+ 34 981 508 142

31ª Mostra Galega de Apicultura

Sábado, 4 de xuño en Arzúa

A Vespa velutina é o asunto que máis preocupa ó sector apícola galego, especialmente agora que estamos ás portas do verán e xa está a ameaza enriba das nosas colmeas. O día 4 de xuño en Arzúa faremos un percorrido da man de diferentes persoas expertas para ver como é a situación actual desta praga en Galicia.

Pero como non todo son avespas na apicultura galega, a tarde comezará cunha charla sobre o sistema antirroubo de colmeas Centinela, pola empresa Biopyc e a continuación realizaremos unha proxección de fotografías sobre a historia de AGA e sobre a viaxe por Eslovenia que disfrutaron socios e socias de AGA o ano pasado. A continuación falaremos das posibilidades que ofrece o apiturismo, como un dos novos produtos apícolas, e presentaremos os produtos do concurso A Pinga, no que poden participar os socios e socias de AGA.

Durante todo o día haberá feira de material na que contaremos con Macmel, Apícola Regueira, Angel Romero, Apícola Carballal e Jesús Vizcaya, ademais do material da cooperativa Erica Mel.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA

Pola mañán:

Ás 10 h. Apertura de instalacións

De 11 a 13 h. A situación actual da Vespa velutina nigrithorax en Galicia

Ás 11 h. Valoración dos primeiros resultados e próximas actuacións do programa Stop Velutina de AGA e Universidade de Vigo. Por Sandra Rojas, coordinadora do programa Stop Velutina.

Ás 11.30 h. Protocolo de actuación contra a avespa asiática. Por Lolo Andrade, entomólogo e investigador.

Ás 12 h. Presentación das Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina, 1 e 2 de setembro en Lugo. Por Xesús Feás, investigador da USC e coordinador das xornadas.

Ás 12.15 h. Mesa redonda: A loita contra a Vespa velutina en Galicia. Participan: Xesús Asorey, técnico e portavoz de AGA, Gonzalo Calvo, veterinario de AGA, Sandra Rojas, coordinadora do programa Stop Velutina, Xesús Feás, coordinador Xornadas Internacionais e representantes das DAGAS.

Ás 13 h. Asemblea Xeral de Erica Mel.

Pola tarde:

Ás 16 h. Presentación do sistema antirroubo de colmeas "Centinela". Por Biopyc.

Ás 16.15 h. Proxección de fotografías: "Historia de AGA" e "Viaxe a Eslovenia"

Ás 16.30 h. Innovación nos produtos apícolas: O apiturismo

Proxecto de apiturismo de AGA. Por Paula Souto, técnica de AGA.

As posibilidades do apiturismo en Galicia. Por Lisette Zewuster, xornalista e guía de apiturismo.

Erasmus+ no Courel, proxecto de promoción do apiturismo. Por Marcos Ferro, coordinador do proxecto.

Ás 17.30 h. Presentación de produtos e entrega do premio do concurso de produtos "A Pinga"

Durante todo o día: De 10 h. a 18 h. Feira de material apícola na nave de Erica Mel


Voltar