+ 34 981 508 142

A SEMANA DA ABELLA NO PARLAMENTO EUROPEO

29 de xuño de 2017

Entre os días 26 e 28 de xuño o Parlamento Europeo acolleu a "Semana das Abellas" (Bee Week) un encontro no que participou a Coordinadora Apícola Europea Bee Life (da que AGA forma parte), a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), a COPA-COGECA entre outros 130 participantes de toda Europa e outros países do Mediterráneo.

 

O simposio científico foi organizado pola eurodiputada Mariya Gabriel baixo o lema deste ano "Abellas e biodiversidade, novas cooperacións" e ten como obxetivo abrir novas vías de cooperación entre apicultores e apicultoras, agricultores e outras partes interesadas tanto no campo como a nivel de política e ciencia.

Un dos obxectivos principais é a recopilación e análise de datos sobre a saúde das abellas na Unión, pero inclúe outras interesantes cuestións sobre apicultura como o obradoiro sobre "cidades amigas das abellas" e un foro de debate entre apicultores e agricultores.

O evento pechou co compromiso dun futuro lanzamento dunha asociación europea e o firme acordo de traballar xuntos. Contou coas intervencións de Antonio Tajani, Presidente do Parlamento Europeo, Pekka Pesonen, Secretario Xeral do Copa-Cogeca e Barbara Pesce Monteiro, Directora de ONU-PNUD en Bruselas.

https://www.bee-life.eu


Voltar