+ 34 981 508 142

20 DE DECEMBRO: CONCENTRACIÓN E DEBATE NO PARLAMENTO SOBRE A VESPA VELUTINA

12 de decembro de 2017

O próximo mércores 20 de decembro, celebrarase o debate da proposición non de lei sobre a Vespa velutina presentada polos grupos parlamentarios a iniciativa da Plataforma Stop Velutina - Galicia.  Con motivo deste debate, a Plataforma convoca unha concentración diante do Parlamento ás 17 h na que participarán tódalas asociacións integrantes desta plataforma e animan a asistir a toda a cidadanía.

As voceiras da Plataforma, Laura García e Diego Sánchez rexistrarán mañá 13 de decembro esta iniciativa parlamentaria coa que pretenden chamar a atención da Xunta e o farán acompañados de tódo-los grupos parlamentarios da oposición, que presentaron xa unha similar a principio de mes co texto facilitado pola Plataforma Stop velutina.


Voltar