+ 34 981 508 142

A MARCHA STOP VELUTINA NA FEIRA DE TORRELAVEGA

28 de xullo de 2017

O programa da Marcha Stop Velutina inclúe a asistencia o día 21 de outubro á Feira Nacional Apícola de Torrelavega, que organiza a Federación de Asociaciones de Apicultores de Cantabria (FAAC), e na que contamos coa presencia do presidente de Cantabria Miguel Angel Revilla. Será unha boa oportunidade para visitar esta feira, unha das máis importantes no norte da península, que contará cunha gran exposición de material con máis de 45 expositores nacionais e extranxeiros e un interesante ciclo de conferencias, entre as que de momento hai confirmadas a de Lolo Andrade (investigador experto en insectos y miembro de Protección Civil) titulada "Avespas, a súa diferencia, comportamento e métodos de control" e a do apicultor profesional Manuel Barquín que dará unha clase sobre manexo apícola. Máis información da Feira de Torrelavega.

E seguimos sumando colaboracións para levar a cabo esta marcha. A revista especializada no sector Apicultura Ibérica contribuirá facendo difusión da marcha. Lembramos tamén  que o prazo para inscribirse remata o 31 de xullo, é importante anotarse xa para asegurar a dispoñibilidade de aloxamento e conseguir un prezo máis económico, así que pregamos que vos anotedes canto antes. Máis información da Marcha. Para inscricións chamar a AGA ó teléfono 981 598 142 ou por email a info@apiculturagalega.es

 

Voltar