+ 34 981 508 142

AGA NAS XXI XORNADAS TÉCNICAS "EXPO MIEL 2017"

28 de novembro de 2017

O sábado 18 de novembro celebráronse en Córdoba as XXI Xornadas técnicas "Expo Miel 2017", un evento organizado polo sindicato agrario COAG -Unión de Agricultores e Gandeiros de Andalucía, xunto co Departamento de Medio Ambiente da Deputación de Córdoba e co apoio do Centro Andaluz de Apicultura da Universidade de Córdoba.

 

 

O evento abriu as súas portas o sábado ás 9 da mañá coa entrega da documentación e a inauguración destas XXI Xornadas apícolas da man dos seus organizadores.

En canto o seu contido, Expo Miel 2017 contou este ano con varias ponencias de diversos temas de actualidade apícola e tamén cunha mesa redonda sobre o ácaro varroa, da que formaron parte distinas persoalidades da administración dos distintos departamentos de sanidade animal; persoal da Subdirección Xeral de Sanidade Animal e Trazabilidade do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, tamén o Xefe de Servizo de Sanidade Animal do Departamento de Producción Agrícola e Gandeira e o resposanble rexional do sector apícola na COAG.

En canto ás ponencias, ademais do tema varroa tocáronse temas como o cultivo do almendro e a polinización entomófila, contratos de polinización con colmeas e algunhas outras sobre a recolección e comercialización do própole, como un dos produtos clave da colmea polos seus valores nutricionais.

A Asociación Galega de Apicultura foi convidada a participar nestas Xornadas cunha ponencia sobre o tártago asiático, que foi presentada pola súa asesora xurídica Laura García Sáez, que presentou unha ponencia sobre os aspectos legáis das especies exóticas invasoras --Vespa velutina, ademais de presentar a situación actual que vive Galicia como unha das rexións máis afectadas pola chegada deste insecto, expoñendo que métodos, ferramentas e camiños legais estamos a utilizar aquí para alcanzar a convivencia co tártago. 


Voltar