+ 34 981 508 142

AGA NO ACTO DE ENTREGA DE SINATURAS Á MINISTRA TEJERINA PARA A PROHIBICIÓN DOS PRAGUICIDAS

19 de maio de 2017

O pasado martes 16 de Maio a Asociación Galega de Apicultura trasladouse ata Madrid como unha das entidades que apoian a "Coalición Europea para salvar ás abellas", e apoiar así a entrega das 400.000 firmas recollidas por Greenpeace á Ministra de Medio Ambiente, Dña. Isabel García Tejerina, a favor da prohibición total no uso dos tres plaguicidas neonicotinoides (imidacloprid, clotianidina e tiametoxan) tan dañinos para as poboacións de polinizadores, para o medio ambiente e para a nosa saúde.

A Comisión Europea discutirá en Bruselas  a prohibición de tres praguicidas que poñen en risco as poboacións de insectos polinizadores. Nun principio o debate ía ser neste mes e acaban de comunicar que foi adiado ata seguramente o mes de xullo. España non parece ir a ese encontro cun espíritu moi proactivo, aínda que no 2013 apoiou a prohibición parcial do imidacloprid, a clotianidina e o tiametoxam. Por iso, Greenpeace entregou á ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, 400.000 sinaturas para recordarlle que a sociedade española exixe un papel claro na protección dos polinizadores como as abellas.

Comunicado de Greenpeace

 


Voltar