+ 34 981 508 142

A PLATAFORMA STOP VELUTINA REXISTRA UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI NO PARLAMENTO DE GALICIA SOBRE A INVASIÓN DESTA ESPECIE INVASORA

11 de decembro de 2017

As voceiras da Plataforma Stop Velutina -Galicia, Laura García e Diego Sánchez rexistrarán o mércores día 13 de decembro esta iniciativa parlamentaria coa que pretenden chamar a atención da Xunta e o farán acompañados de todo-los grupos parlamentarios da oposición

Os propios grupos presentaron unha PNL similar a principio de mes co texto facilitado pola Plataforma Stop velutina

O camiño elixido é a inciativa parlamentaria xa que Plataforma pretende crear un debate no Parlamento de Galicia acerca desta grave situación, e do mesmo xeito, que a Cámara lexislativa inste á Xunta a poñer en marcha medidas efectivas para frear a expansión do insecto a través da súa función interpeladora.

O obxectivo é a realización dun repaso acerca da situación actual que está a provocar a Vespa velutina no medio ambiente e os graves efectos que ten sobre a apicultura e a froiticultura, algo que claman dende todo-los sectores afectados pola chegada deste insecto.

Levamos dende o 2012 coa velutina presente en Galicia, e en 5 anos consiguíu colonizar o 70% do territorio galego, levando consigo abellas e outros insectos, kilos de mel e froitas, varios sustos e o desgraciado acontecemento sucedido no Porriño o pasado mes de novembro.

A Vespa velutina é unha especie exótica invasora que está a provocar grandísimos danos no medio ambiente e na economía galega a unha grande velocidade, e esta expansión indica que compre tomar decisións rápidas e efectivas.

 

Ferramentas de control da especie

Os expertos aseguran que as mellores medidas de control poboacional pasan pola realización dun trampeo masivo de primavera que permita capturar futuras raíñas fundadoras e evitar así a aparición dos enormes niños secundarios no verán, e esta é unha das reivindicaciones que a Plataforma traslada hoxe á Cámara lexislativa. Xunto ó trampeo, a Plataforma esixe á Xunta o asino de convenios de colaboración coas universidades galegas a fin de continuar coa investigación e atopar así ferramentas de control biolóxico que permitan controlar a expansión nun longo prazo. Igualmente, solicitan á Xunta que diseñe e convoque un sistema de axudas directas que permita facer fronte ós gastos que ocasiona esta especie nas colmeas e frutáis.

"Os apicultores e apicultoras experimentan entre un 20-30% máis de custos asociados á velutina, e isto sen contar a perda de abellas e a perda correlativa nas colleitas de mel."

En último lugar, a Plataforma solicita a presenza dos sectores afectados nos organismos da Administración que se están a "encargar" o problema, a chamada Comisión de seguimento da que forman parte tres Consellerías e que actualmente parece non ser operativa.

"E fundamental que se escoite aos afectados e que estos poidan tamén facer propostas de xestión".

 

Os obxectivos

Con esta chamada de atención a Plataforma pretende que a Xunta finalmente aplique con seriedade as medidas do seu propio Protocolo (Protocolo de vixiancia e xestión fronte a avespa asiática. Xullo 2016)  e que no próximo ano 2018 a xestión da invasión conte cunha partida orzamentaria única, cousa que non ten en Galicia polo momento e que non sucede actualmente  noutras Comunidades afectadas pola Vespa velutina..

 

Unha chamada de atención tamén para o Ministerio

A Plataforma anuncia tamén que o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente ten tamén competencias de coordinación e financión das campañas de control da Vespa velutina.  Ata o momento as comunicacións entre a Plataforma e o MAPAMA non resultaron moi productivas pois éste declina a súa competencia en favor das Comunidades Autonómas aducindo que a execución dos programas constitúe unha competencia autonómica, sen embargo se acudimos á Estratexia deste mesmo Ministerio atopamos diversas materias donde o Ministerio ten moito que dicir.

A Plataforma anuncia neste senso a posibilidade de levar as súas demandas ó Congreso dos Deputados en Madrid seguindo o camiño que fixeron en Galicia se as súas demandas non son escoitadas e debidamente atendidas.

 


Voltar