+ 34 981 508 142

32ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA – 3 DE XUÑO EN ARZÚA

11 de maio de 2017

Atención: Anteriormente anunciouse a Mostra para o día 4 pero cambiouse para o 3 de xuño.

A 32ª Mostra pretende tratar os temas que máis afectan a  actividade apícola e ofrecer solucións prácticas ós problemas que causan. Falaremos de apiterapia e das súas aplicacións e amosaremos as últimas innovacións apícolas na feira de material. Teremos tamén un xantar abelleiro ó que vos animamos a participar e un espazo infantil para que traiades ós cativos da familia.

Programa

No Local da AAVV de Santa María:

Ás 10 h. A postura de Bee Life ante a nova PAC e os neonicotinoides, por Laura García, asesora xurídica de AGA.

Ás 10:30 h. Salvemos ás abellas, por Luis Ferreirim de Greenpeace.

Ás 11.30 h. Presentación da Plataforma Stop Velutina, por Laura García de AGA e Diego Sánchez de SLG, e presentación da Marcha Stop Velutina, por Paula Souto de AGA.

Ás 12 h. Conclusións do estudo da arpa eléctrica para a protección das colmeas fronte a Vespa velutina, polo GOI Grupo Operativo de Innovación de AGA.

Ás 13 h. Asemblea de Erica Mel.

Ás 14 h. Xantar abelleiro.  Na pulpeira de Santa María (ó lado das nosas instalacións). Reservas tel. 696 222 153 (ata o 31 de maio).

Ás 16.30 h. Obradoiros de construcción de arpas eléctricas contra a velutina (tres sesións de 30 min).  Todo o que precisas saber para facer a túa propia arpa. Por membros do GOI.

Na aula do Centro do Queixo, ás 17 h.: Obradoiro práctico de apiterapia, por José Castro, apiterapeuta. Se tes algún problema de saúde e queres saber se as abellas che poden axudar.

Na nave de Erica, durante todo o día: Feira de material e innovacións apícolas. Lyson, Anel, Apícola Carballal, Angel Romero, presentación da colmea termosolar por Celso Cadahía e Leona Rehakova e o método  Astiz de loita contra a velutina por José Mª Bello da DAGA Morrazo.

Na biblioteca do Centro do Queixo, de 10 a 14 h.: Espazo infantil  para os pequenos abelleiros e abelleiras.


Voltar