+ 34 981 508 142

5ª Semana Europea das Abellas e os Polinizadores no Parlamento Europeo

7 de xuño de 2016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Parlamento Europeo en Bruselas organiza a quinta edición da Semana Europea das Abellas e os Polinizadores, que se celebrará a semana do 13 ó 17 de xuño.

A Semana Europea das Abellas reúne ós representantes das institucións europeas e nacionais, representantes do sector apícola, agricultura, especialistas en sanidade animal, ONG, científicos de todos os campos relacionados coas abellas e a biodiversidade, para intercambiar puntos de vista, debatir sobre os retos actuais e formular recomendacións para dirixirse ós responsables políticos.

Na imaxe pódese contemplar a instalación da "Cidade das Abellas" ubicada na explanada diante do Parlamento Europeo con motivo da Semana das Abellas.

Máis información en http://www.beeweek.eu/

 


Voltar