+ 34 981 508 142

A MARCHA STOP VELUTINA VAI SUMANDO COLABORACIÓNS

13 de xullo de 2017

A Marcha Stop Velutina que AGA organiza do 19 ó 23 de outubro e que percorrerá en tren a Cornixa Cantábrica precisa da colaboración e participación de todos e todas para acadar o seu obxectivo: a implicación das autoridades e concienciación social sobre o grave problema medioambiental que está causando a Vespa velutina.

Para iso estamos en contacto con asociacións e colectivos de diferentes sectores para que participen na marcha, tanto difundindo a iniciativa para que os seus integrantes se apunten á viaxe como aportando recursos, en diñeiro ou especies, co fin de axudar a que se poida levar a cabo. O Xardín Botánico de Xixón xa nos anunciou que ofrecerá de balde a visita ás súas instalacións, para colaborar con esta causa na que están moi implicados e a CODACC, Confederación en defensa da abella na Cornixa Cantábrica, comunicou recentemente que realizará tamén unha achega económica. Para a súa venda na Feira Nacional Apícola de Torrelavega, na que participaremos durante a viaxe, e obter fondos para cubrir gastos relacionados coa marcha, A Casa das Abellas de Abegondo donará 100 publicacións "Da Flor á Mesa" e AGA ofrecerá 100 mandiles e camisetas "A Pinga". Erica Mel poñerá 100 botes de mel para a venda na feira e tamén para que os participantes poidan endulzar almorzos e xantares durante a viaxe. O total recaudado nas vendas deste material será utilizado íntegramente para a realización da marcha e será publicado cando ésta remate.

Se coñeces algunha organización interesada en colaborar, mándalle a información sobre a Marcha Stop Velutina para que nos contacten e falar da forma na que poderán contribuír á causa.

Lembramos que para participar na Marcha Stop Velutina hai que anotarse antes do 31 de xullo, facendo un ingreso de 100 € na conta de AGA  ES09 2080 0300 8130 4557 1226 (ABANCA), indicando no concepto o nome da persoa e "Reserva Marcha Stop Velutina", e enviando o xustificante de pago xunto cos seguintes datos: nome, NIF, teléfono e email. En agosto enviaremos ás persoas inscritas o prezo definitivo, que estará entre 300 e 350 €, e o programa completo da viaxe, así como os prazos para facer o pago do importe restante. Se queres facer unha achega, pódese ingresar no mesmo nº de conta indicando no concepto o teu nome e "Achega Marcha Stop Velutina".

Programa provisional da viaxe

Para inscricións e máis información:

Tel. 981 508 142 / 630 069 637
Email: info@apiculturagalega.es
 


Voltar