+ 34 981 508 142

ABELLA LUPA RECIBE O 1º PREMIO POLA SÚA “CONTRIBUCIÓN SIGNIFICATIVA Á PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE” POLA RED EMPRENDEVERDE

 

ABELLA LUPA RECIBE O 1º PREMIO POLA SÚA “CONTRIBUCIÓN SIGNIFICATIVA Á PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE” POLA RED EMPRENDEVERDE

 Abella Lupa SAT vén de acadar o 1º premio do concurso da Red emprendeverde, convocado pola Fundación Biodiversidad (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente), dentro da mención especial: “contribución significativa á protección da biodiversidade.” Deste xeito o Ministerio recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da economía sostíbel.

Abella Lupa foi seleccionada de entre un total de 190 candidaturas a nivel estatal que optaban a 4 categorías de premios económicos. O acto de entrega de galardóns celebrado o pasado 31 de outubro na sede do MAGRAMA en Madrid, foi presidido polo ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete.

Abella Lupa é unha Sociedade Agraria de Transformación que nace cun dobre propósito: ser un proxecto destinado á produción ecolóxica de mel e á recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia. Asemade, incorpora ao mundo da apicultura un enfoque multidisciplinar, grazas á súa experiencia e formación profesionais en ámbitos como a bioloxía, a xestión forestal, a ecoloxía e a educación ambiental.

A Red emprendeverde, é unha rede especializada e integradora, cunha estrutura aberta á incorporación de emprendedor@s, inversor@s e interesad@s no emprendemento. Conta con máis de 3000 emprendedor@s e 45 inversor@s. É unha Rede para axudar a tod@s aqueles que queiran aproveitar as oportunidades económicas vinculadas á protección do medio ambiente.

Máis información:

http://www.redemprendeverde.es/pg/pages/view/24995/abella-lupa

http://www.redemprendeverde.es/pg/pages/view/25002/premiados-2012

http://www.efeverde.com/contenidos/noticias/unos-negocios-verdes-de-premio

http://www.magrama.gob.es/en/prensa/noticias/miguel-arias-ca%C3%B1ete-%E2%80%9Cespa%C3%B1a-no-va-a-dejar-escapar-el-tren-de-la-econom%C3%ADa-verde%E2%80%9D-/tcm7-230271-16

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.461734630544879.122816.268173466567664&type=1


Voltar