+ 34 981 508 142

A avespa asiática no Biofim 2015

9 de novembro de 2015

A avespa asiática será un dos temas presentes no Biofim 2015, que terá lugar o día 12 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. BIOFIM-Expoforum Noroeste é un encontro sobre temas de control de pragas, fitosanitarios e madeira organizado por AGACPRA Asociación Galega de Empresas de Control de Pragas.

 

Ás 11:30 h. Jesús Javier Oreja Fernández, xefe de Servicio Sanidade Animal da Xunta de Galicia, impartirá unha ponencia titulada "A avespa asiática. Programa de vixilancia e control da Vespa Veluntina en Galicia", á que lle seguirá unha mesa de debate na que estará presente Rafael Díaz, delegado de AGA en Ferrolterra.

A inscrición é gratuita pero é preciso anotarse a través da web do evento www.biofim.es.


Voltar