+ 34 981 508 142

AGA E O PROXECTO LIFE OSO PARDO

22 de febreiro de 2018

O pasado 20 de febreiro asinamos o convenio de colaboración coa Fundación Oso Pardo para protexer todos os colmeares da Serra do Courel con pastores eléctricos ante os ataques dos osos nas colmeas. Haberá charlas informativas para todos os apicultores e apicultoras, en especial para aqueles das zonas máis directamente afectadas. Estamos preparando ademais un programa de actividades divulgativas que se desenvolverán no Courel sobre este proxecto e que daremos a coñecer próximamente.

As actuacións desenvolveranse no marco do proxecto LIFE Oso Courel, no que a Fundación Osos Pardo é socia xunto coa Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Custodia do Territorio. O proxecto LIFE conta ademais co apoio da Fundación Biodiversidade.


Voltar