensen que poden aportar ideas para que se apunten para participar en xuntanzas co obxetivo de enfrentar a Praga.

3-Consultoría apícola

  A cooperativa Erica Mel e a empresa holandesa Agriterra firmaron un contrato de consultoría para asesorar e establecer un plan de desenvolvemento dunha cooperativa de mel de Etiopía, para o que foi enviada a este País africano  a socia de AGA, Lisette Zewuster.

4- Diplomas

Os interesados en recibir o diploma das Xorndas de Lugo podedes enviar un mail solicitandoo, indicando o nome completo e enderezo para o seu envio. Podedes enviar os datos ao seguinte enderezo: agapicultura@gmail.com

5- XVII xornadas  apícolas do Eume: do 2 ó 8 de outubro

Organizan: AGAeume, Casa do Mel e patrocina Concello de As Pontes

Faranse distintas actividades, obradoiros, charlas, catas do mel, concursos de receitas co mel...

6- Conclusións de  Xornadas Internacionais sobre a V.Velutina en Lugo

  Entre outras, concluise cas ideas de que a investigación sobre esta especie invasora debe continuar. Pero sobre todo, que é necesario que a Administración se faga responsable da problemática, e da imperiosa necesidad de crear unha liña de axudas que permitan paliar as perdas derivadas da mesma.

Ler máis

Circular informativa xullo 2016

12 de xullo de 2016

AGA acaba de enviar os socios e socias unha circular na que informamos sobre diferentes asuntos de actualidade, como por exemplo sobre os tratamentos da varroa, a próxima viaxe que realizaremos ó VIII Congreso Nacional de Apicultura en Granada ou as Xornadas Internacionais sobre a Vespa Velutina. Ademáis tamén lembramos o peche de Erica Mel por vacacións do dia 1 ao 15 de agosto.

Pódese ler a circular neste enlace: Circular informativa xullo 2016

Ler máis

AGA organiza unha viaxe o Congreso de Apicultura en Granada

12 de xullo de 2016

Os días 3,4 e 5 de novembro terá lugar o VIII Congreso Nacional de Apicultura en Granada. Por este motivo AGA organiza unha viaxe apícola que terá por obxecto  asistir a este congreso, polo que se permanecerá os 3 días en Granada. As persoas que queiran asistir deberán comunicalo a AGA  antes do 10 de setembro, se hai poucas inscricións iremos en avión e se hai máis de 30 poderíase ir en autobús. Poñerse en contacto con AGA para máis información.

Na web do congreso pódese consultar toda a información:

http://www.congresoapiculturagranada2016.com

Ler máis

Cursos de formación da DAGA Ferrolterra

21 de xuño de 2016

"Técnicas de apicultura natural sostible"

Curso teórico-práctico de 60 horas de duración, que comeza o 25 de xuño e se realizará entre os meses de xuño e novembro para ver todas as tarefas necesarias no colmear.

"Reprodución apícola básica"

Curso teórico-práctico de 16 h. de duración. Comeza o 26 de xuño e o resto das sesións formativas teorico/prácticas a determinar en función das condicións metereolóxicas.

Para inscripcións ou información: dagaferrol@hotmail.com.

Organizan: Concello de San Sadurniño e Asociación Galega de Apicultura (Delegación Ferrolterra).

Ler máis

A investigación Stop Velutina de AGA permitirá coñecer o mellor sistema para capturar a avespa asiática

13 de xuño de 2016

Na Mostra Galega de Apicultura celebrada en Arzúa o pasado 4 de xuño presentáronse os primeiros resultados do programa Stop Velutina, no que se están probando diferentes métodos de captura de raíñas de avespa asiática para evitar a formación de niños no verán.

Á xornada acudiron centos de apicultores e apicultoras de diferentes lugares de Galicia para informarse dos avances da investigación e tamén para coñecer as últimas novidades en produtos apícolas, como o apiturismo, un dos últimos proxectos que está preparando a Asociación Galega de Apicultura e que poñerá en marcha no vindeiro ano.

Ler máis

Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina Nigrithorax

 

A AVESPA ASIÁTICA: UN DEPREDADOR EXÓTICO EN EUROPA. QUE NOS DEPARA O FUTURO?

Datas: 1 e 2 de setembro

Lugar: Facultade de Ciencias – Lugo

Nº de horas lectivas: 15

Organizado pola Universidade de Santiago co co-financiamento da Deputación de Lugo e da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

Ler máis

XORNADA TÉCNICA CON LOLO ANDRADE EN NARÓN

Data: 19 de xuño de 2016

Lugar: Biblioteca  Pública de Narón

Horario: De 9.30 a 13.30

Charla de Lolo Andrade, experto sobre a Vespa velutina, organizada por DAGA Ferrol.

Trataranse os seguintes temas:

·       Botiquin do abelleiro.

·       Xaulas para protección das abellas.

·      Cebos ecoloxicos larvicidas a base do fungo beauberia bassiana.

·       Petardos, como alternativa ao lume na eliminación dos niños.

Máis información na DAGA Ferrolterra no teléfono 661 378 960 ou email dagaferrol@hotmail.com.

Ler máis

Charla Stop Velutina en Lalín

23 de xuño de 2016 ás 19 h. - Auditorio de Lalín

Charla sobre a Vespa velutina e o programa de AGA Stop Velutina que imparte Xesús Asorey.

Organiza AGA e colabora Concello de Lalín

 

 

Ler máis

Premio do concurso "Produto A Pinga"

6 de xuño de 2016

Na 31ª Mostra Galega de Apicultura presentáronse os produtos do concurso A Pinga, un concurso de produtos orixinais e innovadores elaborados a partir da rica variedade de produtos que nos ofrecen as abellas.

Participaron unha amplia gama de produtos, crema de cera de abella para limpeza de madeira e coiro, vinagre de mel ou gominolas e caramelos de mel son algúns exemplos.

O produto gañador do premio « A Pinga » decidido por unanimidade do xurado foi « Merchandising apícola » presentado por Mª Carmen Puga González de Lalín, que consistía nun orixinal e colorido conxunto de pezas con temática apícola elaboradas artesanalmente a partir de diferentes materiais.

Ver fotos dos produtos e da exposición do concurso

Ler máis

Charla sobre a Vespa velutina en Moeche

17 de xuño de 2016, no Castelo de Moeche ás 19.30 h.

Charla sobre a Vespa velutina a cargo do experto Lolo Andrade.

Patrocina o Concello de Moeche e colabora a Casa do Mel de As Pontes.

Ler máis

Xornada "Loita contra a Vespa velutina" en Ourol

11 de xuño de 2016 no Multiusos de Ourol

A xornada está organizada polo Concello de Ourol en colaboración coa Casa do Mel de As Pontes.

Comezará ás 10 h. cun traballo de campo sobre o proxecto que está desenvolvendo sobre a loita contra a Vespa velutina a Protección Civil de Ourol. Pola tarde, ás 17 h. Lolo Andrade, experto sobre a avespa asiática, ofrecerá unha charla sobre o tema.

 

 

Ler máis

5ª Semana Europea das Abellas e os Polinizadores no Parlamento Europeo

7 de xuño de 2016

O Parlamento Europeo en Bruselas organiza a quinta edición da Semana Europea das Abellas e os Polinizadores, que se celebrará a semana do 13 ó 17 de xuño.

A Semana Europea das Abellas reúne ós representantes das institucións europeas e nacionais, representantes do sector apícola, agricultura, especialistas en sanidade animal, ONG, científicos de todos os campos relacionados coas abellas e a biodiversidade, para intercambiar puntos de vista, debatir sobre os retos actuais e formular recomendacións para dirixirse ós responsables políticos.

Máis información en http://www.beeweek.eu/

Ler máis

A campaña "Libres de Glifosato" de FumigacionsNON implica ó Parlamento Galego

6 de xuño de 2016

A Plataforma Fumigancións NON, da que forma parte AGA, retomou esta primavera a campaña Libres de Glifosato, que ten como obxectivo que as administracións públicas deixen de utilizar este herbicida en espazos públicos dos que son competentes, sustituindoo polo rozado mecánico ou outras alternativas.

Este ano, a campaña retomouse co obxectivo de implicar a todas as administracións dende os diferentes grupos que forman o Parlamento de Galicia, para por un lado abrir un debate parlamentario e chegar a un acordo para deixar de utilizar glifosato en traballos levados a cabo polas diversas administracións públicas galegas  e por outro que se impliquen na consecución do anterior punto facendo chegar aos concellos e ás deputacións nas que gobernan a moción para declararse oficialmente en pleno libres de glifosato.

Ler máis

Os nenos e nenas de Allariz disfrutan do Día das Abellas

27 de maio de 2016

O venres pasado 20 de maio os alumnos e alumnas do CEIP Padre Feijoo de Allariz puideron disfrutar dunha mañán de abellas, abellóns e outros polinizadores que xa están instalados na Casa dos Polinizadores que instalou o Concello de Allariz no Festival Internacional de Xardíns.

Para levar a cabo esta actividade, AGA contou coa colaboración do Concello de Allariz e a indispensable axuda dun gran equipo de voluntarios e voluntarias de AGA que fixeron posible esta celebración,  atendendo a todos estes nenos e nenas que pasaron polos xardíns.

A continuación vos amosamos algunhas imaxes da xornada: Apifotos Día Mundial Abellas Allariz 2016

Ler máis

As abellas: un indicador para comprobar a saúde dos ecosistemas agrícolas

26 de maio de 2016

O pasado 21 de maio, con motivo da visita do Director Xeral da FAO José Graziano da Silva a Eslovenia, a organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura emitiu un comunicado no que insta a adoptar enfoques favorables ós polinizadores.

As abellas aportan unha contribución de valor inestimable á agricultura e son un indicador da saúde do medio ambiente, traballando sen descanso á vez que promoven e reflexan a diversidade biolóxica. "Un mundo sen polinizadores sería un mundo sen diversidade de alimentos, e a longo prazo, sen seguridade alimentaria" asegurou Graziano da Silva.

Ler máis

Participa no concurso de produtos A Pinga e gaña unha colmea sintética ANEL

27 de maio de 2016

Participa no concurso de produtos apícolas A Pinga e gana unha colmea sintética ANEL.

O prazo de presentación remata o 31 de maio. Para inscribirse poñerse en contacto con AGA no email info@apiculturagalega.es ou teléfono 981 589 534. Máis información.

Ler máis

31ª Mostra Galega de Apicultura

Sábado, 4 de xuño en Arzúa

A Vespa velutina é o asunto que máis preocupa ó sector apícola galego, especialmente agora que estamos ás portas do verán e xa está a ameaza enriba das nosas colmeas. O día 4 de xuño en Arzúa faremos un percorrido da man de diferentes persoas expertas para ver como é a situación actual desta praga en Galicia.

Pero como non todo son avespas na apicultura galega, a tarde comezará cunha charla sobre o sistema antirroubo de colmeas Centinela, pola empresa Biopyc e a continuación realizaremos unha proxección de fotografías sobre a historia de AGA e sobre a viaxe por Eslovenia que disfrutaron socios e socias de AGA o ano pasado. A continuación falaremos das posibilidades que ofrece o apiturismo, como un dos novos produtos apícolas, e presentaremos os produtos do concurso A Pinga, no que poden participar os socios e socias de AGA.

Durante todo o día haberá feira de material na que contaremos con Macmel, Apícola Regueira, Angel Romero, Apícola Carballal e Jesús Vizcaya, ademais do material da cooperativa Erica Mel.

Ler máis

O Día Mundial das Abellas une ó mundo

20 de maio de 2016

O mundo apícola celebra hoxe o Día Mundial das Abellas con celebracións e reivindacións sobre a importancia das abellas en diferentes lugares de España e do mundo.

A iniciativa de Eslovenia de convertir o seu Día da Abella, 20 de maio, no Día Mundial das Abellas está tendo seguimento e apoio por parte de moitas organizacións apícolas durante o día de hoxe.

Ler máis

Día Mundial das Abellas en Allariz

20 de maio de 2016 en Allariz

A Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Allariz celebran o 20 de maio o Día Mundial da Abella cunha gran xornada sobre os polinizadores.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz acollerá esta gran xornada de divulgación sobre a importancia das abellas e dos polinizadores, pola que pasarán 300 nenos e nenas durante a mañán e pola tarde participará o público visitante dos xardíns, que poderán contemplar unha gran casa de polinizadores, colmeas de abellas e abellóns  e participar en interesantes obradoiros.

Ler máis

Circular informativa maio 2016

12 de maio de 2016

Contidos:

- 31ª Mostra Galega de Apicultura

- Plan Apícola e Tratamentos Varroa 2016

- Concurso de Produtos Apícolas "A Pinga"

Descargar carta

Ler máis

Concurso de Produtos Apícolas "A Pinga"

4 de maio de 2016

O concurso de produtos A Pinga é un concurso de productos apícolas organizado por AGA Asociación Galega de Apicultura.

Os obxectivos deste concurso son fomentar a innovación e a cultura apícola, amosando os usos e beneficios que proporcionan os variados produtos apícolas; estimular o interese pola innovación apícola, a diversificación e calidade da imaxe dos produtos, dar a coñecer á comunidade apícola os valores da innovación.

O prazo de presentación remata o día 31 de maio e os produtos presentaranse na Mostra Galega de Apicultura o 4 de xuño en Arzúa. O mellor produto "A Pinga" recibirá un premio que consiste nunha colmea sintética Anel.

Para participar, poñerse en contacto con AGA no tel. 981 589 534 ou por email info@apiculturagalega.es.

Ler máis

Preparando a 31ª Mostra Galega de Apicultura

4 de maio de 2016

O día 4 de xuño celebraremos en Arzúa a 31ª Mostra Galega de Apicultura. Neste momento estamos rematando de confirmar o programa, que publicaremos en breve e enviaremos a convocatoria ós socios e socias.

Xa imos adiantando que falaremos sobre a Vespa velutina, da man diferentes persoas que están investigando a súa evolución, para ver como é a situación actual desta praga en Galicia. E como non todo son avespas na apicultura galega, tamén trataremos outros temas interesantes, como a innovación nos produtos apícolas.

Durante a xornada presentaranse tamén os produtos do concurso "A Pinga", no que poden participar socios e socias de AGA. O prazo de inscrición remata o 31 de maio. Máis información.

Ler máis

Día Mundial das Abellas e Primeras Xornadas Apícolas no Val Miñor

20 e 21 de maio no Auditorio Lois Tobío. Urbanización Miñor - Gondomar, Pontevedra.

Organiza: Concello de Gondomar e DAGA Rías Baixas

Colabora: Universidade de Vigo

Ler máis

O programa Stop Velutina de AGA está en marcha

26 de abril de 2016

O programa Stop Velutina de AGA está en marcha. Co retraso no comezo da primavera tamén se retrasou a saída das raíñas da Vespa velutina e polo tanto nalgúns lugares de Galicia, especialmente en zonas máis altas no interior e no norte, comezaron a aparecen exemplares nas trampas fai poucos días. Na costa en cambio xa levan atrapadas un bo número dende fai varias semanas, xa que o clima máis cálido adiantou a súa saída respecto a outras zonas.

Na imaxe pódese ver un exemplar de niño primario localizado no interior dunha colmea no Concello de Oleiros o día 6 de abril.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No programa de trampeo masivo Stop Velutina están agora mesmo participando aproximadamente 350 apicultores e apicultoras de toda Galicia. Os participantes colocaron as trampas cos seus respectivos atraíntes e están enviando os datos da recollida nas trampas á coordinadora do programa Stop Velutina, Sandra Rojas da Universidade de Vigo, que xa está comezando a manexar datos para a súa posterior análise cando remate a campaña da primavera.  

Ler máis

Día da Abella en Allariz

26 de abril de 2016

AGA e a Delegación de Ourense celebrarán o Día Mundial da Abella o 20 de maio en Allariz. Esta data foi declarada por Apimondia, Federación Internacional de Asociacións de Apicultura, a iniciativa da Asociación de Apicultura de Eslovenia e celebrarase ó mesmo tempo en diferentes lugares do mundo, co obxectivo de divulgar sobre a importancia das abellas e os beneficios que nos aportan.

O evento terá lugar no entorno do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que este ano se titula “Os xardíns do futuro”. Será unha xornada de divulgación apícola dirixida ó público visitante dos xardíns e o alumnado do colexio de Allariz, na que se poderá observar a presencia de abellas e abellóns polos xardíns e participar en obradoiros de elaboración de casas de polinizadores, candeas de cera, trampas caseiras para capturar velutinas e degustación de meles.

Para a súa realización AGA conta coa colaboración do Concello de Allariz e dun equipo de voluntarios formado por socios e socias da DAGA Ourense. Se alguén da zona está interesada en colaborar na celebración deste día, pode poñerse en contacto con nós.

Ler máis

I Xornadas Apícolas da DAGA Rías Baixas

26 de abril de 2016

Os días 20 e 21 de maio a DAGA Rías Baixas organiza as súas I Xornadas Apícolas co motivo do Día Mundial da Abella, que se celebra o 20 de maio, no Auditorio Lois Tobío do Concello de Gondomar.

As xornadas inclúen unha exposición de debuxo na que participarán os colexios de Gondomar e unhas charlas técnicas o día 21 de maio, sobre apicultura e a Vespa velutina. Participarán entre outros o veterinario de AGA Gonzalo Calvo, a coordinadora do programa Stop Velutina de AGA Sandra Rojas e un técnico da Universidade de Vigo.

En breve publicaremos o programa detallado das charlas.

Ler máis

Interesantes contidos no Congreso Nacional de Apicultura de Granada

26 de abril de 2016

 

 

 

A organización do VIII Congreso Nacional de Apicultura continúa a bo ritmo de cara á súa celebración os días 3, 4 e 5 de novembro en Granada. Na web do congreso pódese consultar toda a información:

http://www.congresoapiculturagranada2016.com

Dende a Asociación Provincial de Apicultores de Granada, Denominación de Orixe Mel de Granada e a Asociación para o Fomento dos Congresos Apícolas, organizadores do congreso, comunicaron que xa van máis dun centenar de comunicacións orais de científicos e técnicos de España, Francia, Portugal, Italia,Túnez, Marrocos e Arabia Saudí.

Ler máis

Programa de sensibilización sobre a Vespa Velutina en Narón

25 de abril de 2016

O Concello de Narón en colaboración coa Delegación de AGA Ferrolterra pon en marcha a campaña primaveral STOP VESPA VELUTINA polas parroquias do rural de Narón:

Martes, 26 de abril, as 19 horas - PEDROSO.- Local Asoc. Cultural A Pombiña.
Mércores, 27 de abril as 20 horas - SEDES.- Local da AVV Rosa dos Ventos.

A campaña extenderase por todas as parroquias do rural. Para máis información contactar con DAGA Ferrolterra. Se algunha asociación do casco urbano quere organizar esta actividade non ten mais que poñerse en contacto co concello, a través do correo omix@naron.es ou ben con DAGA Ferrolterra, por email a dagaferrol@hotmail.com ou tel. 661 378 960.

Ler máis

O Parlamento Europeo autoriza con restriccións o uso do glifosato

22 de abril de 2016

O pasado 14 de abril tivo lugar no Parlamento Europeo (PE) a votación da proposta da Comisión de Medio Ambiente de paralizar a reautorización do uso do herbicida glifosato por outros 15 anos sen restriccións. Un total de 144 entidades en España apoiaron esta proposta de prohibir o uso do herbicida a través dunha campaña lanzada por Greenpeace, na que se asinou unha carta dirixida ó Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Ver carta.

Finalmente aprobouse unha autorización por 7 anos só para usos profesionais e a prohibición en parques públicos. Pero esta resolución aprobada no Europarlamento non é vinculante, é só unha recomendación para a Comisión, aínda que xa é un sinal importante.

Quedan todavía algunhas medidas que valorar, como solicitar unha avaliación independente dos efectos deste herbicida, e haberá unha nova votación sobre o18 de maio na reunión de expertos nacionais (Comité Permanente). Así que queda todavía camiño por andar. AGA forma parte desta campaña, polo que animamos a quen forme parte doutras entidades a asinar a carta da campaña. Aquí o formulario de Greenpeace para adherirse: http://goo.gl/forms/DBjFSQ1sb3

Ler máis

Charla sobre a Vespa Velutina en Coristanco

Data e hora: 22 de abril ás 20.30 h
Lugar: Casa da Cultura de Coristanco
Organiza: DAGA Bergantiños e Concello de Coristanco

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

Entregado o premio do concurso "Eu son a pinga no facebook de AGA"

19 de abril de 2016

O pasado 9 de abril celebrouse o sorteo do concurso "Eu son a pinga no facebook de AGA" e o gañador foi Antonio Sande de Ribeira, que xa recolleu a súa completa cesta de produtos apícolas.

Parabéns para o gañador!

 

 

Ler máis

Curso de apicultura ecolóxica de Abella Lupa

Abella Lupa. Abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural.

Datas: 16, 17, 23 e 24 de abril
Horarios: dende as 10:00 até as 14:00 horas
Lugar: Centro Cultural de Paraños (Covelo)
Ver Programa

Prezo: 70,00 € (IVE incluído)
O curso inclúe a visita ao Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum.

Organiza: Abella Lupa SAT
Colabora: Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum

Matriculación, formulario
Máis información: www.abellalupa.com

Ler máis

Charla Stop Velutina no Rosal

Data: 16 de abril de 2016

Hora: Ás 20 h.

Lugar: Sala de exposicións do Rosal

Organiza DAGA Rías Baixas e Concello do Rosal.

No sur de Pontevedra e especialmente na costa, hai unha elevada presencia da avespa asiática, o cal supón unha ameaza para as abellas e a apicultura. Por iso, é necesario coñecer ben á Vespa velutina e a Delegación de AGA Rías Baixas organiza esta charla,  na que o delegado de AGA José Ramón Suárez explicará o comportamento deste avespón, como reducir o seu impacto nas abellas e no ecosistema e dará ademais información do programa de loita contra a avespa asiática « Stop Velutina » que leva a cabo a asociación durante este ano. A entrada é de balde.

Haberá trampas e atraíntes á venta para capturar as raíñas fundadoras que saen agora na primavera.

Ler máis

CONVOCATORIA ASEMBLEA DAGA OURENSE E CHARLA STOP VELUTINA

Sábado 9 de abril, ás 18.30 h. na Casa da Cultura de Allariz

A delegación de AGA Ourense convoca ós socios e socias á asamblea da DAGA e a unha charla sobre a Vespa velutina, que se celebrará o vindeiro 9 de abril a partir das 18.30 h. na Casa da Cultura de Allariz.

Ler máis

STOP VELUTINA: Visceras e neuronas

1 de abril de 2016

Por Xesús Asorey

O resultado final da loita contra a vespa velutina parece que será  a convivencia da especie das avespas de  patas amarelas con nosoutros e as nosas abellas. Na primeira fase de colonización utilizouse a forza bruta para tratar de controlala, tratando de avistar e destruir niños: Tragsa, abelleiros, concellos, bombeiros, GES, etc. Dun xeito desorganizado e pouco reflexivo tratamos de gañar esta batalla pero non o conseguimos. Agora toca usar a intelixencia e ir abandoando a forza bruta. As experiencias, as observacións e a incipiente investigación terán que guiar esta segunda fase.

Ler máis

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DAGAS

31 de marzo de 2016 

As delegacións de AGA teñen un completo programa de actividades para esta primavera. A DAGA Ourense celebra a asemblea da delegación o 9 de abril en Allariz cunha charla sobre a Vespa velutina e no mes de maio un curso de iniciación. DAGA Rías Baixas, ademais de organizar un curso de iniciación en abril, celebrará o Día Mundial da Abella o 20 de maio e unha xornada apícola o 21 de maio en Gondomar. E as DAGAs de Bergantiños, Morrazo, Ferrolterra e Eume organizan varios cursos de formación nas súas comarcas.

Ler máis

O patrimonio cereiro e os meles de Galicia na Festa do Millo Corvo, 2 de abril en Bueu

31 de marzo de 2016

A apicultura estará presente na celebración da Festa do Millo Corvo que terá lugar este fin de semana en Meiro - Bueu.

Damián e Diego Copena, da Universidade de Vigo e promotores do proxecto de divulgación do Lagar de Cera de Paraños (Covelo) darán unha charla sobre o valioso patrimonio apícola cereiro de Galicia.

A Delegación de AGA no Morrazo explicará como é a apicultura en Galicia e fará unha degustación de meles. Ademais, ofrecerán información sobre a invasión da Vespa velutina e terán a venta trampas e atraíntes para a captura de raíñas fundadoras de avespa asiática.

Ler máis

Carta ó governo para evitar a utilización do Glifosato na UE

31 de marzo de 2016

Greenpeace e outros colectivos están promovendo unha iniciativa para evitar que a Unión Europea aprobe a autorización do uso do Glifosato, un herbicida demostrado altamente tóxico para a saúde. Esta iniciativa consiste en enviar unha carta aberta á Ministra Tejerina e ó Ministro Alonso (ver carta), e para que teña a maior visibilidade posible estase pedindo o apoio do maior número de entidades. Dende AGA acabamos de asinar o noso apoio á iniciativa.

A continuación publicamos a  información recibida por Greenpeace.
Ler máis

Nota de prensa da Xunta de Galicia: A Xunta e a Fegamp colaborarán na loita contra a vespa velutina

28 de marzo de 2016

Nota de prensa recollida da web da Xunta de Galicia:

A Xunta e a Fegamp colaborarán na loita contra a vespa velutina a través dun Plan de coordinación cos concellos

Preténdese coñecer que municipios están dispostos a actuar na retirada e neutralización de niños para coordinar os recursos. Trátase de incrementar a colaboración cos diferentes axentes implicados para dar unha resposta rápida e efectiva a esta cuestión. No ano 2015 retiráronse ou inactiváronse por parte da Administración galega ata 5.640 niños en 170 concellos.

Ver nota de prensa na web da Xunta de Galicia e a continuación a nota de prensa completa.

 

Ler máis

Programa de formación AGA 2016

21 de marzo de 2016

AGA organiza para esta primavera un programa de formación que inclúe : 14 cursos de iniciación gratuitos para socios/as; 3 cursos de especialización sobre reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica, só para socios/as e de pago ; un curso de iniciación á reprodución do apiario e un curso de cosmética apícola. 

Máis información na sección de cursos de AGA

O programa inclúe ademais a celebración das seguintes xornadas, das que se informará en próximos correos apícolas :

- Día da Abella, 20 de maio en Allariz
- 31ª Mostra Galega de Apicultura, 4 de xuño en Arzúa
- Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina, 1 e 2 setembro en Lugo. 

As DAGAS tamén teñen un programa de actividades para esta primavera que inclúe varios cursos, de iniciación e especialización, así como Xornadas Técnicas e outras actividades. Ver información

Ler máis

Semana das Abellas en Ferrol

Do 29 de marzo ó 6 de abril

A Delegación de AGA Ferrolterra organiza a "Semana das Abellas de Ferrol" dende o 29 de marzo ó 6 de abril, no Centro Cultural Carvalho Calero, co seguinte programa de actividades:

Exposición educativa ambiental sobre as abellas e a súa importancia medioambiental.

Do martes 29 de marzo ao venres 1 de abril. Atención ao público en xeral, en horario de tarde.

Programa "AS ABELLAS NA ESCOLA"

A exposición en horario de maña  desenvolverá un programa específico para os nenos e nenas dos centros educativos de Ferrol.

Xornadas Técnicas

Venres, 1 de abril, ás 19 horas.- Abellas e biodeversidade. Pasado, presente e futuro da apicultura galega. Relator.- Rafael Díaz Nieto. Técnico apícola. 

Sábado, 2 de abril, ás 11 horas.- "Flora de interese apícola". Relatora.- Sra. Mª Seijo Coello. Dra. En Bioloxía na Facultade de Ciencias de Ourense. 

Mércores, 6 de abril, ás 19 horas.- "Características dos propóleos das abellas e beneficios na saúde humana". Relatora.- Sta. Deyanira Valdés Rábago. Dra. en Medicina pola Facultade de Ciencias Médicas da Habana.

Máis información:

Tel. 661 378 960 ou email dagaferrol@hotmail.com

Ler máis

Charla Stop Velutina en Rianxo e constitución DAGA Barbanza

Data: 18 de marzo

Hora: Ás 19.30

Lugar: Escolas Vellas de Asados - Rianxo

Organiza Asociación Galega de Apicultura e Concello de Rianxo

Charla sobre a Vespa velutina que impartirá Xesús Asorey, na que explicará tamén en que consiste o programa de loita contra a avespa asiática titulado Stop Velutina, no que poden participar socios e socias de AGA.

Teremos á venta trampas e atraíntes para capturar as raíñas fundadoras do programa Stop Velutina de AGA.

A continuación terá lugar unha reunión para constituir a DAGA Barbanza. Convidamos a tódolos socios e socias da comarca interesados en formar parte desta delegación a asistir.

 

Ler máis

Axudas agroambientais para apicultura PAC 2016

11 de marzo de 2016

Para a apicultura hai unha liña de axudas na PAC 2016. Saiu publicado no DOG o 1 de febreiro e xa está aberto o prazo para facer as solicitudes ata o 30 de abril.

Quen pode solicitalas?

Apicultores/as en ecolóxico  ou en convencional de municipios de  zonas de montaña (ver listado ó final deste artigo) que teñan un mínimo de 100 colmeas distribuídas polo menos en dous apiarios, que teñan unha distancia mínima entre eles de 1 Km.

Compromisos

Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante cinco anos.
Os apiarios deberán estar afastados entre si polo menos un quilómetro.
Hai que ter unha entidade de aconsellamento, que pode ser onde se solicite a axuda.
Ser agricultor/a activo/a.

Importe da subvención

Para apicultores/as de zonas de montaña será de 12 € en convencional, para explotacións en conversión a ecolóxico será de 35 € por colmea e se son en ecolóxico 30 €. Como máximo de cada colmear poderase cobrar a axuda para 80 colmeas.

Onde solicitar as axudas

Nas entidades de aconsellamento. Na web da Consellería do Medio Rural, buscar a relación de entidades de aconsellamento. Entre estas entidades, están os sindicatos agrarios, onde podedes dirixirvos para solicitar información.

Ler máis

Abelleiros e abelleiras de AGA viaxan ó Parlamento Europeo para defender as abellas

11 de marzo de 2016

Abelleiros e abelleiras do norte de España reclaman no Parlamento Europeo protección para as abellas fronte a Vespa velutina e os pesticidas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha delegación de 60 abelleiros e abelleiras de diversas asociacións apícolas integradas na CODACC, entre as que estaban 17 socios e socias de AGA, participaron nunha xornada no Parlamento Europeo o pasado 3 de marzo en Bruselas. 

Na xornada, titulada "AFRONTANDO RETOS PARA LA SUPERVIVENCIA DE LAS ABEJAS EN EUROPA" e organizada polo Grupo de Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), membros da CODACC, Confedereación pola Defensa da Abella na Cornisa Cantábrica, expuxeron as súas reivindacións sobre o problema da Vespa velutina, o impacto dos pesticidas neonicotinoides e as políticas de preservación das abellas en Europa.

Ler máis

Xornada no Parlamento Europeo: Como preservar as abellas en Europa

1 de marzo de 2016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Baixo este título celebrarase o próximo 3 de marzo de 2016 unha xornada de traballo no Parlamento Europeo na que se abordará o problema de Vespa velutina, o impacto dos neonicotinoides e as políticas de preservación das abellas en Europa.

O encontro solicitado pola Confederación en Defensa da Abella na Cornisa Cantábrica (CODACC) foi organizado polo Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e a el acudirá unha delegación das agrupacións que forman parte desta Confederación, entre as que está AGA que participará cun grupo de 21 socios e socias. 

Ler máis

Reparto de material Stop Velutina nas DAGAs

1 de marzo de 2016

O 20 de febreiro en Arzúa comezou o programa de AGA Stop Velutina, que consiste na captura masiva de raíñas fundadoras na primavera e a investigación de novos e mellores métodos de prevención e eliminación da avespa asiática.

Xa se repartiron trampas e atraíntes para preto de 200 apicultores e prevemos que poidan participar uns 500, polo que continuaremos co reparto do material a través das Delegacións de AGA. Para iso ós socios e socias que queiran participar terán que facer un pedido a través dunha DAGA.

Pinchando en Ler Máis explicamos como participar.

Ler máis

Comeza o programa Stop Velutina de AGA no Día do Apicultor

29 de febreiro de 2016

O pasado 20 de febreiro no Día do Apicultor comezou o programa Stop Velutina de AGA, co reparto de 3.000 trampas e a previsión de capturar 30.000 raíñas da avespa asiática durante esta primavera.

 

 

 

 

 

 

AGA levará a cabo este programa con 52.000 € de fondos propios e coa Universidade de Vigo coordinando a parte científica. Os obxectivos principais son frear o avance da praga coa colocación de 3.000 trampas e investigar a eficiencia dos diferentes sistemas de trampeo e protección das colmeas para despois utilizar no marco dun programa de control integral da praga.

A continuación un resumo do que foi a xornada do pasado 20 de febreiro en Arzúa. 

Ler máis

Charlas sobre a Vespa velutina en San Sadurniño

29 de febreiro de 2016

O Concello de San Sadurniño xunto coa DAGA Ferrol e a Casa do Mel teñen programadas unha serie de charlas-obradoiros que terán lugar dende o 29 de febreiro ata o 9 de marzo en diferentes lugares do concello. A participación é aberta a calquera persoa interesada.

 

 

Ler máis

Sorteo dunha gran cesta no concurso "Eu son a Pinga no Facebook de AGA"

26 de febreiro de 2016

O concurso "Eu son a Pinga no Facebook de AGA" avanza moi animado coa participación de moitas persoas, socias e amigas de AGA, que enviaron unha simpática foto que publicamos no facebook de AGA.

Os participantes terán a opción de gañar esta estupenda cesta de produtos apícolas. O prazo para enviar as fotos remata o día 15 de marzo. Anímate a participar e envíanos a túa foto a info@apiculturagalega.es indicando o teu nome e teléfono de contacto.

 

 

Ler máis

Charla Stop Velutina en Pontevedra

Data: 11 de marzo

Hora: Ás 20 h.

Lugar: Casa da Cultura de Campañó - Cabaleiro (Pontevedra)

Organiza AGA e Concello de Pontevedra

Xesús Asorey impartirá esta charla sobre a Vespa Velutina na que explicará tamén en que consiste o programa de loita contra a avespa asiática titulado Stop Velutina, no que poden participar socios e socias.

Ler máis

Programa do Día do Apicultor 2016

16 de febreiro de 2016

O día 20 de febreiro en Arzúa teremos un Día do Apicultor adicado á Vespa velutina e a saúde das abellas.

Pola mañá, no local da Asociación de Veciños de Santa María, AGA vai presentar o programa de investigación Stop Velutina e a continuación sucederanse as palestras de laboratorios e apicultores/as que teñan algún método ou experiencia sobre o control da Vespa velutina.

Pola tarde, os laboratorios farán unha presentación dos produtos para o tratamento da varroa e farase unha explicación dun novidoso servizo que ofrece o laboratorio Biopyc sobre limpeza de residuos da cera.

Ler máis

AGA pon en marcha un programa de control da Vespa Velutina con 52.000 € de recursos propios

16 de febreiro de 2016

Ante o avance extraordinario da Vespa velutina, AGA, Asociación Galega de Apicultura, pon en marcha un programa para o  control desta especie invasora que será presentando no Día do Apicultor en Arzúa o sábado 20 de febreiro.

Convidamos a todas as persoas interesadas a asistir á xuntanza para recibir información. 

O programa consistirá por un lado en levar a cabo unha captura masiva de raíñas durante a primavera e por outro realizar un programa de investigación para desenvolver mellores e máis eficaces métodos de prevención e eliminación da avespa asiática. A continuación explicamos en detalle.

Ler máis

Participación de AGA na Feira de Xantar 2016

15 de febreiro de 2016

AGA participou en Xantar, o 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Ourense dende os días 3 ata o 7 de febreiro, cun estupendo posto de información e venda de produtos elaborado e atendido polo persoal da Delegación de AGA en Ourense. 

A continuación algunhas fotos do evento e máis información no facebook de AGA.

Ler máis

Curso de apicultura organizado por APEGA

ABC da Apicultura+Natural e Ecolóxica. A saúde das abellas nas túas mans

Organizado por APEGA e impartido por Xosé Manuel Durán Orús

Neste curso verás as abellas con outros ollos e aprenderás a cultivalas dun xeito moito máis natural para que sexan elas mesmas as que se vallan por si mesmas.

Máis información: http://www.apega.es/gl/11-general/13-abc-da-apicultura-natural-e-ecoloxica

Ler máis

Axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas

12 de febreiro de 2016

ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 247 (29/12/2015).

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de marzo 2016.

Ler máis

Nova Delegación de AGA no Morrazo

10 de febreiro de 2016

O pasado 29 de xaneiro constituise en Moaña a Delegación de AGA no Morrazo.

Os socios e socias interesados en formar parte desta nova delegación poden poñerse en contacto co delegado José María Bello no email dagamorrazo@hotmail.com.

Ler máis

DÍA DO APICULTOR - STOP VELUTINA 2016

Día 20 de febreiro de 2016 en Arzúa

Ante o avance extraordinario da Vespa velutina  e ante a falta dunha actuación decidida de certos poderes públicos que terían o deber de poñerse ao frente da loita polo control desta especie invasora, sen avances certos nas investigacións e sen unha coordinación necesaria, AGA tomou a decisión de enfrentarnos directamente a predación da avespa asiática, Vespa velutina, escomenzando con medios propios e contando con tódolos asociados e asociadas.

Pola mañá, AGA vai presentar o programa de investigación Stop Velutina e a continuación sucederanse as palestras sobre a loita contra esta praga. Pola tarde, continuarán as palestras e despois os laboratorios farán unha presentación dos produtos para o tratamento da varroa. Durante todo o día poderanse adquirir  materiais apícolas en Erica Mel e o persoal de AGA atenderá no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel.

Descargar circular Día do Apicultor - Stop Velutina

Ler máis

Charla Stop Velutina en Moaña e constitución DAGA Morrazo

Venres, 29 de xaneiro ás 19 h. no Salón de Plenos do Concello de Moaña. 

Falaremos sobre a vida e comportamento da Vespa Velutina Nigrotorax, cales son os efectos desta praga e os colectivos máis afectados, a elaboración e colocación de  trampas de cara á campaña de prevención da primavera e os sistemas actuais de eliminación de niños.

Está organizada por AGA, en colaboración co concello de Moaña, e será impartida por Xesús Asorey. A entrada é aberta a tódalas persoas interesadas.

Ó rematar a charla farase a constitución da Delegación de AGA no Morrazo.  Convidamos a asistir a esta xuntanza aos socios e socias da comarca interesados en formar parte desta delegación.

Ler máis

¿Que pasaría se non houbera abellas?

22 de xaneiro de 2016

Artigo de Luis Ferreirim, responsable da campaña Salvar as Abellas de Greenpeace, publicado na web de Greenpeace o 12 de xaneiro de 2016. Trata sobre as consecuencias dunha das preguntas máis utilizadas en relación ó problema da desaparición das abellas: ¿Que pasaría se non houbera abellas?

Dende AGA recomendamos a súa lectura, que nos parece moi educativa e necesaria para entender con claridade o problema medioambiental ó que nos enfrentamos.

A continuación o texto completo.

Ler máis

Xesús Asorey, Premio Osíxeno 2015 de ADEGA

20 de xaneiro de 2016

ADEGA escolle a Xesús Asorey Martínez, secretario-técnico de AGA, como Premio Osíxeno 2015, pola súa loita incansábel por divulgar e manter viva esta actividade tradicional, especialmente nos últimos tempos cos problemas dos pesticidas e a vespa velutina.

Esta 15ª edición dos tradicionais premios cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental na Galiza, coincide tamén coas celebracións dos 40 anos da organización, consituida en 1975 e legalizada en 1976.


 

Ler máis

Reserva de material apícola sintético

21 de decembro de 2015

A cooperativa Erica Mel vai facer próximamente un pedido de material apícola da empresa ANEL de Grecia.

Ofrecemos ás persoas interesadas a posibilidade de reservar  material para recoller en febreiro no Día do Apicultor en Arzúa. O obxectivo desta reserva é para ter unha previsión o máis exacta posible do material que necesitaremos, xa que a distancia e o gasto do transporte limitan as posibilidades de facer varios pedidos ó longo do ano. Deste xeito aforraremos en gastos e os socios e socias que fagan a reserva asegurarán o material que soliciten. 

Ler máis

Boas festas de Nadal e feliz ano 2016

Ler máis

Campaña promocional "A pinga de mel"

16 de decembro de 2015

Comezamos unha campaña titulada "A pinga de mel" que ten como obxectivos:

•       Facer difusión dos produtos apícolas
•       Divulgar sobre a importancia das abellas
•       Visibilizar o facebook e a web de AGA
•       Promover a participación dos socios e socias
•       Implicar a outros colectivos (consumidores, bibliotecas, escolas…)

Utilizaremos os materiais que preparamos e distribuimos durante este ano coa imaxe da Pinga: camisetas, delantais e pegatinas, e incluirá unha serie de eventos dirixidos a diferentes públicos, dos que iremos informando ó longo do ano.

A primeira das actividades será "Eu son a pinga" no facebook de AGA

Consiste en enviar unha foto orixinal coa camiseta ou o delantal "Eu son a pinga" que será publicada no noso facebook. Pode ser individual ou en grupo, con persoaxes divertidas, en lugares especiais… De entre tódolos participantes faremos un sorteo aberto ó público dunha cesta de produtos apícolas.

Ler máis

Conferencia "Avespas asiáticas, chegaron para quedar?"

Data: 17 de decembro, ás 19 horas
Lugar: Domus. R/ Ángel Rebollo 91. A Coruña

A Domus acolle o próximo xoves, 17 de decembro, a conferencia "Avespas asiáticas ¿Chegaron para quedarse?". Durante a charla estará exposto un niño de avespa para que os asistentes poidan coñecer de preto tanto a aparencia exterior como a organización interna.

A charla correrá a cargo de Jesse Barandika, doutor en Veterinaria e técnico investigador no Instituto Vasco de Desarrollo e Investigación Agraria, que falará sobre esta avispa de gran tamaño que se converteu nunha especie invasora, desprazando a outras avispas autóctonas e alterando a actividade humana no medio rural.

Entrada libre ata completar espazo

Ler máis

Correo Apícola Inverno 2015

11 de decembro de 2015

Acabamos de publicar o Correo Apícola Inverno 2015, que lle chegará ós socios e socias de AGA nos próximos días.

Nel falamos de Vespa Velutina, como foi a colleita de mel do 2015, o Plan Apícola que acaba de saír recentemente,  a loita pola prohibición dos pesticidas, novos proxectos de AGA como o apiturismo e campañas de promoción dos produtos apícolas. 

Descargar correo apícola

Ler máis

Peche polo Nadal de AGA e Erica Mel

10 de decembro de 2015

Con motivo das vacacións do persoal, Erica Mel e AGA permanecerán pechadas ó público do día 31 de decembro de 2015 ata o 10 de xaneiro de 2016. 

Pregamos que os socios e socias que queiran facer pedidos ou realizar xestións se poñan en contacto con nós antes do 24 de decembro para ter tempo de atender os pedidos.

Ler máis

Plan Apícola 2016

9 de decembro de 2015

A orde das axudas do Plan Apícola 2016 foi publicada o día 3 de decembro de 2015 no DOGA. AGA tramitará como tódolos anos a solicitude da subvención a nome dos asociados.

Para recibir estas axudas hai que actualizar o caderno apícola na oficina agraria, facer as fotocopias das páxinas 1, 4, 5 e 9 e envialas a AGA  xunto coa solicitude (que se pode descargar aquí) antes do 15 de xaneiro de 2016.

A continuación explicamos con detalle os pasos a seguir e os requisitos para acceder a estas axudas.

 

Ler máis

Publicación no DOGA do Plan Apícola 2016

4 de decembro de 2015

A orde das axudas do Plan Apícola 2016 foi publicada o día 3 de decembro de 2015 no DOGA, pódese descargar aquí. O importe total da subvención é de 445.896 €.

Este importe repartirase entre as entidades e apicultores solicitantes nesta orde de prioridade:

- Tratamentos contra a varroa 

- Contrato do veterinario e un técnico para asistencia técnica aos apicultores/as

- Alimento, cera e fondos 

- Seguros apícolas

- Transhumancia

Polo tanto, en función das solicitudes que haxa, pode ser que non cheguen os fondos para cubrir todos estes conceptos. A Consellería comunicará a concesión da axuda e as contías asignadas para cada liña unha vez se presenten todas as solicitudes.

Información sobre como solicitar as axudas a través de AGA.

Ler máis

A vespa velutina, unha das sete pragas en "Comando Actualidad" de TVE

3 de decembro de 2015

"As sete pragas" programa emitido por Comando Actualidad en TVE fala sobre a vespa velutina en Galicia.

Invaden casas, barrios, pobos enteiros. Ratas, palomas, cigüeñas, avespas asiáticas ou piollos son algunhas das especies que se convertiron nun quebradeiro de cabeza, fonte de enfermidades e un gasto extra para miles de cidadáns. Mil catrocentas empresas adícanse en España a combatilas. É un negocio que da emprego a cinco mil traballadores e move 200 millóns de euros ó ano.

Ver programa emitido o 2 de decembro en TVE.

Ler máis

Máis fotos sobre a viaxe a Eslovenia

25 de novembro de 2015

Na sección de "Apifotos" temos publicadas unha selección de fotos da viaxe a Eslovenia que vos convidamos a ver.

Con estas imaxes pretendemos transmitir unha idea máis completa do que foi a viaxe polo país das abellas que tanto nos gustou ós abelleiros e abelleiras da Galicia.

Ver galería de fotos

Ler máis

Camisetas e delantais "A Pinga" á venda

24 de novembro de 2015

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para quen non teña todavía a súa camiseta ou delantal da Pinga pode mercalos facendo o pedido por email a info@apiculturagalega.es ou por teléfono 981 508 142 e enviámolo a domicilio.

Ler máis

E a Abella de Ouro é para... Greenpeace

17 de novembro de 2015

Fivamel 2015, unha das máis importantes feiras de mel e apicultura de Valencia, concedeu o seu máximo galardón, L'Abelleta D'Or, a Greenpeace pola súa campaña "Salvar ás abellas".

Dende AGA dámoslle tamén a enhoraboa a Greenpeace por ese merecido premio, xa que están facendo unha gran labor na defensa da abella e é importante premiar e visibilizar este esforzo.

 

Ler máis

VIII Congreso Nacional de Apicultura en Granada no 2016

17 de novembro de 2015

A Asociación Provincial de Apicultores de Granada (APAG) e o Consello Regulador da DOP Miel de Granada, recibiron de AFCA (Asoc. para o Fomento de Congresos Apícola) o encargo de organizar o VIII Congreso Nacional de Apicultura os días 3, 4 e 5 de novembro en Granada.

Prácticamente a un ano vista a organización xa dou os primeiros pasos: está definido o comité científico e púxose en marcha unha páxina web na que se irá actualizando a información do encontro: 
http://www.congresoapiculturagranada2016.com/

Ler máis

Campaña da CODACC: A apicultura nos programas electorais

13 de novembro de 2015

A Confederación en Defensa de la Abeja en la Cornisa Cantábrica (CODACC)  iniciou unha campaña de información ós partidos políticos que se presentan nas próximas Eleccións  Xerais ás Cortes de España, con fin de que teñan en conta a apicultura. 

A acción consiste en facerlles chegar unha recopilación dos principais problemas e as súas posibles solucións para que inclúan ó sector da apicultura nos apartados de agricultura-gandeiría e medio ambiente dos seus programas electorais  

 

Ver a carta de presentación onde veñen resumidos os nosos principais problemas e reivindicacións en "Ler máis".

Ler máis

Actos de reivindicación para un etiquetado claro do mel

13 de novembro de 2015

Organizacións apícolas, agrarias, de consumidores, ecoloxistas e sindicais de toda España lanzan unha convocatoria para reivindicar un etiquetado claro do mel nos actos que se van a realizar os días 14 e 15 de novembro, dentro das Xornadas Mundiais para a Soberanía Alimentaria.

 
Ler máis

I Asemblea da Rede de Museos Apícolas

13 de novembro de 2015

A Aula Apícola Municipal de Azuqueca de Henares acolleu a I Asamblea da Rede de Museos Apícolas de España o pasado 6 de novembro.

A rede está formada por 20 museos e centros de divulgación de toda España, entre os cales están os galegos a Casa das Abellas, a Casa do Mel, Apípolis, o Enredo do Abelleiro e o Centro do Queixo e do Mel, e ten como obxectivos a  conservación do patrimonio apícola tradicional e a divulgación sobre a importancia das abellas, a apicultura e os seus produtos.

 

Ler máis

Charla sobre a Velutina en Bergondo

11 de novembro de 2015

Protección Civil de Bergondo organiza as IX Xornadas sobre Voluntariado e Emerxencias no Ámbito Rural o día 5 de decembro en A Senra, Bergondo. Nesta xornada entre outros temas falarase sobre a Vespa Velutina nunha ponencia que dará o secretario-técnico de AGA Xesús Asorey ás 10:30 h.

A participación é gratuita pero requírese inscrición. Para máis información e inscribirse poñerse en  contacto con Protección Civil de Bergondo no tel. 667 527 432 ou email a proteccioncivilbergondo@gmail.com.

Ler máis

XXVII Feira do Mel do Ortegal

14 e 15 de novembro de 2015 - Ortigueira

A Delegación de AGA Ortegal e o Concello de Ortigueira organizan a XXVII Feira do Mel de Ortegal os días 14 e 15 de novembro.

O sábado 14 pola mañán haberá conferencias sobre apicultura no Museo Ortegalia e o domingo 15 será a feira na Alameda de Ortigueira, con moitas actividades para o público: degustacións de queixo con mel, obradoiros, música, xantar...

Ler máis

A avespa asiática no Biofim 2015

9 de novembro de 2015

A avespa asiática será un dos temas presentes no Biofim 2015, que terá lugar o día 12 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. BIOFIM-Expoforum Noroeste é un encontro sobre temas de control de pragas, fitosanitarios e madeira organizado por AGACPRA Asociación Galega de Empresas de Control de Pragas.

Ás 11:30 h. Jesús Javier Oreja Fernández, xefe de Servicio Sanidade Animal da Xunta de Galicia, impartirá unha ponencia titulada "A avespa asiática. Programa de vixilancia e control da Vespa Veluntina en Galicia", á que lle seguirá unha mesa de debate na que estará presente Rafael Díaz, delegado de AGA en Ferrolterra.

 

Ler máis

Coidados das abellas durante o outono

9 de novembro de 2015

Por Xesús Asorey, secretario-técnico de AGA.

Deixar reservas de mel na colmea, desparasitar e colocar trampas contra a vespa velutina, os principais traballos.

O mel xa está recollido das colmeas. Foi un ano moi irregular: houbo boa colleita de mel de queiroga en primavera e melato de carballo no verán. Pola contra, foi moi frouxa a colleita de eucalipto, silva e castiñeiro. Polo tanto, hai unha abundancia de meles escuros e escaseza de meles claros. En xeral podemos calcular un 20% menos de colleita de mel en Galicia que o ano pasado.

Ler máis

Charla Stop Vespa Velutina en Tui

Lugar:  Área Panorámica - Sala Félix, Tui

Data: 27 de novembro de 2015

Hora: Ás 18:30 h.

Charla sobre a Vespa Velutina na que falaremos sobre o que compre saber sobre a vida e comportamento da Vespa Velutina Nigrotorax, cales son os colectivos afectados, a elaboración e colocación de  trampas e eliminación de niños.

Organizan AGA - Asociación Galega de Apicultura e Concello de Tui

Ler máis

Información actualizada sobre a Vespa Velutina

5 de novembro de 2015

Acabamos de publicar un documento informativo sobre a Vespa Velutina Nigrotorax. Pódese consultar na sección de "Actualidade Sanitaria"

 

 

 

 

 

 

Ler máis

AGA en Facebook

27 de outubro de 2015

Agora podes seguirnos tamén en facebook: Facebook de AGA. 

Poderás atopar as noticias máis recentes, vídeos, eventos... Para ter a información sempre actualizada, participar na vida da asociación e colaborar na difusión da importancia abellas e os beneficios da apicultura.

Ler máis

Charla de sensibilización medioambiental "Stop Velutina" en Ferrol

Local Social de la AVV San Juan de Filgueira - Berton, Ferrol
(Praza da Igrexa, ó lado da discoteca Honda)

Venres, día 30 de outubro de 2015 ás 19 horas.

Organiza: DAGA Ferrolterra e Asociación de Veciños San Xoán de Filgueira - Bertón

 

 

Ler máis

O TTIP ameaza tamén ás abellas

27 de outubro de 2015

 

 

 

 

 

O Acordo Trasantlantico para o Comercio e a Inversión, coñecido como TTIP polas súas siglas en inglés, supón unha nova ameaza para a saúde das abellas. É o que ven a reflexar un informe publicado recentemente pola organización Amigos de la Tierra de EEUU, no que explican que a través deste tratado, actualmente en fase de negociación entre Europa e EEUU, a industria dos praguicidas pretenden conseguir que os insecticidas neonicotinoides volvan a utilizarse sen restriccións no mercado europeo e evitar que se prohíban nos EEUU.

Ler máis

XXVI Feira do Mel de Oleiros

8 de novembro de 2015, no Mercado Municipal de Perillo (Oleiros).

Organiza: Concello de Oleiros

Ler máis

Novos descubrimentos sobre a avespa asiática

23 de outubro de 2015

Un estudio recentemente publicado en Francia polo Instituto de Investigación sobre a Bioloxía do Insecto (IRBI – Universidad François Rabelais Tours / CNRS) demostrou, tras un estudio en colonias de Vespa Velutina Nigrotorax, que as avespas están sufrindo un fenómeno de depresión endogámica, o cal podería limitar a propagación da especie. Trátase dunha noticia esperanzadora, aínda que polo momento non hai nada seguro e teremos que seguir co traballo para frear o avance da Velutina.

Ver noticia na web de Apicultura Ibérica

Ler máis

Viaxe a Eslovenia e apiturismo en Galicia

22 de outubro de 2015

Un grupo de 22 socios e socias de AGA regresamos fai un par de semanas da viaxe a Eslovenia, na que descubrimos a súa famosa apicultura e disfrutamos dos seus excelentes produtos apícolas. A ruta combinou visitas apícolas e turísticas, co cal puidemos descubrir as riquezas paisaxísticas, culturais e gastronómicas do país xunto coas visitas apícolas.

Foi unha rica e intensa experiencia coa que disfrutamos moito, non só polo interesante do destino se non tamén pola boa relación que se creou entre os compañeiros e compañeiras de viaxe e os moitos momentos de conversa e diversión que vivimos xuntos.

Publicaremos próximamente un artigo detallado sobre a viaxe e mentres tanto vos damos unhas pinceladas do que vimos alí e compartimos algunhas imaxes.

 

Ler máis

Dificultades na negociación coa Consellería de Medio Rural sobre a loita contra a Vespa Velutina

22 de outubro de 2015

O día 21 de outubro a Consellería de Medio Rural e do Mar convocou ó sector apícola a reunirse para tratar o problema da Vespa Velutina en Galicia. AGA e unha representación dos concellos e outros colectivos afectados acudiron xa que tiñan solicitada esta xuntanza e agardábana dende había tempo, mais a Conselleira non aceptou recibir os concellos e outras entidades.

AGA e preto de 40 concellos tiñan solicitada unha reunión á Conselleira coa intención de trasladarlle un documento elaborado na xuntanza mantida en agosto, que inclúe unha plan de actuación para coordinar os diferentes axentes implicados nesta problemática. Para trasladarlle esta proposta, solicitouse unha reunión coa Conselleira de Medio Rural e a súa resposta foi convocar só ó sector apícola, sen ter en conta os concellos nin outros sectores afectados.

Despois de intentar negociar a participación do resto de colectivos afectados, decidiuse non asistir e continuar solicitando a reunión que consideramos absolutamente necesaria entre as distintas administracións e colectivos para sumar forzas e enfrentarse a esta situación de maneira máis organizada e eficiente.

A continuación adxuntamos o comunicado emitido para informar sobre o acontecido e a posición dos concellos e asociacións implicadas:

 
Ler máis

XVII Feira do Mel de Ortegal

19 de outubro de 2015

A Delegación de AGA Ortegal está organizando a celebración da XVII Feira do Mel de Ortegal, que será o día 15 de novembro en Ortigueira.

Hai dous postos dispoñibles para participar na feira, para socios que non sexan da delegación, que se sortearán entre as solicitudes recibidas. As persoas interesadas que se poñan en contacto co delegado Manuel Rodríguez no email agaortegal@yahoo.es ou teléfono 680 277 031.

Próximamente publicaremos o programa da feira.

Ler máis

Xornada en Lobios: Vespa Velutina e Apiturismo

2 de novembro de 2015, no Salón de Actos do Parque Natural do Xurés en Lobios.

Ás 12 h. haberá unha charla sobre a Vespa Velutina na que falaremos sobre o que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina nigrotorax, cales son os colectivos afectados, a elaboración e colocación de  trampas e eliminación de niños.

Pola tarde, ás 16:30 h. terá lugar unha sesión na que se informará sobre o novo proxecto de AGA para a promoción e desenvolvemento do apiturismo en Galicia. Se o tempo o permite, faremos visitas a lugares de interese para o apiturismo.

A entrada é de balde e aberta a tódalas persoas interesadas.

Ler máis

Debate no Parlamento Europeo sobre o Sulfoxaflor

19 de outubro de 2015

O comité de Medio Ambiente do Parlamento Europeo debatiu a semana pasada sobre a recente autorización do sulfoxaflor. Este insecticida, que foi autorizado pola Comisión da UE no mes de xullo, é unha neurotoxina altamente tóxica para as abellas e trala súa aplicación, persiste en froitas e verduras a niveis de 2 a 6 veces máis tóxicos que a dosis letal para abellas.

En EEUU o Tribunal de Xustiza revocou recentemente a autorización deste insecticida e a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria identificouno como de alto risco para as abellas.

Bee-Life, a Coordinadora Europea de Apicultura, pediu ó Parlamento Europeo que adopte unha proposta para retirar este tipo de insecticidas sistémicos e conseguir así un alivio para as abellas en perigo de extinción e envenenadas de Europa, por un medio ambiente máis sano e pola saúde e o benestar das persoas.

Ler máis

Preto de 40 concellos reclamaranlle á Xunta un plan de acción coordinado contra a avespa asiática

8 de outubro de 2015

Nota de prensa do Concello de San Sadurniño na que se publica o documento aprobado por cerca de 40 concellos coas demandas solicitadas á Xunta de Galicia para frear o avance da praga da Vespa Velutina:

San Sadurniño acolleu o pasado 28 de agosto unha xuntanza entre concellos e representantes da AGA co obxectivo de coordinar medidas que freen o avance da avespa asiática. Á reunión asistiron 18 municipios que acordaron elaborar un documento que resumise as principais demandas e ao que puidesen sumarse no futuro outros consistorios. Nas últimas semanas fixérono cerca de 40, desde Ribadeo ata Muros, e cada día están chegando comunicacións novas a favor dunha postura común na batalla contra a velutina. 

Nota de prensa completa en "Ler máis"

Descargar documento coas propostas dos concellos e AGA.

Ler máis

AGA solicita á Consellería unha reunión urxente sobre a Velutina

8 de outubro de 2015

No mes de xullo AGA enviou unha solicitude de reunión coa Consellería de Medio Rural e do Mar para tratar a grave situación que estamos vivindo coa praga da Vespa Velutina.

Debido a non obter todavía resposta, hoxe día 8 de outubro volvemos a solicitar esta reunión con caracter de urxencia á nova Conselleira, xunto coa entrada por rexistro que fixemos das  propostas acordadas na reunión en San Sardurniño polos concellos e a nosa asociación.

Consideramos que se no prazo de 15 días continuamos sen resposta haberá que plantear outras medidas.

 

Ler máis

XV Feira do Mel, dos Produtos Ecolóxicos e artesáns

Sábado e domingo, 10 e 11 de Outubro, no "Recinto Ferial do Trece" (Sedes- Narón), e de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.

Outra nova edición desta xa tradicional feira que tan boa acollida está tendo sempre no público. Este ano repetirase a mesma fórmula, os artesáns do mel compartindo recinto ferial cos productores ecolóxicos do CRAEGA e os productores artesáns de cervexa.

Organiza Concello de Narón e DAGA Ferrolterra.

Ler máis

Charla Stop Vespa Velutina en Valadouro

Sábado 10 de outubro ás 17 h. na Casa da Cultura de Valadouro

Con motivo da Feira do Mel de Valadouro, que terá lugar o sábado 10 de outubro, AGA ofrecerá unha charla sobre a Vespa Velutina ás 17 h. na Casa da Cultura. 

A charla vai dirixida a todas as persoas interesadas e en particular a apicultores e apicultoras que queiran poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. 

 

 

 

Ler máis

Próximas charlas sobre a Vespa Velutina en outubro

REUNIÓN DE ABELLEIROS DE CANGAS, MOAÑA, BUEU E VILABOA

O venres 9 de outubro ás 20 h. haberá unha reunión no Salón de Plenos do Concello de Moaña para tratar o tema da Vespa Velutina. Asistirán abelleiros dos concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa.

CHARLA SOBRE A VESPA VELUTINA EN GONDOMAR

O día 25 de outubro ás 11 h. no Centro Neural - Xefatura de Policía en Gondomar.

Ler máis

Detección do pequeno escarabello das colmeas Aethina Tumida en Italia

29 de setembro de 2015

Neste mes de setembro foi detectada en Italia a presenza do pequeno escarabello das colmeas (Aethina tumida) na rexión de Calabria. Este foco prodúcese despois dun silencio epidemiolóxico de 8 meses pois o último foco notificado por Italia data de decembro de 2014.

Dende o Ministerio de Agricultura informaron que no caso de que algún apicultor teña previsto realizar algunha entrada de abellas, raíñas ou produtos apícolas (excluídos os de consumo humano) dende Italia, consulten aos servizos veterinarios oficiais sobre a situación sanitaria actualizada respecto a este insecto.

Tamén poden consultar as actualizacións da información sanitaria no apartado NOTICIAS da páxina do MAGRAMA http://rasve.magrama.es/

Ler máis

XVI Concurso Internacional de Fotografía Apícola de Azuqueca de Henares

29 de setembro de 2015

O Concello de Azuqueca de Henares, a través da Aula Apícola Municipal, convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía Apícola na que participan apicultores e persoas aficionadas á fotografía de diversos países.

Na edición anterior, foron 125 os participantes de España (principalmente), Argentina, México, Venezuela, Alemania, Italia, China, Polonia, Grecia, Chequia, Estados Unidos, Uruguay, Holanda, Reino Unido e Bélxica. Ver fotografías gañadoras da edición anterior.

 

"Luz y miel" de Cecilia Sánchez. Primer premio fotografía individual edición anterior.

Ler máis

A Consellería de Medio Rural anuncia un novo reparto de trampas para a Velutina

23 de setembro de 2015

A Consellería de Medio Rural acaba de informarnos que fará un novo reparto de trampas e atraíntes para a Vespa Velutina para utilizar no outono. Serán entregadas só para as explotacións que non recibiran o produto na primavera ou naqueles concellos onde foi detectada a presenza da avespa ao longo do 2015.

O prazo para recoller as trampas rematará o 15 de outubro.

A continuación adxuntamos o texto da carta que será enviada ós apicultores e apicultoras que poderán recoller este material.

Ler máis

Próximas charlas sobre a Vespa Velutina

22 de setembro de 2015

Informamos das charlas que haberá próximamente sobre a Vespa Velutina, algunhas solicitadas a AGA por apicultores das comarcas afectadas e outras que terán lugar con motivo doutros eventos:

Gondomar - 24 de setembro ás 19 h. no Centro Neural – Xefatura de Policía

Carral - 26 de setembro ás 12 h. na Casa da Cultura

Maceda - 27 de setembro ás 18 h. no Castelo de Maceda, charla incluida no programa do Día da Abella. Máis información

Goente - 10 de outubro ás 13 h. na Casa do Mel. Mesa redonda que forma parte das XVI Xornadas Apícolas do Eume. Organiza DAGA Eume e Casa do Mel. Máis información

Carnota - 11 de outubro ás 10 h. na Casa do Concello.  A Velutina ó Parladoiro. Organiza Asociación Río Vadebois e Comunidade de Montes de Caldebarcos e San Cibrán. Máis información

 

Ler máis

A velutina ó parladoiro en Carnota

Que é a velutina e como nos está afectando? Que nos espera con ela? Erradicación ou convivencia?

Ven saber todo o que se sabe sobre esta avéspora que está matando as nosas abellas. Aféctanos a todos. Xa o dixo Einstein: Se morren as abellas, morre a xente, porque se acaban as plantas ó non haber polinización.

O domingo día 11 de outubro ás 10:00 horas na Casa do Concello de Carnota.

Organiza: Asociación de apicultores "Río Vadebois" e CMM de Caldebarcos e San Cibrán.

Colaboran: SLG (Sindicato Labrego Galego), AGA (Asociación Galega de Apicultura) e Concello de Carnota.

Ler máis

XX Jornadas Técnicas de Apicultura de Lanjarón

 

 

 

 

 

 

 

 

Miel de Granada D.O.P. organiza as XX Xornadas Técnicas de Apicultura en Lanjarón, Granada, os días 7 e 8 de novembro, na que participará o veterinario de AGA Gonzalo Calvo para explicar a situación da Vespa Velutina en Galicia.

Máis información:

Web: www.mieldegranada.com
Email: mieldegranada@mieldegranada.com
Tel.: 958 771 196

Ler máis

Charla en Gondomar sobre a Vespa Velutina

AGA organiza unha nova charla sobre a Vespa Velutina en:

Gondomar – 24 de setembro ás 19 h. no Centro Neural – Xefatura de Policía

A charla vai dirixida a todas as persoas interesadas e a apicultores e apicultoras que queiran poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. 

A entrada é de balde.

Ler máis

A plataforma Fumigacións Non lanza a campaña: #LibresdeGlifosato. Chuvia de mocións para paralizar o uso de Glifosato en espazos públicos.

16 de setembro de 2015

 

 

 

 

 

A acción #LibresDeGlifosato consiste en presentar mocións nos concellos para paralizar o uso de herbicidas con glifosato en todo tipo de lugares públicos. É  unha campaña lanzada dende FumigacionsNON.org, da que forma parte AGA.

O uso do glifosato ten potenciais efectos dañinos para a saúde humana e para o medio ambiente contaminando a terra e a auga. Tamén está relacionado na reducción da diversidade e cantidade de especies e afecta a seres vivos cruciais para a agricultura, como son os polinizadores, entre os cales están as abellas, disminuindo a diversidade e a oferta e calidade do alimento.

Dende AGA animamos ós socios e socias a colaborar nesta campaña para protexer a nosa saúde, a do medio ambiente e a das abellas. Ti tamén podes pedir ao teu concello que deixe de usar glifosato en espazos públicos, presentando a moción no teu concello. 

Ler máis

AGA e concellos demandan máis medios e investigación para a Vespa Velutina

16 de setembro de 2015

O día 28 de xullo, AGA solicitou unha reunión coa Consellería do Medio Rural e do Mar tal como se decidiu na xuntanza de Ortigueira polo problema da Vespa Velutina. Posteriormente houbo unha xuntanza de AGA cos representantes dos concellos afectados en San Sadurniño no mes de agosto. Os asistentes acordaron realizar un documento e remitilo á Consellería de Medio Rural. O escrito está elaborado e enviado aos concellos para que o apoien, a día de hoxe a Consellería todavía non puxo data para esta reunión solicitada e a situación agravase a cada paso. 

Ante esta situación, dende AGA estamos plantexando a idea de convocar unha concentración-protesta diante da Consellería en Santiago, onde se lería o manifesto e se metería  por rexistro. Convocaríase e sector abelleiro e non abelleiro, a todas as persoas afectadas. 

Ler máis

VII Feria Nacional Apícola de Cantabria

A Federación de Asociacións de Apicultores de Cantabria FAAC e a Confederación en Defensa la Abeja en la Cornisa Cantábrica CODACC organizan a VII Feria Apícola Nacional de Cantabria que se celebrarán os días 17 e 18 de outubro nas instalacións do Mercado Nacional de Ganados de Torrelavega.

Máis información en:
http://federacionapicantabria.blogspot.com.es/

Ler máis

XV Xornadas Apícolas do Eume e VII Feira do Queixo e do Mel

VII FEIRA DO QUEIXO DO EUME E DO MEL DE GOENTE
11 de outubro en Goente (As Pontes)

Obradoiros de queixo e de cestería, degustacións, produtos típicos e artesanía, animación infantil, xantar, merendas e verbena.

VI XORNADAS APÍCOLAS DO EUME
Do 5 ao 11 de outubro na Casa do Mel en Goente (As Pontes)
Obradoiros para escolares, cata de meles, concursos e charlas sobre Apiterapia, Sanidade Apícola e Vespa Velutina.

Descargar o programa

Organiza: Casa do Mel 

Máis información:
Tel. 661 003 616
Email: casadomel@vodafone.es
Web: casadomelaspontes.blogspot.com

Ler máis

NOVOS CURSOS ONLINE NA ESCOLA DE APICULTURA PAJUELO

8 de setembro de 2015

 

 

 

Este semestre a Escola de Apicultura Online de Pajuelo Consultores Apícolas ofrece unha nova entrega de cursos:

14 de setembro: Boas prácticas en sanidade apícola
5 de outubro: Fabricación de alimento para abellas
9 de novembro: Cata de meles
Descargar pdf programa cursos

Organiza: A.G. Pajuelo Consultores Apícolas
www.pajueloapicultura.com
www.escueladeapicultura.com

Ler máis

Charlas informativas sobre a Vespa Velutina

4 de setembro de 2015

Durante o mes de setembro AGA continúa coa labor informativa sobre a Vespa Velutina Nigrotorax coas seguintes charlas:

Mondariz – 10 de setembro ás 20 h. no Centro Social

Carral – 26 de setembro ás 12 h. na Casa da Cultura

As charlas van dirixidas en xeral a todas as persoas interesadas e en particular a apicultores e apicultoras que queiran poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. 

A entrada é de balde.

Ler máis

Día da Abella en Maceda

AGA o Concello de Maceda organizan o Día da Abella o domingo 27 de setembro de 11 h. a 20 h. no Castelo de Maceda.

Ésta será a 3ª edición do evento que cada ano vai gañando en participación e contidos. Haberá feira de mel e produtos apícolas da comarca e moitas actividades para todos os públicos: degustacións, exposición didáctica, obradoiros, títeres, música... 

Vide a pasar un día agradable con nós e coñecer un pouco máis sobre estes marabillosos insectos!

Descargar o programa

Ler máis

Reunións de AGA con concellos e a Consellería de Medio Rural para tratar a expansión da Velutina

25 de agosto de 2015

A Vespa Velutina xa está presente en 93 concellos de Galicia, principalmente na costa e nalgunhas zonas no interior, sendo Galicia xunto con Euskadi as comunidades máis afectadas en España. Os niños de avispa asiática están aparecendo por todas partes, en cidades, montes, zonas de cultivo… creando graves problemas entre os apicultores e a poboación.

Ante esta situación e despois da reunión en Ortigueira no pasado mes de xullo, AGA e as delegacións máis afectadas, decidiron convocar ós concellos e á Consellería do Medio Rural e do Mar para tratar  este problema medioambiental e de seguridade cidadá xerado pola Vespa Velutina.

Ler máis

Conmoción e consternación ante a autorización da UE dun novo insecticida que mata abellas

Nota de prensa de Bee Life do 13 agosto de 2015

¿Cando os políticos aprenderán das decisións pasadas?

O día 27 de xullo de 2015, a Comisión Europea e os Estados membros da UE autorizaron un novo neonicotinoide, SULFOXAFLOR un principio activo insecticida fabricado por Dow AgroSciences. A decisión política de permitir que a sustancia entre no mercado foi tomada a pesar das advertencias emitidas pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) sobre os riscos para as abellas, pero tamén para pequenos mamíferos.

Ler máis

Abellas e abelleiros no Festival de Xardíns de Allariz

25 de agosto de 2015

O mundo das abellas estivo presente o pasado domingo no Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

Foi a través da actividade que organizou AGA titulada "Unha pinga de mel" na que dun xeito lúdico tratamos de poñer en contacto ás abellas e ós abelleiros cos visitantes que alí se achegaron, a pesar do mal tempo, que dificultou moito a realización da actividade e fixo que tiveramos que recoller antes do previsto.

Ler máis

Novas propostas na xornada da Vespa Velutina de Ortigueira

20 de agosto de 2015

Na xornada sobre a Vespa Velutina que tivo lugar o pasado domingo 26 de xullo en Ortigueira asistiron arredor dun centenar de persoas, o cal é unha boa mostra da preocupación polo asunto.

No encontro fíxose unha análise da situación actual en Galicia. Hai dúas zonas moi infestadas, a Mariña de Lugo e a zona da Coruña (Oleiros, Miño, Sada e Culleredo). Tamén é importante na área de Vigo e algo menos nas Rías Baixas. O caso máis curioso é a área de Mondoñedo onde non atopan nestes intres velutina, cando o ano pasado xa houbo moitas. A Delegación de AGA de Mondoñedo cree que seguramente este é o resultado da súa labor preventiva, coa colocación masiva de trampas na primavera, sendo unha das zonas de Galicia onde máis raíñas se capturaron.

Ler máis

Charla en Ponteareas "Control da Vespa Velutina"

O Concello de Ponteareas organiza unha charla titulada "Control da Vespa Velutina" na que participará o veterinario de AGA Gonzalo Calvo. Será o luns 24 de agosto no salón de actos do concello ás 20.30 h. 

Aberto a tódalas persoas interesadas.

 

Ler máis

"Unha pinga de mel" en Allariz

Domingo, 23 de agosto de 2015 no recinto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, de 11.30 a 14.30 e de 17 a 21 h.

Dun xeito lúdico trataremos de poñer en contacto ás abellas e ós abelleiros co gran público co obxecto de sensibilizalo sobre a importancia da presenza das abellas nos nosos campos e os grandes riscos que corre na actualidade esta especie. 

Unha agricultura incompatible coa presenza de polinizadores, debido o envelenamento masivo a que están sometidas polo uso de insecticidas, herbicidas, acaricidas… e novos inimigos que están chegando a cada paso, incendios forestais, monocultivos, transxénicos e en xeral polo deterioro medioambiental, son algúns dos causantes da problemática actual que están sufrindo as abellas. É preciso dar a coñecer esta situación entre a sociedade para buscar e poñer en marcha alternativas que teñan como fundamento o respeto e coidado do medio ambiente.

Ler máis

Módulos formativos do curso de incorporación á actividade agraria

29 de xullo de 2015

Dende o servizo territorial de Explotacións Agrarias de Ourense hai programado realizar dous módulos formativos de apicultura do curso de aptitude empresarial agraria para incorporación de mozos á actividade agraria.

Estas actividades formativas son cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Xunta de Galicia, dentro do Plan de Formación Continua Agroforestal 2015.

Levaranse a cabo durante o mes de setembro, en horario de mañá, na localidade de Xinzo de Limia.

 

Ler máis

Vacacións de AGA e Erica Mel

29 de xullo de 2015

Con motivo das vacacións de verán, AGA e Erica Mel permanecerán pechadas a primeira quincena de agosto.

Durante estes días, se necesitades enviar consultas ou facer algunha xestión, podedes enviarnos un email a info@apiculturagalega.es ou deixar unha mensaxe no contestador no teléfono 981 589 534 da oficina de Santiago ou no 981 508 142 de Arzúa. Atenderémolos coa maior brevidade posible a partir do 17 de agosto. 

Equipo de AGA e Erica Mel

Ler máis

Máis dun cento de apicultores e apicultoras visitaron Covas o domingo 5 de xullo

23 de xullo de 2015

 

 

 

 

 

 

Esta xornada, organizada pola Asociación Galega de Apicultura e a empresa Covas 21, consistiu nunha visita a un proxecto de recuperación do rural ubicado no lugar de Covas, no concello de Taboada. A empresa Covas 21 é a impulsora deste proxecto de aproveitamento integral dun monte de 55 hectáreas, que conta cunha explotación apícola entre as súas actividades principais.

Ler máis

Xornada especial "Stop Vespa Velutina" en Ortigueira

Domingo 26 de xullo no Museo Ortegalia de Ortigueira e Centro Social de San Roque.

Obxectivos:

1.- Facer balance da primeira parte do programa de control da avespa asiática (vespa velutina) desenvolvido na primavera de 2015.

2.- Situación actual e previsións ao comenzo deste verán.

3.- Programa de actividades e métodos de control a levar a cabo no verán e outono tendentes a limitar os efectos desta praga que tantos danos e alarma está causando.

Ler máis

Intenso foro apícola en Arzúa para celebrar o 35 aniversario de AGA e o 25 de Erica Mel

6 de xullo de 2015

O III FORO APÍCOLA celebrado en Arzúa o pasado 6 de xuño foi unha gran celebración que acolleu a centos de persoas que acudiron a participar na 30ª Mostra Galega de Apicultura e celebrar o 35 aniversario de AGA e o 25 da cooperativa Erica Mel.

Os participantes puideron realizar un amplio e variado percorrido polos temas máis actuais da nosa apicultura. Durante a intensa xornada, de mañán e tarde, houbo momentos para escoitar as charlas, botar un ollo ós variados produtos e innovacións na feira de material apícola, aprender a elaborar novos produtos apícolas e compartir cos abelleiros e abelleiras de toda Galicia unha agradable xornada de convivio.

Ler máis

Novo tratamento contra a varroa: Amicel

20 de xullo de 2015

Francisco José Orantes, director de Laboratorios Apinevada, un dos referentes en España en tratamento das enfermidades e parásitos das abellas, presentou no III Foro Apícola en Arzúa o novo tratamento contra a varroa Amicel, que temos a venda en AGA.

Orantes destacou na súa intervención a importancia dun bo manexo da colmea e o uso correcto dos tratamentos. Ver entrevista a Francisco José Orantes realizada por Campo Galego: http://www.campogalego.com/agroalimentacion/a-industria-farmaceutica-non-lle-interesa-investir-en-apicultura/

 

Ler máis

O escaravello africano Aethina Tumida en Europa

20 de xullo de 2015

O Aethina tumida é un escaravello oriúndo da África Subsahariana, onde ocupa o nicho ecolóxico das nosas polillas da cera, como preeiro das colmeas débiles.

No III Foro Apícola Antonio Gómez Pajuelo falounos deste pequeno escarabello que xa cheogu a Europa e que se pode convertir nun novo inimigo das abellas. Ver artigo completo publicado por Campo Galego: http://www.campogalego.com/agroalimentacion/un-pequeno-escaravello-africano-novo-inimigo-das-abellas/

Ler máis

Aplicacións do própoleo na agricultura e viticultura ecolóxica

20 de xullo de 2015

Sobre as aplicacións do propóleo na agricultura ecolóxica e na viticultura, foi o que nos explicou Mercedes Martínez Modroño, socia de AGA e viticultora afeccionada da provincia de Ourense, unha interesante ponencia do Foro Apícola celebrado en Arzúa o pasado 6 de xuño, que nos amosou unha nova aplicación dun dos produtos máis poderosos das abellas e que cada vez teñen máis demanda na medicina natural, tanto para os humanos como para as plantas.

Ver artigo completo publicado por Campo Galego: http://www.campogalego.com/vina/aplicacions-do-propoleo-na-agricultura-ecoloxica-e-na-viticultura/

Ler máis

Patrimonio apícola cereiro en Galicia

20 de xullo de 2015

O patrimonio apícola cereiro en Galicia, foi unha exposición do III Foro Apícola, que nos ofreceron os irmáns Damián e Diego Copena da Universidade de Vigo e que tamén forman parte de AGA.

Galicia foi unha das principais zonas produtoras de cera de abella no sur de Europa e conta cun importantísimo patrimonio apícola cereiro, que cómpre procurar, estudar, protexer, conservar e por en valor, motivo polo que foi creado Favum, centro de interpretación da ceraría de Paraños, en Covelo (Pontevedra), un antigo lagar de cera recuperado pola Comunidade de Montes de Paraños, Abella Lupa e os irmáns Copena. Máis información: 
http://www.montesparanhos.com.

Ver artigo completo publicado por Campo Galego: http://www.campogalego.com/agroalimentacion/o-patrimonio-apicola-cereiro-en-galicia/

Ler máis

A nova normativa de etiquetaxe

20 de xullo de 2015

A nova normativa de etiquetaxe tivo unha ampla difusión nos medios de comunicación, que explicaron os aspectos máis importantes deste regulamento dende un punto de vista xeral, o que está a xerar no caso do mel moita confusión entre os consumidores, os apicultores que envasan o seu mel e algunhas empresas.

Silvia Cañas, directora de Apicultura Ibérica, explicounos esta norma o día 6 de xuño en Arzúa, dende o punto de vista do mel, para coñecer en que lle afecta realmente os cambios introducidos. Ver artigo completo publicado por Campo Galego:

http://www.campogalego.com/agroalimentacion/a-nova-norma-de-etiquetaxe-e-como-afecta-realmente-ao-mel/

Ler máis

2º Concurso Fotografía Apicultura Calier

3 de xullo de 2015

A II Edición do concurso "Foto Apicultura Calier", ten como obxectivo premiar as mellores imaxes sobre a Apis Mellifera Ibérica. Ademais, nesta edición do concurso incluiuse unha categoría especial sobre Sanidade Apícola.

O prazo de presentación das fotografías permenacerá aberto ata o 30 de setembro de 2015. Para participar, cada autor deberá enviar un máximo de tres instanáneas ó email: fotoapicultura@calier.es.

As bases íntegras do concurso poden consultarse en www.fotoapiculturacalier.es

Ler máis

Continúa a campaña "Stop Velutina"

26 de maio de 2015

Está a punto de rematar a primeira fase da loita deste ano contra a Vespa Velutina.  Foron colocadas perto de 1.500 trampas nas que calculamos que se capturarían unhas 7.500 raíñas de Velutina. Polo tanto, evitamos outros tantos niños, a 2.000 individuos por niño, estamos falando duns 15 millóns de Velutinas que teremos evitado. Con estes resultados pódese considerar unha boa labor preventiva.

AGA fixo unha intensa campaña con charlas nunha ducia de lugares onde houbo Velutina o ano pasado, ás que asistiron unhas 400 persoas. Tamén se fixo un seguimento de capturas de raiñas en trampas e houbo abelleiros que capturaron máis de 200.

Agora vai comenzar a segunda fase deste ano, que consistirá en: facer un seguimento de como evoluciona a Velutina por medio do 112 e contactos cos apicultores e presionar a Xunta para que atendan debidamente o servizo de eliminación de niños por medio do 012.

 

Ler máis

Xornada Técnica "Trepa para retirada de avispeiros de Velutina"

25 de maio de 2015

Xornada organizada pola Casa do Mel de Goente (As Pontes) en colaboración co médico do SERGAS Carlos Piñeiro Diaz, o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo e dúas persoas que desenvolven a súa actividade profesional empregando estas técnicas de trepa mediante cordas membros da Asociacion Galega de Arboricultura .

Será o sábado 30 de maio de 10 a 13 h. e de 16 a 20 h. na Casa do Mel (Goente - As Pontes)

Máis información e inscricións: 
Tel. 661 003 616 / Email: casadomel@vodafone.es / Blog: casadomelaspontes.blogspot.com

Ler máis

20 de maio, Día Mundial das Abellas

19 de maio de 2015

Unión Europea apoia a celebración do Día Mundial das Abellas o 20 de maio a petición de Eslovenia, que transmitirá agora a proposta ás Nacións Unidas. 

A Asociación de Apicultores Eslovenos e o goberno Esloveno fixeron esta proposta no Parlamento Europeo o pasado mes de abril. No último Consello de Agricultura da Unión Europea, celebrado en Bruselas o 11 de maio, unha maioría de países decidiu apoiar a iniciativa, entre os cales estaba España, tal como acordou nunha reunión previa cos Conselleiros de Agricultura das distintas comunidades autónomas.  O seguinte paso será presentalo ante as Nacións Unidas, para que sexa instaurado oficialmente a nivel mundial.

Ler máis

Programa III Foro Apícola

Xa temos confirmado o programa do III Foro Apícola, que será o 6 de xuño en Arzúa. As charlas, que serán de mañán e tarde, tratarán os temas máis actuais da nosa apicultura e presentacións de innovacións.

Haberá un espazo para nenos e nenas con actividades apícolas, así que podedes traer convosco aos futuros abelleiros e abelleiras. Tamén temos organizado un gran xantar de irmandade, para o que tedes que apuntarvos e pagar por adiantado.

Agardámosvos a todas e todos, o III Foro Apícola é aberto a todo o público polo que podedes acudir coas vosas familias e amigos.

Ler máis

III Foro Apícola

30 de abril de 2015

Cartaz Foro Apicola 2015

Arzúa, 6 de xuño de 2015 - De 10 a 14 de 17 a 20 h

O III FORO APICOLA acolle a 30ª Mostra Galega de Apicultura especial por celebrarmos ao mesmo tempo tamén o 35º aniversario de AGA e o 25º aniversario da cooperativa Erica Mel.

Durante o foro pretendemos  tratar os temas máis actuais da nosa apicultura, presentar innovacións e celebrarmos os aniversarios.

 

Ler máis

Eslovenia presenta o "Almorzo Europeo con Mel" e o "Día Mundial da Abella"

29 de abril de 2015

Dia Mundial da Abella

O Parlamento Europeo acolleu o pasado 16 de abril a 100 apicultores eslovenos, que presentaron a iniciativa "Almorzo Europeo con Mel"  e a proposta de celebrar o Día Mundial da Abella o 20 de maio.

Estas ideas foron presentadas ante a Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, que foi convidada a comezar o día cun almorzo con mel. 

Ler máis

Descubre Eslovenia con AGA

28 de abril de 2015

Colmeas Eslovenia

Eslovenia é o país da UE con maior superficie de zonas Natura 2000. É o único estado membro da Unión Europea que ten protexida a súa propia abella autóctona "Apis mellifera cárnica" e prohibiu o uso de neonicotinoides dende o 2011. É claramente na vangarda das medidas a favor das abellas e coas últimas iniciativas presentadas no Parlamento Europeo, i Almorzo Europeo con Mel e o Día Mundial da Abella só pode ser un exemplo para todos os países de Europa.

Para coñecer de perto esta forma de sentir e vivir a apicultura, AGA organiza este ano unha viaxe a Eslovenia, do 20 ao 26 de setembro. 

 

Ler máis

Campaña de promoción Das Miñas Colmeas

27 de abril de 2015

Xa está en marcha a campaña para promocionar a marca colectiva "Das Miñas Colmeas" coa nosa nova imaxe "A Pinga". No III Foro Apícola o vindeiro 6 de xuño en Arzúa presentaremos moitas novidades.

 

Ler máis

As abellas non distinguen o néctar con neonicotinoides

24 de abril de 2015

As abellas non distinguen o néctar con neonicotinoides, pois o seu sentido do gusto non é capaz de detectalo e polo tanto non poden evitalo. O que é máis preocupante, incluso poden mostrar preferencias polo néctar contaminado. Isto supón un grave risco para as abellas e demostra o impacto devastador que ten nos polinizadores a presencia destes pesticidas nos campos.

Este é o preocupante resultado dun estudio realizado en abellas melíferas e abellóns por investigadores da Universidade de Newcastle en Reino Unido e o Trinity College de Dublín en Irlanda, que foi publicado recentemente na revista Nature.

Ler máis

Novo informe de Greenpeace: Plan Abellas. Vivir sen praguicidas

17 de abril de 2015

Recentemente Greenpeace publicou un novo informe sobre a importancia das abellas: "Plan Abellas. Vivir sen praguicidas. O cambio hacia á agricultura ecolóxica"

O informe amosa a alternativa fronte ó modelo predominante de agricultura. A alternativa é a agricultura ecolóxica. Este estudio vai acompañado  de testimonios que dende casi todos os rincóns de Europa explican a importancia das abellas e outros polinizadores e como os podemos protexer. Son historias con éxito que debemos multiplicar.

As investigacións, xunto coas prácticas existentes da agricultura ecolóxica, confirman que non necesitamos praguicidas para tratar as pragas que viven nos cultivos que queremos producir.

Descargar informe.

Animamos a difundir esta información e a petición para salvar as abellas e á agricultura

 

Ler máis

Gobernos europeos bloquean a avaliación de riscos dos pesticidas nas abellas

17 de abril de 2015

Nota de prensa de Bee Life sobre a decisión da implantación da Guía EFSA en Europa:

O día 20 de marzo, mentres a primavera estaba chegando, os representantes dos ministerios nacionais e da Comisión Europea reuníronse en Bruxelas, no Comité Permanente da Cadea Alimentaria e de Sanidade Animal para negociar a guía EFSA, o protocolo de base científica máis apropiado que permitiría manter fóra do mercado os pesticidas tóxicos para as abellas e outros polinizadores.

Aínda que a Comisión apoiaba a implantación desta orientación, a posición dos gobernos nacionais continuou incerta e non transparente, levando a un bloqueo na decisión.

 

Ler máis

Cría de raíñas en Macmel (Portugal)

13 de abril de 2015

Cartaz Cría de Raíñas Macmel 2015Macmel organiza unha formación en cría de raíñas con Gilles Fert. Será o vindeiro domingo 25 de abril en Maçedo de Cavaleiros (Portugal) e a participación é gratuita.

Máis información en: www.macmel.pt

Inscricións

Ler máis

Novo curso de apicultura ecolóxica en Abella Lupa

10 de abril de 2015

Logo Abella Lupa

Abella Lupa presenta un novo curso de apicultura ecolóxica a celebrar os días 25 e 26 de abril no Centro Cultural de Paraños en Covelo (Pontevedra)

Podedes inscribirvos na web de Abella Lupa www.abellalupa.com

Ver Programa

Ler máis

Estreo do documental "Mucho más que miel"

10 de abril de 2015

Este venres 10 de abril estrease en España o documental, "MUCHO MAS QUE MIEL".

En Galicia será proxectado en Vigo, nos Cines Norte (Vía Norte, 22) durante toda a semana e o día 12 de abril, despois da proxección das 17.45 horas, estará presente Xesús Asorey, secretario técnico de AGA, para un coloquio cos asistentes. Neste momento estanse organizando máis proxeccións noutros lugares de Galicia, do que enviaremos información a vindeira semana.

Ler máis

Cursos de especialización AGA 2015

1 de abril de 2015

Xa está aberto o prazo de inscrición nos cursos de especialización AGA 2015, que serán os seguintes:

Reproducción e multipliación do apiario
Selección e mellora en apicultura
Reproducción apícola e cría de raíñas.
Xornada formativa: Colleita do pole

 

Ler máis

Concursos de ideas e trampas para combatir a Vespa Velutina

18 de marzo de 2015

O 21 de marzo celébrase en Culleredo o Día da Abella, que terá como protagonista este ano á Vespa Velutina. Será un encontro aberto e participativo, no que o público asistente poderá aportar ideas sobre como combatir á Velutina a través do concurso de ideas e novos modelos de trampas.  

Aprenderemos sobre a vida e comportamento da avespa asiática e ademais coas ideas que aportemos entre todos, contribuiremos a frenar esta praga e protexer ó medio ambiente e ás abellas. 

Ler máis

Colmea sintética Anel e outros materiais na tenda Erica Mel

17 de marzo de 2015

Acaba de chegar á tenda de apicultura de Erica Mel un pedido de material do fabricante Anel dende Grecia, que inclúe colmeas, fondos e cadros de plástico de alza e media alza.

A última novidade en material apícola é a colmea sintética ANEL. As vantaxes de utilizar esta colmea son moitas: resistente, duradeira, lixeira e segura. As súas paredes están recheas de espuma illante de poliuretano que mantén a calor no inverno e o fresco no verán. O plástico que utilizan é da máxima calidade e está certificado para uso alimentario. 

Ler máis

Cursos de iniciación AGA 2015

13 de marzo de 2015
 
Cursos teórico-prácticos destinados ás persoas que queren comezar na apicultura ou ás que xa teñen xa experiencia pero queren renovar coñecementos. 
 
Serán en total 11 cursos en diferentes lugares de toda Galicia e terán unha duración de 3 días, mais o día de campo en Covas (Taboada - Lugo) o día 5 de xullo. A inscrición no curso inclúe tamén a participación no III Foro Apícola os días 6 e 7 de xuño en Arzúa.
 
O prezo é de 50 €. Para os socios e socias de AGA son gratuitos. O prazo para inscribirse remata unha semana antes do comezo de cada curso.
Ler máis

Charla sobre Sanidade Apícola en Carballo

13 de marzo de 2015

A DAGA Carballo organiza unha charla sobre sanidade apícola que impartirá Gonzalo Calvo, veterinario de AGA, o día 14 de marzo ás 16.30 h.  no Pazo da Cultura de Carballo.

A entrada é libre.

Logo da charla celebrarase a asemblea da delegación.

Ler máis

Actividades das DAGAS - Primavera 2015

13 de marzo de 2015

As delegacións de AGA Ferrolterra e Eume organizan para esta primavera varios cursos, de iniciación e especialización. Tamén levan a cabo obradoiros de diferentes temáticas e xornadas divulgativas. Ademais, continúan coa tarefas de información e asesoramento sobre a Vespa Velutina nas súas comarcas.

Ler máis

Próximas charlas sobre a Vespa Velutina

13 de marzo de 2015

Dende o mes de febreiro, AGA está impartindo charlas informativas sobre a Vespa Velutina Nigrotorax que van dirixidas en xeral a todas as persoas interesadas e en particular a apicultores e apicultoras que queren poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. 

As próximas charlas son:

O Vicedo - 17/03 na Casa da Cultura ás 20 h.

Mondoñedo - 18/03 no Centro Comarcal ás 20 h.

Ourol - 19/03 no Edificio Multiusos do Concello ás 20 h.

Tomiño - 25/03 na Casa da Cultura ás 20 h.

Vigo - 26/03 na Casa dos Montes de Valadares ás 20 h.

A entrada é libre para tódalas persoas interesadas.

Ler máis

Protocolo de eliminación de Vespa Velutina en Gipuzkoa

12 de marzo de 2015

Vídeo da Deputación Foral de Gipuzkoa sobre o protocolo de eliminación de niños que se sigue en Gipuzkoa.

 

Ler máis

Aplicación da guía EFSA sobre o risco dos pesticias nas abellas

12 de marzo de 2015

A Coordinadora Europea de Apicultura Bee Life está facendo unha campaña para reclamar ós gobernos da Unión Europea a aplicación da Guía EFSA da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria.

Esta guía establece un novo protocolo para a avaliación de riscos dos praguicidas sobre as abellas na Unión Europea e será tratado na próxima reunión do SCOFCAH (Comité Permanente da Cadea Alimentaria e de Sanidade Animal) o 20 de marzo.

AGA, entre outras asociacións que forman parte de Bee Life, apoia esta campaña e enviou esta semana unha carta dirixida á Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España, na que solicita que España defenda a aplicación deste novo protocolo co fin de garantir a seguridade das abellas, os polinizadores e de todos nós.

Ler máis

Sobe a cota de AGA

12 de marzo de 2015

Pasar de 40 a 50 € ano tal como se aprobou na  última Asemblea Xeral de AGA pode parecer moita suba dados os tempos de crise que corremos. Teñamos en conta que a cota non subiu nos últimos cinco anos. Polo tanto, a suba sería de 2 €/ ano, un 5% anual. Todo aquilo que manexamos en AGA sobe, en xeral, máis desta porcentaxe.

Se queremos que AGA teña futuro temos que procurar depender o menos posible das subvencións e autofinanciarnos. O obxectivo é de que nos financiemos un 75 % xa neste ano 2015.

Ler máis

PROGRAMA STOP VELUTINA

3 de marzo de 2015

O programa STOP Velutina de AGA comprende varias actividades na primavera que consisten básicamente en charlas informativas nos concellos máis afectados e na colocación de trampas para capturar raiñas fundadoras nas zonas onde está presente esta avespa e así evitar o maior número posible de niños para o verán. Ademais, organizarase o Día da Abella o 21 de marzo en Culleredo adicado este ano á Vespa Velutina e unha xornada especial en Ortigueira para rematar o programa.

Ler máis

Día da Abella 2015

21 de marzo no Xardín Botánico de Culleredo (A Coruña)

DAGA-Coruña e o Concello de Culleredo  organizan conxuntamente o DIA DA ABELLA, este ano adicado a realizar a campaña informativa e de sensibilización "Stop Velutina" ante a presenza desta especie invasora, a Vespa Velutina Nigrotorax ou avespa asiática.

Ler máis

Apiturismo: Viaxe a Eslovenia

4 de marzo de 2015

Este ano AGA organiza unha viaxe a Eslovenia do 20 ao 26 de setembro, para vivir unha experiencia en apiturismo.

 
 
 

 

 

 

 

 

Unha ocasión única para descubrir este pequeno e fermoso recuncho verde de Europa: Eslovenia, coñecida tamén como o "País das abellas". A apicultura forma parte del tecido cultural esloveno, sendo esta unha das actividades rurais máis antigas e tradicionais. Eslovenia posee e ofrece ós seus visitantes un extenso patrimonio que é implementado coas modernas técnicas dos apicultores de hoxe. 

Ler máis

Curso de Sanidade Apícola en Viana

3 de marzo de 2015

AGA e a Oficina de Fomento Cooperativo de Viana do Bolo organizan un curso teórico-práctico sobre sanidade apícola que impartirá o veterinario de AGA Gonzalo Calvo.

Será o día 28 de marzo, de 11 a 14 h. e de 16 a 19 h., na Rúa Feradal, 16 en Viana do Bolo. Terá un coste de 30 € para non socios/as e de balde para socios/as de AGA.

Para insciribirse chamar á Oficina de Fomento Cooperativo no tel. 988 329 260 ou enviar un email a cooperativismo.macizov_trevinca@yahoo.es.

Ler máis

AXUDAS AGROAMBIENTAIS PAC 2015

3 de marzo de 2015

Para a apicultura hai unha liña de axudas. Sairá publicado no DOG próximamente pero xa está aberto o prazo para facer as solicitudes, dende o 1 de marzo ata o 15 de maio.

Quen pode solicitalas? Apicultores/as en ecolóxico  ou en convencional de municipios de  zonas de montaña que teñan un mínimo de 100 colmeas distribuídas polo menos en dous apiarios.

Ler máis

Programa de AGA 2015

25 de febreiro de 2015

O Día do Apicultor o 1 de febreiro en Arzúa presentouse o programa de AGA para o 2015.

Os obxectivos que nos propoñemos este ano son:

  • Ofrecer  formación, tanto a novos como experimentados abelleiros e abelleiras, e continuar coa tarefa do coidado das abellas e do medio ambiente
  • Levar a cabo plans artellados colectivamente para facer fronte ás dificultades, como a presencia da Vespa Velutina
  • Facer divulgación na sociedade sobre o valor das abellas e dos seus produtos, con novas prácticas como o apiturismo
  • Facer partícipe á comunidade abelleira da vida da asociación e do sector apícola a través de actividades abertas como o III Foro Apícola.
Ler máis

PRESENTADA A SOLICITUDE DO PLAN APÍCOLA 2015

25 de febreiro de 2015

O 12 de febreiro presentamos na Consellería do Medio Rural a solicitude do Plan Apícola 2015 a nome dos socios e socias de AGA. Foron en total 550 apicultores/as e máis de 37.000 colmeas, o maior número dos últimos anos. 

A cera e os fondos solicitados xa se poden recoller en Erica Mel e Apícola Carballal. En vindeiros correos informaremos sobre como facer o pedido dos tratamentos e sobre a porcentaxe definitiva de subvención que terán os materiais e tratamentos. A partir de outubro, cando ingresen a AGA a subvención, faremos a devolución do que lle corresponda a cada socio/a.

Recordamos a continuación algunhas cuestións importantes sobre estas axudas.

Ler máis

Moitas novidades e gran participación no Día do Apicultor

23 de febreiro de 2015

Centos de apicultores e apicultoras de toda Galicia acudiron o pasado 1 de febreiro a Arzúa para participar nunha xornada apícola marcada pola numerosa asistencia a pesar do frío e a neve.

Todos os espazos estiveron ateigados de xente dende primeira hora, tanto na nave da cooperativa Erica Mel coa venda de materiais apícolas como no Centro do Queixo e do Mel cos trámites administrativos e a venda do queixo de Arzúa, que tradicionalmente levan os asistentes á xornada. No local de veciños, situado nas proximidades, o cheo foi absoluto para escoitar as propostas de AGA para o 2015, dende o plan de control da Vespa Velutina ata a presentación de A Pinga, a nova imaxe da marca "Das Miñas Colmeas". 

Ler máis

Abella Lupa organiza un curso de apicultura ecolóxica

23 de febreiro de 2015

Abella Lupa organiza un curso de iniciación á apicultura ecolóxica durante dous fins de semana, 28 de febreiro e 1 de marzo e 7 e 8 de marzo. O curso será no Centro Cultural de Paraños (Covelo) e incluirá a visita ao Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum.

Organiza Abella Lupa SAT e colabora Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum.

Ler máis

Escola de Apicultura Online AG Pajuelo

18 de febreiro de 2015

A Escola de Apicultura Online de AG Pajuelo xa ten lista a programación de cursos para este 2015. Esta primavera haberá os seguintes cursos

Cartaz Pajuelo 2015

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

Charlas informativas sobre a Vespa Velutina

18 de febreiro de 2015

Durante os próximos meses AGA impartirá charlas informativas sobre a Vespa Velutina por toda Galicia. O obxectivo é informar sobre a ameaza ambiental que supón a presencia deste insecto nas nosas terras e ofrecer solucións para controlar os seus efectos no medio ambiente e nas abellas.

As charlas van dirixidas en xeral a todas as persoas interesadas e en particular a aquelas que practican a apicultura e queren poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. A entrada é de balde.

Ler máis

Axudas á incorporación de mozos/as á actividade agraria

26 de xaneiro de 2015

O pasado 23 de xaneiro saíu publicada no DOG nº 15 a orde das axudas para a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria para o 2015. O prazo para solicitalas remata o 23 de febreiro.

ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria

Ler máis

AGA reclama á Consellería de Medio Rural mais medios no plan de vixianza e control da Vespa Velutina

26 de xaneiro de 2015

O pasado luns 19 de xaneiro a Consellería de Medio Rural convocou ás asociacións apícolas de Galicia, entre as que estivo AGA e as delegacións de AGA Eume, Ferrolterra e Ortegal, para valorar o programa de vixilancia e control sobre avespa asiática levado a cabo no 2014 e planificar o do 2015.

Os representantes do sector apícola reclamaron mais medios e mellor organización dos mesmos debido a que consideran que a actuación no 2014 foi deficiente en moitos casos.

Ler máis

A Xunta distribuirá aos apicultores das zonas máis afectadas pola vespa velutina trampas e líquido atraínte

20 de xaneiro de 2015

O luns 19 de xaneiro a Consellería de Medio Rural convocou ás asociacións apícolas de Galicia, entre as que estivo AGA e as delegacións de AGA Eume, Ferrolterra e Ortegal, para valorar o programa de vixilancia e control sobre avespa asiática levado a cabo no 2014 e planificar o do 2015.

Entre as medidas novas para este ano está a distribución de trampas aos apicultores das zonas afectadas, especialmente na primavera e outono para atrapar o maior número de raíñas fundadoras.

Ler máis

Continuar coa prohibición de pesticidas en Europa

19 de xaneiro de 2015

Aínda hai autorizados máis de 300 produtos perigosos para as abellas. Grazas ás miles de firmas en toda Europa a favor das abellas e a presión de organizacións ecoloxistas e asociacións do sector apícola como AGA, xa son catro os insecticidas tóxicos prohibidos. Pero son prohibicións temporais e parciais e en España aínda están autorizados 319 produtos perigosos para as abellas. 

Salvemos a las abejas

Das accións de hoxe dependen as xeracións futuras de humanos e demais especies.

Asina para pedir ás autoridades españolas que protexan as abellas!

Ler máis

Últimos capítulos de "Apicultura na casa"

16 de xaneiro de 2015

CAPÍTULO 4 "ESTACIÓNS"

As abellas van moi apegadas ás estacións e por iso creímos convinte facer un capítulo que tratara este tema. Así que nos adentramos en cada estación falando de comportamentos e tarefas tanto das abellas como dos apicultores. 

Ver capítulo 4

CAPÍTULO 5 "O MEL"

Neste vídeo, último da serie "Apicultura na casa", mostramos o proceso de recollida do mel con todos os seus pasos fundamentais. Dende o momento idóneo para sacar os favos da colmea ata o proceso de extracción mediante centrifugado. Para iso, ademais das explicacións que nos dá Xesús Asorey (membro da Asociación Galega de Apicultura), contámolo con imaxes nas que se pode ver cada paso do proceso.

Ver capítulo 5

Ler máis

Reunión en Ortigueira para artellar un plan de control sobre a Vespa Velutina

16 de xaneiro de 2015

Concellos da costa norte de Galicia reuníronse en Ortigueira o pasado 14 de xaneiro con representantes de AGA Asociación Galega de Apicultura e outros colectivos para artellar un plan de control sobre a praga da Vespa Velutina. A Asociación Galega de Apicultura convocou esta reunión co obxecto de implicar á administración e outros colectivos afectados pola presenza da avespa asiática.

Ler máis

Axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios

16 de xaneiro de 2015

Acaba de saír publicada no DOG nº 9 do 15/01/15 a orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2015.

O prazo de solicitude remata o 16 de febreiro. A contía da axuda é ata o 50 % e por unha contía máxima de douscentos mil (200.000€) €.

Descargar orde.

Ler máis

Plan Apícola 2015

12 de xaneiro de 2015

A orde das axudas do Plan Apícola 2015 foi publicada o día 12 de xaneiro no DOGA nº 6. O prazo para solcitar estas axudas remata o 12 de febreiro.

Pódese descargar neste enlace: Plan Apícola 2015

Os apicultores/as poden obter os seguintes beneficios destas axudas:
1.- Ata o 80% dos custes do tratamento contra a varroa

2.- Ata o 50% dos custes de fondos sanitarios e das láminas de cera da cámara de cría, máximo 4 láminas por colmea.

3.- Ata o 50% dos custes do seguro. No ano 2014 non houbo esta subvención por non chegar os fondos, que son en total 400.000 € coma en anos anteriores.

4.- Os apicultores/as con máis de 50 colmeas que fagan transhumancia poden solicitar as axudas da liña C pola súa conta.

Ler máis

Día do Apicultor 2015 e Asemblea Xeral de AGA

Domingo, 1 de febreiro de 2015 en Arzúa

O Día do Apicultor será unha boa ocasión para coñecer e  participar activamente nas actividades de AGA para o 2015. Falaremos sobre a Vespa Velutina e haberá varios obradoiros prácticos.

De paso tamén poderedes realizar diversos trámites: renovar o seguro, facer as xestións do Plan Apícola e adquirir materiais apícolas. Ademais terá lugar a Asemblea Xeral de AGA.

Ler máis

Seguro de colmeas 2015

12 de xaneiro de 2015

Xa se pode solicitar ou renovar a póliza multirrisco do seguro que AGA ten contratada con Mapfre para os socios e socias. Ten un custe de 1€ / colmea e abarca responsablidade civil, defensa, roubo, incendio e vandalismo. 

A actual póliza caduca o día 7 de febreiro e lembramos que non se renova automáticamente, polo que é necesario comunicar en AGA o nº de colmeas e o nº de rexistro apícola, despois de ter actualizado o caderno na oficina agraria. Deberán asegurarse todas as colmeas que figuren no caderno apícola para que sexa válido. 

Recoméndase asegurar as colmeas xa que para roubos e incendios é a mellor opción agora mesmo. Se os fondos do Plan Apícola son suficientes, poderá ser subvencionado ao 50%.

 

Ler máis

Xornada apícola en Ribadeo

Xoves, 18 de decembro
Escola Pedro Murias - Vilaframil, Ribadeo (Lugo)
Horario: De 15.30 h. a 19 h.

A Asociación Galega de Apicultura e a Escola Pedro Murias de Ribadeo organizan esta xornada divulgativa sobre a apicultura e a situación da Vespa Velutina no norte de Lugo.

A xornada é aberta a tódalas persoas interesadas. 

Para mais información:
Tel. 981 508 142 / Email: aga@queixoemel.org

 

Ler máis

Actualidade apícola na xornada de Trasalba

05 de decembro de 2014

O pasado domingo 23 de novembro a Delegación de AGA Ourense convocou unha xuntanza na Fundación Otero Pedrayo de Trasalba para tratar varios asuntos de actualidade apícola, como a situación da Vespa Velutina e a recente publicación do Decreto de Produción Primaria.

Ata alí se achegaron unhas 80 persoas, socios e socias de AGA e outras persoas interesadas, así como os membros da delegación de AGA Ourense, para celebrar a asamblea da delegación, e o grupo de API-Emprendedor@s, convocado para finalizar o curso APIE e recibir os diplomas de participación.

Ler máis

Proxección e coloquio sobre a Vespa Velutina en Lugo


Martes, 2 de decembro de 2014 ás 20 h no Museo Provincial de Lugo

Organizado por ADEGA

O martes 2 de decembro, ADEGA proxectará no Museo Provincial de Lugo ás 20h o documental "A Vespa Asiática, unha ameaza ambiental", producido polo Concello de San Sadurniño, dentro do ciclo "A nosa terra, a nosa cultura".

Tras a proxección haberá unha charla-coloquio entre o público e as persoas convidadas especialistas na temática: Xesús Asorey, secretario técnico de AGA e membro de ADEGA e Isabel Goti, apicultora e técnica da Casa do Mel de Goente.

Ler máis

Xornada da Abella en Bravos (Ourol - Lugo)

Sábado, 13 de decembro de 2014 no Local Social de Bravos (Ourol - Lugo)

A asociación Aturuxeiros de Bravos en colaboración coa Casa do Mel de Goente organizan o vindeiro día 13 de decembro a "Xornada da Abella" no local social de Bravos, en Ourol (Lugo).

Ler máis

Finalizado o proxecto API-Emprendedor@s

27 de novembro de 2014

Dous anos despois de iniciado o curso API-Emprendedor@s dámolo por rematado despois da celebración do VII Congreso Apícola Hispánico o pasado mes de outubro.

O día 23 de novembro  de 2014, en Trasalba (Ourense), lugar onde botou a camiñar o proxecto e coincidindo cunha xornada apícola organizada pola DAGA Ourense, realizouse a última xornada do proxecto, coa presencia do grupo que participou durante estes dous anos no proxecto e ó cal se lle entregou un diploma de asistencia.

Ler máis

3º Capítulo de Apicultura na Casa

27 de novembro de 2014

Xa está publicado o 3º capítulo do documental "Apicultura na Casa", realizado por Helios Vega e Pablo Portela en colaboración con AGA.

CAPÍTULO 3: "COLMEAR"
Trátanse os aspectos e características principais dun colmear, asi como as ferramentas básicas e partes dunha colmena langstroth.  Tamén se trata a lexislación para asentar un apiario.

Ver capítulo 3

Ler máis

Erica Mel recibe o Premio "Abertos ao Galego"

28 de novembro de 2014

A Mesa pola Normalización Lingüistica concede o premio da 3ª edición de Abertos ao Galego á cooperativa Erica Mel.

A entrega dos premios terá lugar o 19 de decembro ás 19.00 h no Museo Provincial de Lugo. O acto será presentado pola actriz Iria Sobrado e contará coa actuación musical de Caxade

Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa para a dinamización do galego no ámbito empresarial, entregará o premio á Cooperativa Erica Mel, de Arzúa, polo seu compromiso coa lingua galega. Unha empresa que abriu camiño no seu sector e foi pioneira na etiquetaxe en galego.

Ler máis

O mercado do mel no informe sobre Alimentación en España 2014

27 de novembro de 2014

O pasado 25 de novembro presentouse a publicación do Informe sobre Producción, Industria, Distribución e Consumo de Alimentación en España correspondente ó 2014, realizado por Mercasa, no que se inclúe un apartado sobre o mercado do mel.

O estudio de Mercasa agrupa toda a información estadística e documental dispoñible e mais actualizada, sobre todos os eslabóns da cadea alimentaria, utilizando en cada caso as fontes estadísticas, públicas ou privadas, mais recoñecidas e fiables. 

Ver informe completo

Ler máis

Xornada Apícola en Trasalba

Domingo, 23 de novembro de 2014
Fundación Otero Pedrayo en Trasalba - Amoeiro (Ourense)

A delegación de AGA Ourense convoca este domingo 23 de novembro unha xornada apícola formativa sobre a Vespa Velutina e o novo Decreto de Produción Primaria na Fundación Otero Pedrayo de Trasalba.

Programa:

 Ás 11 h. Audiovisual sobre a vespa velutina e coloquio

 Ás 12 h. Etiquetado de produción primaria para o mel. 

 Ás 12,30 h.  Asamblea xeral da Delegación e entrega de diplomas do curso de Api-Emprendedor@s 

 Ás 13 h: Audiovisual  "A apicultura na casa"

A entrada a esta xornada apícola é gratuita e aberta a tódalas persoas interesadas.

Ler máis

Actividades das delegacións no mes de novembro

Xornada Apícola en Trasalba  - Amoeiro (Ourense)
Domingo, 23 de novembro

Organizado por DAGA Ourense, na Fundación Otero Pedrayo  en Trasalba  terá lugar una xornada apícola sobre a vespa velutina, o etiquetado de produción primaria, ademais de celebrar a Asemblea Xeral da Delegación.

Viaxe lúdico-formativa da DAGA Carballo á Casa do Mel
Sábado 15 de novembro

Organizada por DAGA Carballo, a xornada incluirá a visita á Casa do Mel, cunha demostración do tratamento e estampado da cera, o lago de As Pontes e o museo etnográfico de A Capela.

 

Ler máis

Accións para o control e coñecemento da Vespa Velutina

3 de novembro de 2014

O norte das provincias de A Coruña e Lugo é ata o momento a zona de Galicia mais afectada pola avespa asiática.

Por este motivo, as delegacións de AGA de As Pontes, Ferrolterra e Ortigueira reuníronse o pasado día 23 de setembro e acordaron unha serie de accións a levar a cabo, como a concentración abelleira diante da Xunta de Galicia en Ferrol o día 08 de outubro, a colaboración do entomólogo Luis Óscar Aguado Martín para coñecer mellor a este insecto e saber como controlalo e a realización dun vídeo sobre a vespa velutina que xa está dispoñible para visualizar neste enlace de Youtube: http://youtu.be/phtjLpnzgJI

Ademais, o venres 14 de novembro haberá unha mesa redonda sobre a velutina en Ortigueira, no Museo Ortegalia ás 19 horas.

 

Ler máis

Vídeo divulgativo sobre a avespa asiática

31 de outubro de 2014

A avespa asiática, unha ameaza ambiental

Documento audiovisual sobre a Vespa Velutina producido polo Concello de San Sadurniño en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura.

Ligazón de youtube para libre descarga e distribución:
http://youtu.be/phtjLpnzgJI

Ler máis

Mapa de detección de Vespa Velutina

30 de outubro de 2014

Mapa Vespa Velutina

Dende a web da Consellería do Medio Rural e do Mar pódese consultar o mapa de detección de niños de Vespa Velutina, actualizado cada semana e realizado en base ao operativo executado pola Xunta de Galicia no Programa de Vixilancia e Control.

Ligazón para consultar o mapa e o programa de vixilancia

Ler máis

Apicultura na casa, un documental sobre a apicultura galega

29 de outubro de 2014

Apicultura na casa

Documental sobre a apicultura galega realizado por Helios Vega e Pablo Portela coa colaboración de AGA Asociación Galega de Apicultura.

Xa están dispoñibles os primeiros 2 capítulos dos 5 que forman o documental, os restantes iranse publicando nas próximas semanas.

Ver Capítulo 1: Apicultura na casa 

Ver Capítulo 2:  Sociedade

 

Ler máis

Divulgación sobre abellas e avespas na Biblioteca Anxel Casal en Santiago

Durante o mes de outubro AGA Asociación Galega de Apicultura organiza unha serie de actividades sobre as abellas e as avespas na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela, co obxectivo de dar a coñecer a diversidade de meles monoflorais, a práctica apícola en Galicia e aprender a distinguir abellas, avespas autóctonas e a Vespa Velutina. 

Ler máis

Exposición Pintura Apícola

Título exposición: Pintura apícola

Duración: Do 14 ó 31 de outubro

Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Pública Anxel Casal - Santiago de Compostela

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura e Fundación Amigos de las Abejas

Descrición:

Exposición de pintura co tema central das abellas e a apicultura, formada polas obras premiadas e finalistas no III Concurso de Pintura Apícola e as premiadas en anteriores edicións do concurso, organizado pola Fundación Amigos de las Abejas.

Ler máis

Día da Abella e Día do Mel

Co motivo da reunión de museos apícolas convocada durante o VII Congreso Apícola Hispánico en Santiago de Compostela o día 5 de outubro de 2014, decídese instituir a celebración anual do "Día da Abella" a primeira fin de semana da primavera, no que se celebrarán accións comúns en tódolos centros asociados á rede de Museos Apícolas e que serán propostas por calquera dos miembros. Tamén se celebrará o Día do Mel en outono.

Ver a acta completa da reunión

Para mais información sobre a Rede de Museos Apícolas:

http://www.aulaapicolaazuqueca.com/

Ler máis

XXV Feira do Mel de Oleiros

9 de novembro de 2014 en Perillo - Oleiros (A Coruña)

A Feira do Mel de Oleiros, que terá lugar en Perillo (Oleiros) o domingo 9 de novembro, chega á súa vixésimoquinta edición e como tódolos anos contará coa presencia de Erica Mel, ademais de moitos outros postos de venta de mel e produtos apícolas procedentes de toda Galicia.

Ler máis

Decreto sobre Produción Primaria

13 de outubro de 2014
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Xa está publicado no DOGA do 30 de setembro o Decreto 125/2014 que regula a venda directa dos produtos primarios dende as explotacións á persoa consumidora final.
 
O decreto entrará en vigor a partir do 20 de outubro
 
 
Ler máis

Movilización abelleira pola Vespa Velutina

13 de outubro de 2014

Comunicado das delegacións de AGA en Ferrol, Eume e Ortigueira con motivo da convocatoria de concentración do pasado mércores 8 de outubro en Ferrol:

Ainda que as condicións metereolóxicas foron malas, un nutrido grupo de abelleiros (entre 60 é 70) nos xuntamos para zumbar e afumar... Entregamos de novo nosas xustas peticións á Xunta, nos fixemos oir e saimos nos medios de comunicación... 

Ler máis

ÉXITO DO VII CONGRESO APÍCOLA HISPÁNICO

 

09 de outubro de 2014

O VII Congreso Apícola Hispánico supera as expectativas de asistencia e marca unha nova etapa nos congresos apícolas en España.

Durante o pasado fin de semana o VII Congreso Apícola Hispánico, organizado pola Asociación Galega de Apicultura AGA e a Asociación para o Fomento dos Congresos Apícolas AFCA, baixo o título 'A apicultura, unha actividade multifuncional', congregou máis dun millar de participantes no IES Rosalía de Castro de Santiago.

 


 

 

 

 

 

Ler máis

Concentración abelleira: Esiximos medios para controlar a Vespa Velutina

Mércores 8 de outubro ás 10:30 h.

Edificio Administrativo Xunta de Ferrol (Praza de España)

¡Basta xa! A Vespa velutina non e un problema dos abelleiros, e un grave problema medio ambiental xurdido pola falta de control nas fronteiras e mal proceder das distintas administracións.  

Ler máis

VII Congreso Apícola Hispánico


O maior evento apícola do 2014 terá lugar en Santiago de Compostela

Programa completo e máis información na sección do congreso

3, 4 e 5 de outubro de 2014
IES Rosalía de Castro
Rúa San Clemente n.º 3 Santiago de Compostela

No mes de outubro celebrarase en Galicia un dos máis importantes eventos apícolas do ano. Contamos coa participación dun millar de visitantes, máis de 40 empresas e asociacións, ao redor de 80 relatorios científicos, varias mesas redondas, reunións de organizacións de toda España, concursos, arte, turismo... e moito máis. Unha ocasión única que pasará a formar parte da historia da apicultura hispánica.

A Asociación Galega de Apicultura e a Asociación para o Fomento dos Congresos Apícolas invítanos a asistir e participar nesta importante cita do sector apícola.  

Ler máis

Actividades das delegacións de AGA - Outubro 2014

 

DESPLAZAMENTO COLECTIVO Ó VII CONGRESO APÍCOLA HISPÁNICO

Sábado 4 de outubro dende Ourense e domingo 5 de outubro dende Ferrol

Organizado polas delegacións de AGA en Ourense, Ferrolterra, Eume e Ortigueira.

DAGA FERROLTERRA

XIV FEIRA DO MEL E DOS PRODUCTOS ECOLÓXICOS o domingo 12 de outubro no Recinto Feiral do Trece (Sedes - Narón) e as XORNADAS TÉCNICAS o martes 14, mércores 15 e xoves 16 de outubro ás 19 h. Parque Temático de Desenvolvimento Rural de Aldea Nova (Sedes- Naron). Mais información.

DAGA EUME

VI FEIRA DO QUEIXO DO EUME E MEL DE GOENTE o domingo 12 de outubro en Goente (As Pontes) e as XORNADAS APÍCOLAS DO EUME do 6 ó 11 de outubro na Casa do Mel de Goente (As Pontes). Mais información

 

 

Ler máis

Actividades da delegación Ferrolterra - Outubro 2014

A delegación de AGA en Ferrolterra organiza as seguintes actividades para o mes de outubro:

 

XIV FEIRA DO MEL E DOS PRODUCTOS ECOLÓXICOS
Domingo 12 de outubro
Recinto Feiral do Trece (Sedes - Narón)

XORNADAS TÉCNICAS

Martes 14, mércores 15 e xoves 16 de outubro ás 19 h.
Parque Temático de Desenvolvimento Rural de Aldea Nova (Sedes- Naron)

CARTA ENVIADA ÓS SOCIOS E SOCIAS DA DELEGACIÓN 

Descargar carta Ferrolterra Setembro 2014

Ler máis

Actividades da delegación Eume - Outubro 2014

A delegación de AGA Eume organiza as seguintes actividades para o mes de outubro:

VI FEIRA DO QUEIXO E DO MEL
Domingo 12 de outubro 
Goente (As Pontes)

XV XORNADAS APÍCOLAS DO EUME
Do 6 ó 11 de outubro 
Casa do Mel - Goente (As Pontes)

 

 

Ler máis

Xuntanzas informativas sobre a Vespa Asiática

20 de agosto de 2014

AGA convoca dúas XUNTANZAS ABELLEIRAS con motivo da preocupación existente entre o colectivo apícola pola presenza nos apiarios da vespa velutina nigrotorax, a avespa asiática.

TOMIÑO, día 22 de agosto ás 19,00 horas. Casa da Cultura, (Avda República Argentina).

VIVEIRO, día 29 de agosto ás 19,00 horas. Teatro Pastor Díaz

Ademais, durante o VII Congreso Apícola Hispánico, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro en Santiago de Compostela, haberá unha sesión especial o domingo 5 ás 11:00 h. adicada a vespa velutina con expertos da Cornisa Cantábrica, Galicia e de Francia, onde xa leva algúns anos presente.

Ler máis

Programa VII Congreso Apícola Hispánico

20 de agosto 2014

Xa está publicado un programa provisional no que se inclúe información detallada sobre a API-EXPO, o programa científico-técnico, mesas redondas, obradoiros e demais actividades. Descargar Avance de programa e mais información na sección do congreso.

 
Ler máis

Día da Abella 2014

O 14 de setembro organizamos por segundo ano consecutivo o DIA DA ABELLA en Maceda (Ourense). Haberá un montón de actividades para abelleiros/as e non abelleiros/as, para nenos e maiores. Este ano está adicado á CERA DAS ABELLAS. 

Ler máis

Adianto de programa VII Congreso Apícola Hispánico

30 de xullo de 2014

AGA vai ser a entidade organizadora do evento apícola máis importante que vai ter lugar en todo o Estado e tamén en Galicia, por isto convidamos a tódolos socios e socias de AGA a participar como unha ocasión única de asistir a un acontecemento apícola destas características.

Adiantamos a continuación algúns dos contidos que estamos preparando e lembramos que as persoas interesadas en inscribirse teñen ata o 31 de xullo para acollerse á tarifa reducida.

Ler máis

29ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA


Organiza AGA

Data: 7 de xuño de 2014

Lugar: Centro do Queixo e do Mel - Arzúa

Presentación

A 29ª Mostra vai ser unha das moitas actividades que AGA ten programadas para o ano 2014, pretendemos presentar novidades e insistir no control da varroa, vespa velutina etc.

Tamén imos aproveitar para dar a coñecer a novidosa tenda de apicultura que se está iniciando por parte da cooperativa Erica Mel.

As nosas abellas están padecendo moitos contratempos por mor dos pesticidas, cambio climático, chegada de novos parásitos...., pero ao mesmo tempo está de moda cultivar abellas, hai un forte incorporación de xente nova a esta actividade e tamén hai unha grande demanda dos extraordinarios produtos abelleiros por parte dos consumidores.

Tamén escomenza a conta atrás para a organización e participación no VII Congreso apícola hispánico que vai organizar AGA, os días 3,4,5 de outubro en Santiago de Compostela.

Durante a Mostra imos tratar estes e outros temas que nos afectan, vinde a compartir experiencias e a ser actores do grande  cambio que se está a dar no sector apícola galego.

Ler máis

Publicada a orde de axudas á apicultura 2014

 

14 de maio de 2014

Xa está publicada no DOG nº 91 do 14 de maio de 2014 a orde de axudas á apicultura do 2014. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación. 

Pódese descargar a publicación aquí

Ler máis

Curso: Emprendemento, innovación e diversificación no sector apícola

 

4, 5 e 6 de xuño - Arzúa

Universidade de Verán 2014

Organiza: USC Universidade de Santiago de Compostela e AGA Asociación Galega de Apicultura

Contidos: Curso de 24 horas de duración. Os obxectivos son capacitar e promover o aproveitamento de novos produtos da colmea que están a ser demandados amplamente no mercado nacional e internacional. 

Inscricións: A data límite é o 23 de maio e pódense facer na web da USC.

Ler máis

Greenpeace movilízase para SALVAR AS ABELLAS

08 de maio de 2014

Día Europeo Salvar as AbellasO sábado 10 de maio Greenpeace ten convocada o Día de Acción Europeo para Salvar as Abellas. Durante este día voluntarios e voluntarias de toda Europa sairán á rúa para pedir que se prohiban os praguicidas perigosos para as abellas e se desenvolva un plan de acción integral para protexelas. 

A organización ecoloxista publicou ademais o 08 de maio un informe titulado "Alimentos bajo amenaza" sobre o valor económico da polinización e a ameaza que supón o declive das abellas e outros polinizadores na producción de alimentos e na actividade agrícola.

Para mais información: http://www.greenpeace.org/espana/es

Ler máis

Nova tenda de apicultura Erica Mel


Esta primavera bota a camiñar unha novidosa tenda de apicultura na nave de Erica Mel en Arzúa.

Entre os novos produtos que ofrecemos están os fondos sanitarios pedidos recentemente de Grecia e o material para a produción de mel en panal de Irurtzun (Navarra). Os fondos, como o da imaxe, están feitos íntegramente en plástico, o cal alonga a duración e resistencia do produto, e levan reixa para a limpeza da varroa, que facilita ademais a respiración da colmea e evita a condensación de humidade.

Novo fondo sanitario

 

 

 

 

 

 

O material é só para persoas socias de AGA ou Erica Mel. Pódense enviar os pedidos a domicilio (no prezo non están incluidos os gastos de envío).

Para mais información contactar con no teléfono 981 508 142 ou email aga@queixoemel.org.  

Ler máis

Curso de colleita de pole e própole

 

AGA organiza un curso de Colleita de Pole e Própole dentro do programa de cursos de especialización do 2014. O curso terá lugar na Fundación Otero Pedrayo en Trasalba, Amoeiro (Ourense) o 15 de xuño.

Para inscribirse hai que enviar un email antes do 15 de maio a aga@queixoemel.org ou chamar por teléfono ó 981 508 142, facer o pago de 20 € no nº de conta de AGA indicando no concepo o nome da persoa e "Curso Pole e Própole" e traer o xustificante de pago ó curso para a súa comprobación.

 

Ler máis

Vídeos interesantes

28 de abril de 2014

Por que están a morrer as abellas?

Conferencia de Marla Spivak, experta en abellas. Gravación realizada en xuño de 2013.

Polinización: beleza escondida

Conferencia de Louie Schwartzberg, realizador. Gravación realizada en marzo de 2011.

Ler máis

Loita dende Europa contra a desaparición das abellas

 

14 de abril de 2014

Estamos asistindo estes días a unha enorme desaparición das abellas, na Provinvia de Ourense hai apicultores que sufriron esta desaparición por centos de colmeas. Sabemos que hai que prohibir os neonicotinoides e isto hai que facelo a nivel mundial.

Pero na Unión Europea tamén se poden facer moitas cousas. A primeira semana de abril foi a semana da abella no Parlamento Europeo, na que houbo conferencias sobre a saúde das abellas e se publicou este video pedindo a protección da abella: http://vimeo.com/homesanto/givebeesachance 

Podedes seguir as nosas actividades dentro do grupo de COEUR Coordinadora Europea de Apicultura na web http://bee-life.eu/ 

Ler máis

SOS Abejas - Campaña de Avaaz

11 de abril de 2014

Texto recollido de Avaaz, da campaña SOS Abejas que acaba de lanzar:

Miles de millones de abejas están muriendo provocando un holocausto ambiental que nos coloca al borde del precipicio. La mayoría de los científicos coinciden al señalar a los pesticidas como causantes de la masacre, pero las empresas que los producen están respondiendo financiando ciencia basura que les brinda a los políticos la excusa perfecta para no tomar medidas. Si suficientes de nosotros nos comprometemos podemos financiar un estudio científico independiente que ponga a las farmacéuticas contra las cuerdas.

https://secure.avaaz.org/es/before_the_bees_are_gone_dnr_loc/?fpla

Ler máis

Campaña de Greenpeace: Salvemos a las abejas

11 de abril de 2014

Texto da campaña de Greenpeace: Salvemos a las abejas

¿Te imaginas una primavera sin abejas?

La primavera ya está aquí y las abejas y otros polinizadores comienzan a despertar del letargo invernal. ¿Pero qué pasaría si no contásemos con las abejas y toda la labor que realizan? ¿Te imaginas una primavera sin mariposas, sin abejas, sin flores? Nosotros tampoco.

Y sin embargo, las poblaciones de abejas están desapareciendo. La agricultura industrializada y los plaguicidas tóxicos son dos de las principales causas que las amenazan.

Firma en este enlace y pide a las autoridades europeas que se prohíban los plaguicidas que las amenazan. ¡Salvemos a las abejas!

 

Ler máis

Orde de axudas á apicultura 2014

 

Pronto se vai a publicar a orde de axudas a apicultura para o 2014 por parte da Consellería de Medio Rural e do Mar. Coñecemos xa o borrador e comunicaremos a súa publicación no DOGA a través da web de AGA www.apiculturagalega.es e por correo electrónico. 

O importe total das axudas para o 2014 é de 400.000 €. que se repartirá nos seguintes conceptos e por esta orde, o cal quere decir que se se acaban os cartos nun dos concpetos xa non hai para o seguinte:

1º.- Axuda ata o 90% do custe: Tratamentos para a varroa (só para os que entregen fotocopias) e asesoramento e formación por medio do veterinario.

2º.- Axuda ata o 50% do custe: Cera, ata 4 láminas por colmea, fondos sanitarios e seguro de Responsabilidade Civil (só para os que entregen fotocopias) e técnico para formación e asesoramento técnico

3º.- Axuda ata o 70% do custe: Individualmente poderase solicitar axudas, para apicultores que fan transhumancia e teñen máis de 50 colmeas.

4º.- Axuda ata o 90% do custe: Formación, publicacións, etc.

Ler máis

ACTUALIZACIÓN DE DATOS

Debido aos cambios bancarios, hai que actualizar o número de conta (IBAN), que empeza coas letras ES seguidas de 2 cifras (que son novas) e 20 cifras máis. É moi importante que nos fagades chegar estes datos para poder cobrar a cota por domiciliación.

Para a actualización da base de datos de AGA necesitamos saber o nº do rexistro apícola e o nº de colmeas dos socios que non entregaron as fotocopias do caderno apícola.

Esta información pódese enviar por email a aga@queixoemel.org ou por teléfono ó 981 508 142.

Ler máis

Programa de formación AGA 2014

 

O programa de AGA para o 2014 ten como obxectivos principais continuar coa promoción de incorporación de novos abelleiros e abelleiras e a elaboración, diversificación e comercialización de produtos innovadores.

A formación consta de cursos de iniciación e de especialización, que terán lugar dende abril ata xuño do 2014 en diferentes lugares de Galicia. 

Ver a información completa do programa na sección de Cursos.

Ler máis

Actividades delegacións AGA

A delegación no Eume organiza varios cursos de formación para a primavera do 2014, dende iniciación a colleita de pole, sanidade apícola e cría de raíñas. As actividades son na Casa do Mel de Goente (As Pontes).

Na comarca de Ferrolterra, a delegación de AGA ofrece charlas técnicas e cursos de apicultura, reproducción apícola e procesado e laminado da cera. Ademais está levando a cabo un programa de información sobre a Vespa Velutina.

 

Ler máis

Outros cursos de apicultura

CURSO INICIACIÓN Á APICULTURA ECOLÓXICA

Organiza Abella Lupa. Covelo (Pontevedra). De marzo a xuño de 2014. 

O curso ten 16 horas de duración, en dous fins de semana, dende marzo ata xuño. Prezo: 65€. Inscricións en info@abellalupa.com.

DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL: INICIACIÓN Á APICULTURA

Organiza Sindicato Labrego Galego. A Estrada (Pontevedra) Domingos dende marzo ata outubro de 2014. 

O curso ten unha duración de nove días, un domingo ó mes dende marzo ata outubro. Inscricións no Sindicato Labrego Galego chamando ó telefono 986 573 232.

Mais información destes e outros cursos na sección de Cursos.

Ler máis

Actualización do caderno apícola

 

Lembramos dende AGA, a petición da Conselleraí de Medio Rural e do Mar, a obriga que os apicultores/as teñen de realizar a declaración censual da súa explotación. Esta declaración débese comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar antes do 1 de marzo do 2014, indicando a situación censual da explotación apícola a data 31 de decembro do ano anterior.

Este trámite pódese facer: de forma presencial na oficina agraria comarcal, a través de internet na Oficina Agraria Virtual ou por teléfono ó 012 do Centro de Información ao Cidadán da Xunta de Galicia.

Ler máis

NOTA DE PRENSA DE AGA - 17 de febreiro de 2014

AGA enviou ós medios de comunicación o 17 de febreiro de 2014 unha nota de prensa con información sobre os temas de actualidade da asociación: Día do Apicultor, Asemblea Xeral de AGA e Vespa Velutina. 

Ler máis

Gran participación no Día do Apicultor 2014

 

O sábado 8 de febreiro celebramos en Arzúa o Día do Apicultor, cunha masiva asistencia de apicultores e apicultoras. Arredor de 500 persoas seguiron e participaron con moito interese os catro obradoiros desenvoltos e a feira de material apícola. 

Tamén tivo lugar a Asemblea Xeral de AGA, que aprobou un amplio programa de actividades formativas para o ano 2014. Houbo renovación de directiva dando entrada a tres mulleres, formando así unha directiva paritaria que responde tamén ao forte incremento na incorporación de mulleres abelleiras a esta actividade.

 

Ler máis

OFERTA FORMATIVA APÍCOLA

Informamos de varios cursos que se ofrecen en diferentes lugares de España, online e presenciais. 

BOAS PRÁCTICAS EN SANIDADE APÍCOLA

Organiza: Pajuelo Consultores Apícolas

O MEL, COÑECEMENTO, PRODUCIÓN, ACONDICIONAMENTE PARA O CONSUMO E COMERCIALIZACIÓN

Organiza: Pajuelo Consultores Apícolas

PROXECTO CONXUNTO DE FORMACIÓN E AUTOEMPREGO NO SECTOR APÍCOLA

Organiza: Ecoflor S.L. y Consultora Apícola Dana Apis S.L.

CURSO-TALLER APITERAPIA

Organiza: Endemica Formación

Ler máis

Día do Apicultor 2014

8 de febreiro de 2014 no Centro do Queixo e do Mel - Arzúa

EMPRENDIMENTO, INNOVACIÓN E DIVERSIFICACIÓN

Este ano haberá moitas novidades no Día do Apicultor, no formato e nos contidos. Obradoiros e charlas mais dinámicos e participativos, adicados á diversificación e innovación apícola: o aproveitamento da apitoxina, a produción de pole e própole e a obtención de mel en seccións. Tamén daremos información importante sobre o control da Vespa Velutina.

Dia do Apicultor 2014

Presentaremos novidades en material apícola: fondos de rede mais completos e duradeiros, prácticos cazapole ou estampadoras de cera. Contaremos cos produtos de Macmel, a cera de Apícola Carballal e Angel Romero e outras novidades.

 

Ler máis

Axudas para a actividade agraria

ORDE do 30 de decembro de 2013 pola que se convocan para o ano 2014 as axudas para a actividade agraria, entre elas as de incorporación de mozos e mozas. DOG Nº 14, 22/01/2014. 

O prazo de solicitude remata o 22 de febreiro de 2014. 

Resumes das ordes de axudas:
http://www.agaca.coop/gl/axudas_listado.asp

Ler máis

VII Congreso Apícola Hispánico

Santiago de Compostela, 3, 4 e 5 de outubro de 2014

Lema: "A apicultura, unha actividade multifuncional"

Toda a información do VII Congreso Apícola Hispánico en: www.apiculturagalega.es/congreso/es

Ler máis

Novidades no seguro apícola 2014

Como tódolos anos AGA ofrece ós seus socios e socias a posibilidade de facer un seguro para as colmeas. As persoas interesadas xa o poden solicitar.

Este ano vai haber algunhas novidades na póliza. Teremos unha soa póliza multirrisco que abarca: responsablidade civil, defensa, roubo, incendio e vandalismo. 

O prezo será de 1 € por colmea e deberán asegurarse todas as colmeas que figuren no caderno apícola para que sexa válido.

Ler máis

Mercado de Nadal "Das Miñas Colmeas"

Cartaz Das Miñas Colmeas 2013

A Asociación Galega de Apicultura AGA, vai organizar o Mercado de Nadal con Produtos das Abellas en Santiago de Compostela, AREA CENTRAL.

Este orixinal evento apícola terá lugar o día 21 de decembro, en horario de 12 da mañá a 20 horas da tarde, e contará cun programa de actividades dirixido a grandes e pequenos, titulado APICULTURA EN FAMILIA.

Ler máis

Syngenta, Bayer e BASF nominadas ó premio á peor empresa do planeta

Os Public Eye Awards nomean cada ano á peor empresa do planeta. Na próxima edición do 2014 a Coordinadora Apícola Europea COEUR promoveu a candidatura de tres empresas fabricantes de pesticidas: Syngenta, Bayer e BASF.

Vota neste enlace á candidatura de Syngenta, Bayer e BASF ó premio do público como peor empresa do planeta.

Ler máis

Apicultura Ibérica, a nova revista de apicultura

Logo Apicultura IbéricaSilvia Cañas, experta e solvente profesional dedicada á comunicación en apicultura durante 25 anos, pon en marcha esta publicación construida a base de novas ideas e ferramentas para facer unha revista más cercana e práctica para o apicultor, ó mesmo tempo que se crea unha plataforma de divulgación e transmisión de ciencia e tecnoloxía ó servicio de investigadores e técnicos do sector.

Mais información en www.apiculturaiberica.com

Ler máis

Fai a súa vida un pouco mais doce

Cartel Mel de Galicia Xoguetes 2013

Fai a súa vida un pouco máis doce" campaña de recollida de xoguetes para os nenos e nenas sen recursos. 

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia fai un chamamento solidario para que este Nadal ningún neno nin nena se quede sen xoguetes.

Ler máis

Carta do COEUR: Pensade na abella!

Carta publicada polo COEUR - Coordinadora Europea de Apicultura con motivo do Congreso Apícola Europeo celebrado en Lovaina - Bélxica o 9, 10 e 11 de novembro de 2013. 

Para hoxe e para mañá,
Para unha agricultura intelixente:
Pensade na abella!


'Pensar na abella': mirar o mundo a través dos ollos dunha abella.
Iso cambiará a súa mirada sobre a natureza e o mundo. A abella, o ser vivo e a natureza en xeral son extraordinarios: adáptanse e auto-regúlanse para estar en equilibrio.

Ler máis

Comunicado de prensa CODACC

A Confederación en Defensa da abella na Cornisa Cantábrica, CODACC, publicou este comunicado de prensa coincidindo co V Encontro de Asociacións de Apicultura da Cornisa Cantábrica celebrado en Torrelavega o 19 de outubro de 2013.

EN FAVOR DE LA APICULTURA TRADICIONAL EN LA CORNISA CANTÁBRICA

07 novembro 2013

Con motivo de la celebración del V Encuentro de Asociaciones de Apicultores de la Cornisa Cantábrica, celebrado el 19 de octubre de 2013 en Torrelavega, los abajo firmantes quieren reivindicar el papel fundamental de la apicultura tradicional en la conservación del medio ambiente y en la producción agraria, denunciar la crisis por la que atraviesa y pedir que se tomen una serie de medidas que la reactiven.

Ler máis

XXV FEIRA DO MEL DE ORTEGAL

XXV FEIRA DO MEL DE ORTEGAL

O vindeiro 17 de novembro de 2013 vaise celebrar en Ortigueira a XXV Feira do Mel de Ortegal.

Cartel Feira do Mel Ortegal 2013

Ler máis

Documental "Peligro en la colmena"

Recomendamos a visión do documental "Peligro en la colmena" sobre a problemática da desaparición das abellas, emitido recentemente por RTVE.

Pódese ver no seguinte enlace: http://www.rtve.es/alacarta/videos/cronicas/cronicas-peligro-colmena/2127847

Ler máis

Avance de programa do Congreso Apícola Hispánico 2014

logo congreso 2013 galego

ORGANIZAN: AGA Asociación Galega de Apicultura e AFCA Asociación de Fomento de Congresos Apícolas

LUGAR E DATAS: IES Rosalía de Castro - Santiago de Compostela. Días 3, 4 e 5, venres, sábado e domingo de outubro de 2014

TEMA: A apicultura, unha actividade multifuncional

Ler máis

A Vespa Velutina no Congreso dos Deputados

O tema de actualidade no sector apícola da Vespa Velutina chegou ó Congreso dos Deputados.

A comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Natural aprobou unha proposición para instar ó Executivo a implantación dun plan nacional de medidas para combatir a invasión na Península Ibérica desta especie, o que supón unha grave ameaza para as abellas, principal fonte de alimento deste insecto.

Ler máis

XXIV Feira do Mel de Oleiros

 

Nova edición da Feira do Mel de Oleiros, que se celebrará no lugar de Perillo, o domingo 03 de novembro de 2013.

Cartel Feira Mel Oleiros 2013

Esta feira alcanza actualmente a súa vixésima cuarta edición e como cada ano reunirá unha multitude de xente chegada de diferentes puntos da provincia que se achegarán para disfrutar desta xornada e da variada oferta de meles que aportarán abelleiros e abelleiras de toda Galicia.

 

Mais información:
www.oleiros.org 
Tfno. Concello de Oleiros: 981 610 000 

Ler máis

Feira do Queixo e do Mel de Goente e Xornadas Apícolas do Eume

Cartel XIV Xornadas Apícolas do Eume 2013

XIV XORNADAS APÍCOLAS DO EUME

Do 6 ó 12 de outubro de 2013
Casa do Mel – Goente (As Pontes)

Durante toda a semana haberá charlas, obradoiros para escolares, catas de mel, concursos...

Organiza a Delegación de AGA -Eume.

V FEIRA DO QUEIXO E DO MEL

12 de outubro de 2013
Goente (As Pontes)

A celebración irá repleta de de actividades para as visitantes, dende a tradicional degustación de requeixo, mel e freixós, obradoiros para os pequenos e exposicións variadas.

 

Mais información:
Casa do Mel - Tel. 661 003 616
casadomelaspontes.blogspot.com

Ler máis

Erica Mel no Terractiva 2013

Arzúa, 5 e 6 de outubro de 2013

Erica Mel S.C.G. participa nesta nova edición do Terractiva, a Feira Ecolóxica de Arzúa. Estaremos cun posto de venta e información ó público no recinto feiral de Arzúa durante toda a fin de semana.

Mais información da feira en www.terractiva.org

Ler máis

XIII Feira do Mel de Narón e Xornadas Técnicas DAGA Ferrolterra

Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos 2013

 

XORNADAS TÉCNICAS APÍCOLAS

15, 17 e 19 de outubro de 2013

Biblioteca Municipal de Narón.

Tres días de charlas que tratarán temas como as tarefas apícolas ó longo do ano, a relación das abellas co medio ambiente, a vespa velutina e a flora de interese apícola.

XIII FEIRA DO MEL E DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS

13 de outubro de 2013
Recinto Feiral do Trece - Sedes (Narón)

Con degustacións de queixo, mel e pan ecolóxico e sorteo de 13 cestas de produtos ecolóxicos.

Mais información:

Delegación AGA Ferrolterra
Email: dagaferrol@hotmail.com

 

 

Ler máis

Vespa Velutina en Galicia

Vespa VelutinaXa temos noticia en da forte incidencia que está tendo a Vespa Velutina especialmente no norte de Lugo, nas zonas de Viveiro, Burela, Cervo... Tamén están saindo nos medios noticias de presencia da avispa asiática noutros puntos de Galicia, mais non están confirmados por AGA.

Pedímosvos ás persoas afectadas que chamedes a AGA para planificar alguna acción conxunta de defensa.

Ler máis

COLMEAS AFECTADAS POLOS INCENDIOS

Debido ó elevado número de incendios deste verán e especialmente ó que arrasou o Monte Pindo a semana pasada, solicitamos aos apicultores afectados que nolo comuniquen para coñecer as consecuencias dos lumes na apicultura galega.

Ler máis

Entrada de novos socios e socias en Erica Mel S.C.G.

Logo Erica Mel

 

Este ano as persoas interesadas en asociarse a Erica Mel poderán facer o pago do Capital Social en mel, entregando 180 Kg (equivalente ó valor de 520 €, capital social fixado por asemblea para entrar na cooperativa).  

Pedir información sen compromiso no teléfono 981 508 142.              

Ler máis

VIAXE DE AGA Ó II CONGRESO APÍCOLA EUROPEO

Congreso Apícola Europeo

 

 

 

 

 

 

 

AGA organiza esta viaxe con motivo do 2º Congreso Europeo Apícola, que terá lugar os días 9, 10 e 11 de novembro de 2013 en Lovaina (Bélxica).

As persoas interesadas en participar teñen que chamar ou enviar un email a AGA para anotarse.

O prezo variará en función do nº de participantes. As persoas que se anoten recibirán información dos prezos cun tempo de antelación para formalizar a inscrición.

Mais información do congreso en www.beecome.eu

 

Ler máis

V Feira Nacional Apícola de Cantabria

V Feira Nacional Apícola de Cantabria
Torrelavega (Cantabria) 19 e 20 de outubro de 2013

Cartel V Feria Apícola de Cantabria 2013

 

A Federación de Asociaciones de Apicultores de Cantabria organiza a quinta edición desta feira, na que haberá venta e exposición de material apícola, ciclo de conferencias, concursos, obradoiros...

No programa das xornadas está presente AGA, coa exposición de Xesús Asorey, Secretario Técnico de AGA, sobre o manexo das explotacións apícolas no Norte de España. Ademais, durante o Encontro de Asociacións de Apicultores, do que forma parte AGA., farase a presentación do VII Congreso Apícola Hispánico en Santiago de Compostela.

Ler máis

Viaxe a Apimondia 2013

13/09/13 A viaxe a Apimondia foir CANCELADA por falta de participantes.

Viaxe organizada con motivo do Congreso de Apimondia na cidade de Kiev (Ucrania), do 30 de setembro ó 4 de outubro.

A primeira proposta de viaxe, de 9 días de duración, foi cancelada. Na nova proposta reducíronse o número de días e acudirase directamente a Kiev para o congreso.

Os detalles da viaxe en "Ler mais" 

Organizado por Silvia Cañas: silviaapicultura@gmail.com / Tel. 626 781 701

Ler máis

Festa Abelleira na Casa do Mel

15 anos con AGA e 10 na Casa do Mel

01 de setembro na Casa do Mel (Goente - As Pontes)

Cartel Aniversario Casa do Mel e AGA Eume 2013

 

A Casa do Mel e a delegación AGA -Eume celebran o seu aniversario o vindeiro domingo 01 de setembro cunha Festa Abelleira.

Haberá exposición de traballos, charlas, degustacións e xantar. 

Ler máis

Día da Abella 2013

18 de agosto. Castelo de Maceda (Ourense)

Por primeira vez en Galicia, seguindo unha corrente mundial, o Concello de Maceda e AGA Asociación Galega de Apicultura organizan o DIA DA ABELLA en Maceda.

Cartel Día da Abella 2013

Ler máis

Varroa 2013

 

Na campaña da varroa deste ano o veterinario de AGA fará a rolda para facer as receitas e selar os libros, tal como figura no calendario enviado no Correo Apícola Verán 2013 (ver en ler mais).

Dado que a consellería este ano non vai a subministrar o produto como anos anteriores, AGA ofrecerá o tratamento a aqueles socios e socias que o soliciten e fagan o pago correspondente antes do 21 de xullo. O produto recollerase na rolda do veterinario.
Ler máis

Cría de raíñas na Mostra Galega de Apicultura

O día 1 de xuño en Arzúa, tivemos a oportunidade de ver en directo a cría de raíñas e a produción de xelea real da man de Yveline e Gilles Pradier...

Ler máis

Prohibición Neonicotinoides

A Comisión Europea acaba de decidir formalmente a prohibición dos 3 neonicotinoides tóxicos para as abellas. A partir do 1 de decembro entrará en vigor a restricción e revisarase como máximo nun prazo de dous anos.

Despois de 18 anos de dura loita, a Unión Europea ven de realizar unha votación trascendental para as nosas abellas, para a biodiversidade e para a cadea alimentaria.

Ler máis

Plan Apícola 2013 e tratamentos para a varroa

Está publicado o Plan Apícola 2013 no DOGA do 10 de maio.

Debido ao axustado do montante económico, non podemos continuar coa subvención aos materiais, a partires de agora os materiais serán a prezo de custe. Sen embargo gardade o albarán de compra xa que se se amplía o capital tal como insinnuan no DOGA procederíamos a devolver a parte correspondente.

Ler máis

Alta participación nos cursos de AGA

O programa de formación que está desenvolvendo AGA durante esta primavera está tendo moita participación, especialmente por parte de novas abelleiras e abelleiros que están comezando na apicultura.

Cría de Raiñas en Macmel - Portugal

 

Ler máis

Compra-venda de enxamios, programa Recambio e demanda de pole

Coa primavera comeza actividade apícola. Estes días de bo tempo está saíndo un elevado número de enxamios, polo que imos organizar dende AGA compras e vendas de enxamios. Comezamos tamén co Programa Recambio de AGA para o 2013, a través do cal socios e socias de AGA que xa non poden atender as explotacións poderán cedelas á xente nova que está comezando. E hai demanda de pole para vender a través da cooperativa Erica Mel, polo que quen teña produción ou queira comezar a producir que se poña en contacto coa cooperativa. 

Solicitamos ós socios e socias interesados nestas propostas que se poñan en contacto con AGA: 

Tel. 981 508 142  / Email: aga@queixoemel.org

Ler máis

Campaña de Greenpeace "Salvar as Abellas"

Greenpeace acaba publicar o informe "El declive de las abejas. Peligros para los polinizadores y la agricultura de Europa", unha revisión científica dos principais factores que están provocando o descenso das poboacións de abellas e outros polinizadores.

Con esta publicación lanzan oficialmente a campaña europea para Salvar as Abellas e para promover a agricultura ecolóxica.

Este é un momento crucial debido á próxima votación da proposta da Comisión Europea, probablemente a principios de maio, para a prohibición de tres neonicotinoides tóxicos para as abellas.

Ler máis

Cursos AGA 2013

AGA organiza durante os meses da primavera unha serie de cursos, conferencias, días de campo... Estas actividades terán lugar por toda Galicia. Consultar a programación na sección de Programación AGA - Cursos

Inscricións:

Todos os interesados e interesadas deberán inscribirse cunha semana de antelación á data de inicio de cada curso, sexan soci@s ou non de AGA. Isto pódese facer mediante e-mail ou teléfono, dando os datos e facendo mención ó curso que van asistir.

Teléfono 981 508 142 / Email: aga@queixoemel.org

Prezos:

A participación é gratuíta para soci@s de AGA e ten un custo 40 € para non soci@s. Están exentos de pago os veciños e veciñas dos concellos de Culleredo, Narón, San Sadurniño e As Pontes nos cursos que se desenvolvan nestas localidades. Tamén hai descontos para parad@s e menores de 20 anos.

Forma de pago:

As persoas non socias deberán aboar 40 € na conta de AGA e acudir ao local do curso co resguardo bancario de ter pagado. Nº Conta: 2080 0348 38 3000018210. Poñer en concepto: Curso AGA [Lugar do curso]

Tamén levaremos para a venda o libro TRATADO DE APICULTURA, o mellor libro apícola.

As persoas que queiran asociarse a AGA, a cuota é de 40 € ó ano e poden asociarse a través da web: www.apiculturagalega.es. Para consultas chamar por teléfono ou escribir un mail.

Ler máis

Votación para a prohibición dos pesticidas en Europa

Representantes dos gobernos da Unión Europea reuníronse hoxe 15 de marzo en Bruselas para decidir a prohibición temporal de tres praguicidas que afectan ás abellas, os neonicotinoides: imidacloprid, clotianidina e tiametoxan.

Votaron a favor da prohibición 13 países, entre eles España, probablemente gracias á presión social e das organizacións que defenden esta prohibición. Solo por un voto non se conseguiu a maioría necesaria, pero temos todavía algunha opción pois a Comisión pode presentar outra proposta ou remitila a un órgano superior. 

Hoxe é un día histórico para a loita contra os pesticidas. Non sabemos como vai continuar isto pero estamos moi cerca, hai que seguir empuxando. As abellas están a punto de triunfar.

Mais información: Comunicado de Greenpeace

Ler máis

Plan Apícola 2013

Para participar hai que ter as colmeas rexistradas, ter o caderno de explotación apícola ao día, ter as colmeas aseguradas, e ENVIAR AS FOTOCOPIAS COMPULSADAS antes do 20 de marzo á sede de AGA ó seguinte enderezo: AGA Feira Nova s/n 15819 Santa María – Arzúa (A Coruña)

A orde do Plan Apícola 2013 todavía non saíu publicada. En canto saia comunicarémolo e informaremos sobre os detalles.

Ler máis

Uso de pesticidas neonicotinoides e desaparición das abellas

Noticias relacionadas coa proposta de prohibición dos pesticidas neonicotinoides en Europa:

- Comunicado de AGA, por Suso Asorey

- Artigo de Lluis Torrente García de Ecologistas en Acción sobre a relación do uso de neonicotinoides e a desaparición das abellas. www.ecologistasenaccion.org.

- Nota de prensa de COAG, Greenpeace e Ecologistas en Acción sobre a petición da retirada dos neonicotinoides á Comisión Europea.

Ler máis

Día da Abella - Festa do Queixo - 03 de marzo 2013

Dia da Abella: O 3 de marzo celebraremos en Arzúa a vitoria das abellas sobre o praguicida «Cascade»

 

A Plataforma contra as fumigacións e por un futuro sen praguicidas, na que está integrada AGA Asociación Galega de Apicultura, ten o pracer de convidarvos a unha xornada festivo-reivindicativa cadrando coa Festa do Queixo do día 3 de marzo en Arzúa.

 

Ler máis

O Centro do Queixo e do Mel na Festa do Queixo

O CENTRO DO QUEIXO E DO MEL NA FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA 2013

 

Domingo, 03 de marzo 2013 no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel en Santa María, Arzúa.

Degustacións, visitas guiadas, obradoiros...

Visítanos!

 

Ler máis

Publicada a revista Abelleira nº 93

PUBLICADO UN NOVO NÚMERO DA REVISTA ABELLEIRA 

 

 

A revista Abelleira envíase ós socios e socias de forma gratuita.

O día 25 de febreiro comezarán a ser entregadas. 

 

Ler máis

Día do Apicultor 2013

 

16 de febreiro 2013 

Centro do Queixo e do Mel.

Arzúa – A Coruña

Organiza: Asociación Galega de Apicultura. AGA

 

Ler máis

Próximas actividades Delegación AGA Ferrolterra

Xornada técnica apícola e asemblea de DAGA Ferrolterra

Domingo, 17 de febreiro, ás 10:30 horas. No “Centro Comunitarío Integrado de Atención as Persoas Maiores” (enfrente ao Auditorio) do Concello de Narón.

Adquisición de material.

Compra conxunta de material dende a delegación.

Cursos do Círculo Gacela de Ferrol

Curso de agricultura ecolóxica, curso de elaboración de xabóns artesanais e curso de poda.

Ler máis

Programa de AGA 2013

OBXECTIVOS

· Promover a incorporación de novos abelleiros e abelleiras ao sector apícola e a AGA, con base á formación e ao programa "Recambio".

· Elaboración e comercialización de produtos innovadores polo grupo APIE, co fin de ter un maior valor para as nosas producións e promover a suba do prezo do mel e demáis produtos apícolas.

· Dentro do Plan apícola 2013, realizar un programa sanitario para o control da varroa, da vespa velutina e da loque americana.

· Dar todo tipo de servicios aos socios e socias de AGA

Ler máis

Nova publicación: Tratado de Apicultura

Tratado de Apicultura

O coñecemento e o coidado da abella, as técnicas apícolas e os produtos da colmea.

Autor: Henri Clément

 

 Á venda na sede de AGA, en xornadas, cursos e outras actividades. Consultar prezo e condicións.

 

Ler máis

Biolmiel - Concurso Internacional de Meles Ecolóxicos

BIOLITALIA, en colaboración co CRA Unità di Ricerca di Apicoltura e Bachicoltura de Bologna, co C.i.Bi. – Consorzio Italiano per il Biologico, organiza e promove BIOLMIEL, concurso para a selección dos mellores meles ecolóxicos do mundo.

Mais información en www.premiobiol.it

Ler máis

Lucus Mel 2012. Mercado de Nadal dos Produtos das Abellas

16 de decembro de 2012 na Praza de Abastos de Lugo.

Organiza: Api-Emprendedor@s de AGA

Colabora: Deputación de Lugo e Concello de Lugo

Participantes: poden participar os socios e socias de AGA que cumplan as bases de participación.

Prazo aberto de inscrición ata o 30 de novembro.

Ler máis

Actividades Casa do Mel Inverno

A Casa do Mel de Goente (As Pontes) ofrece diferentes cursos e obradoiros dende decembro de 2012 ata marzo de 2013:

Actividades Casa do Mel Inverno

 

Calidade do Mel

Elaboración de xabóns, champú e xel con produtos da colmea

Fruticultura

Elaboración de cestos de vimbio e de papel

 

 

 

 

Ler máis

Vídeos sobre a desaparición das abellas

 

"A desaparición das abellas" 
http://vimeo.com/49964757

 
"A Raíña do Sol. Que nos están decindo as abellas? http://vimeo.com/49745569#at=0
Ler máis

43º Congreso de Apimondia 2013

Está en marcha o 43º Congreso de Apimondia 2013 que terá lugar en Kiev, Ucrania do 29 de setembro ao 4 de outubro de 2013.

www.apimondia2013.com

Ler máis

Terractiva 2012

O Centro de Divulgación do Queixo e do Mel e a Cooperativa Erica Mel participarán nesta nova edición do Terractiva, a Feira Ecolóxica de Arzúa, que terá lugar os días 17 e 18 de novembro.

Mais información en www.terractiva.org

Ler máis

Correo Apícola Inverno 2012

Contidos:

- Vespa Velutina, un novo inimigo das abellas, xa chegou a Galicia

- Nova Delegación de AGA en Ourense. 18 de novembro na Fundación Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro, Ourense)

- Lucus Mel 2012. Mercado de Nadal dos produtos das abellas. 16 de decembro, Praza de Abastos de Lugo

- Cera 2013

- Seguro colmeas 2013

- Actividades apícolas novembro 2012

Ler máis

ABELLA LUPA RECIBE O 1º PREMIO POLA SÚA “CONTRIBUCIÓN SIGNIFICATIVA Á PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE” POLA RED EMPRENDEVERDE

 

Abella Lupa SAT vén de acadar o 1º premio do concurso da Red emprendeverde, convocado pola Fundación Biodiversidad (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente), dentro da mención especial: “contribución significativa á protección da biodiversidade.” Deste xeito o Ministerio recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da economía sostíbel.

Ler máis

XIII Feira do Mel de Oleiros

Data: 4 de novembro de 2012

Lugar: Mercado Municipal de Perillo (Oleiros)

Ler máis

A Vespa Velutina xa está en Galicia

Xa chegou a Galicia a vespa velutina ou avespón asiático, que xa levaba 6 anos en Francia donde se amosou moi agresiva coas abellas ata o punto de matar  colmeas enteiras. 

Ler máis

Feira da Eira da Xoana

Organiza a Eira da Xoana, de ADEGA.

28 de outubro de 2012, na Eira da Xoana (Ramil, Agolada).
Dende as 11:00 e durante todo o día.

Haberá postos de artesanía (cerámica, cestería, etc) e produtos da terra (queixos, mel, embutidos, hortalizas, etc), con algunha demostración sorpresa dos nosos artesáns.

Teremos xantar para gozar do día na Eira da Xoana (callos, polbo e outras viandas).Obradoiros e música.

 

Ler máis

Inauguración 1º Apiario Urbán de Galicia en Culleredo

 

Ler máis

Curso Iniciación á Apicultura

Ler máis

Xornadas de Apicultura e Feiras de Mel en outubro

Xornadas Apícolas do Eume
Do 08 ó 14 de outubro de 2012, Casa do Mel - Goente (As Pontes).

Xornadas Técnicas de AGA Ferrolterra.
25 e 30 de outubro - Aldea Nova (Sedes - Narón)

Feira do Queixo e do Mel
14 de outubro de 2012 - Goente (As Pontes)

Feria do Mel e Produtos Ecolóxicos
28 de outubro - Sedes - Narón

Ler máis

Desaparición das abellas

Este artigo de Noa Simón pon de manifesto cal é o autentico problema da desaparición das abellas que levamos máis de 15 anos padecendo aquí en Galicia.

INFORME EFSA: O IMPACTO DE PRAGUICIDAS NAS ABELLAS

Noa Simon, Coeur, Coordinación Europea de Apicultura

A axencia europea de seguridade alimentaria (EFSA) publicou a súa opinión científica sobre como debe ser avaliado o risco dos pesticidas sobre as abellas.esta minuciosa análise científica admite, finalmente, o que moitos reclamaron dende hai anos: que os pesticidas sistémicos, acusados de matar ás abellas e a vida silvestre a grande escala, non foron nunca avaliados de forma axeitada e,

Ler máis

Manifesto da plataforma contra as fumigacións

A plataforma contra as fumigacións, por un futuro sen pesticidas, foi creada na primavera do ano 2012 por medio cento de organizacións e colectivos varios, apicultores, ecoloxístas, labregos, consumidores etc.

Durante esta primavera desenvolveu unha ringleira de actividades tendentes a evitar que se fumigara desde o ar os nosos montes cun insecticida prohibido pola UE por tóxico para as abellas, para fauna das nosas auga e peligroso para a saúde das persoas... o cascade.

Recolléronse máis de 100.000 firmas, púxose unha denuncia ante o fiscal do medio ambiente, realizouse unha manifestación en santiago. O asunto levouse

Ler máis