+ 34 981 508 142

A plataforma Fumigacións Non lanza a campaña: #LibresdeGlifosato. Chuvia de mocións para paralizar o uso de Glifosato en espazos públicos.

 

 

 

 

A acción #LibresDeGlifosato consiste en presentar mocións nos concellos para paralizar o uso de herbicidas con glifosato en todo tipo de lugares públicos. É  unha campaña lanzada dende FumigacionsNON.org.

O uso do glifosato ten potenciais efectos dañinos para a saúde humana e para o medio ambiente contaminando a terra e a auga. Tamén está relacionado na reducción da diversidade e cantidade de especies e afecta a seres vivos cruciais para a agricultura, como son os polinizadores, entre os cales están as abellas, disminuindo a diversidade e a oferta e calidade do alimento.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A plataforma Fumigacións Non, da que forma parte AGA, foi creada con motivo das fumigacións que se ían realizar sobre os ecualiptais galegos afectados pola praga do gorgullo cun produto altamente tóxico (principio activo Flufenoxuron, nome comercial Cascade) no ano 2012.  Esta campaña acadou o seu obxectivo e conseguiu paralizar as fumigacións. Nesta ocasión trátase do glifosato, un composto que aparece en moitas marcas comerciais de herbicidas que se están a usar de forma bastante común en lugares públicos para  realizar tarefas de mantemento, limpeza de malas herbas e prevención de  incendios. Tal como se acadou o obxectivo na primeira campaña, a plataforma aspira a facer o mesmo nesta ocasión coa colaboración da cidadanía.

 

Colabora e presenta a moción no teu concello

Dende AGA animamos ós socios e socias a colaborar nesta campaña para protexer a nosa saúde, a do medio ambiente e a das abellas. O obxectivo é que os concellos deixen de utilizar o glifosato e se declaren "Libres de Glifosato". Ti tamén podes pedir ao teu concello que deixe de usar glifosato en espazos públicos, presentando a moción no teu concello. A continuación explicamos cales son os pasos a seguir.

Descarga os documentos necesarios: MOCIÓN.pdf / MOCIÓN.doc

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se decides colaborar presentando a moción, comunícanolo en AGA para que teñamos coñecemento dos concellos onde se vai presentando e igualmente no caso de que se aprobe e o voso concellos sexa declarado "Libre de Glifosato".

Máis información sobre a campaña en fumigacionsnon.org

 

Máis información sobre o glifosato

Detectouse glifosato no aire, a chuvia e mesmo nos nosos corpos. É moi soluble en auga e persistente no chan. Contamina os acuíferos, é tóxico para a fauna acuática, os  animais domésticos ou o gando, e esparéxese sen control polo subsolo.

Existen estudos científicos que relacionan o uso do glifosato con afeccións e enfermidades. Entre os efectos adversos deste principio activo describíronse toxicidade subaguda e crónica, danos xenéticos, trastornos reprodutivos, aumento da frecuencia de anomalías  espermáticas, e carcinogénesis.

Ademais, cada preparado de herbicida que contén glifosato  vén acompañado doutras substancias que facilitan a súa absorción e que  multiplican a súa toxicidade. Entre estes ingredientes están o N-nitroso glifosato que, como outros compostos nitroxenados, é canceríxeno, e o formaldehido, outro carcinóxeno coñecido que se forma durante a descomposición do glifosato.

Recentemente a International Agency for Research on Cancer pertencente á Organización Mundial da Saúde incluíu como probables carcinóxeno a unha serie de pesticidas organofosfatados, entre eles o glifosato: http://monographs.iarc.fr/ENG/Classification/

Máis información e artigos sobre o glifosato en https://titanpad.com/glifosatoINFO

Este herbicida no selectivo de amplio espectro deixouse de usar en moitos municipios do estado español.  Países veciños como Francia estudan mesmo prohibir a súa venda a particulares.

– En Castela e León, recóllese a Solicitude do Procurador do Común de Castela e León á Consellaría de Medio e Fomento pola Desconformidade coa utilización do glifosato como herbicida na limpeza de estradas (Expediente 20131871)

https://www.procuradordelcomun.org/archivos/resoluciones/1_1404980841.pdf

–  A Deputación de Ávila evítao no tratamento de estradas situadas en  espazos naturais, a petición específica de decenas de concellos que non  utilizan herbicidas en ningún parque nin espazo público. Mesmo o  Concello de Las Navas del Marqués deixou de usar glifosato de xeito total polo "risco que supón para a saúde pública".

– Na Comunidade de Madrid decenas de municipios como o de Venturada ou o de Navalafuente non empregan glifosato en parques e xardíns ou zonas comúns,

https://libresdecontaminanteshormonales.wordpress.com/2015/04/14/un-modelo-a-seguir-para-eliminar-el-uso-de-glifosato-en-los-espacios-publicos

– Na Comunidade Canaria, os municipios de Buenavista, o Rosario, Los Tilos, El Tanque e Santiago do Teide xa se declararon municipios libres de herbicidas químicos.

– En Galicia concellos como Ames (A Coruña) ou Ponteareas (Pontevedra) declaráronse Libres de herbicidas químicos.

http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=13095&idioma=gl&sec=32

– Recentemente o pleno do Concello de Logroño aprobou a Moción sobre o uso do glifosato. http://linkis.com/cambialogrono.org/jUiDo

– En Xirivella (Valencia) retirouse o glifosato nos traballos de control de maleza. http://www.hortanoticias.com/la-concejalia-de-medio-ambiente-de-xirivella-retira-el-glifosato-en-los-trabajos-de-control-de-la-maleza-tras-el-aviso-de-la-oms


Voltar