+ 34 981 508 142

AGA NO II CONGRESO NACIONAL SOBRE VESPA VELUTINA

10 de novembro 2017

Por Laura García Sáez -Asesora xurídica de AGA

Investigadores de todas as rexións de España e doutros países de Europa, científicos cos seus programas de investigación, empresas e profesionáis coas últimas novidades en control de plagas e outros técnicos do eido da apicultura deronse cita os pasados días 27 e 28 doutro en Villarcayo (Burgos) para expoñer os últimos avances no control do tártago de patas amarelas (Vespa velutina).

 

O Congreso

Os pasados días 27 e 28 doutubro tivo lugar na localidade burgalesa de Villarcayo o II Congreso Nacional de Apicultura cuxa temática xira principalmente sobre as últimas ferramentas de loita para deter o avance desta especie exótica invasora. A organización do evento foi a cargo da asociación "Avispa Asiática" coa colaboración do Concello de Villarcayo e varios patrocinadores axudaron na financiación das xornadas.  

Durante a celebración do Congreso os organizadores ofreceron un catering con productos locales para degustación de todos os asistentes.

Ademáis das ponencias os asistentes puideron tamén observar un niño activo do tártago de patas amarelas a través dunha hurna que permitía observar as velutinas durante os seus traballos.

Os modestos expositores contaban con información das empresas que alí se deron cita e podíase obter tamén información acerca da "Marcha Stop Velutina" pola Cornixa cantábrica celebrada uns días antes.

Resumen de ponencias

A apertura do Congreso corriu a cargo de Saúl Peña, membro da Asociación Avispa asiática e bombeiro profesional en Valladolid. Explicou o traballo que fai a súa asociación na formación do persoal encargado da retirada de niños e falou así mesmo dalgunhas cuestións a ter en conta nas retiradas que eles mesmos practican. Saúl P. destacou a importancia dos equipos de protección persoal (EPI) e presentou os distintos equipos utilizados nestas tarefas na súa zona.

As ponencias continuaron da man de Iñaki Extebeste, investigador do equipo Neiker, que presentou unha interesante metolodoxía de xestión do trampeo primaveral consistente na cartograía do territorio que delimita as zonas por cuadrículas en función das temperaturas e que sirve así para saber en qué momento se debe trampear en función da zona.

A seguinte ponencia tentaba ofrecer ós oíntes información relativa as aguilloadas de Vespa velutina dende un punto de vista sanitario. E así, Paola Manozzo --enfermera de atención primaria explicaba as distintas reaccións da picadura do tártago de patas amarelas e os tratamentos máis adecuados en función da sintomatoloxía e do paciente.

Chegou despois o turno das investigadoras do Páis Vasco, Sara Arcocha e Izaskun Pérez de Heredia.  Arcocha falounos do interesante órgano de Van der Vecht da Vespa velutina, presente en outros himenópteros e responsable da segregación da feromona de alarma que producen as velutinas ó picar e que invita as súas compañeiras a facer o mesmo.  Pola súa parte, Perez de Heredia comentou as ferramentas que axudan na difícil tarefa de distinción obreiras-raíñas desenvolvida nos laboratorios da Universidade do País vasco.

A intervención do representante de Quimunsa, Juan Carlos Ruíz, trouxo consigo o debate acerca da toxicidade e verdadera utilidade dos insectidas no control de plagas, sobre todo cando os oíntes preguntaban a Ruíz acerca dos posibles efectos adversos do uso do Etofenprox nas abellas e outros polinizadores.

Tamen Mar Leza Salord e Victor Colomar, investigadora e técnico respectivamente, contaron os avances das Illas Baleares donde aínda a presenza do tártago ou Vespa velutina é bastante débil. Malia disto consideran positivo continuar co seguimento da especie e expuxeron tamén distintos mecanismos de control que están a avaliar. 

No tocante as conferencias sobre metodoloxías e protocolos de retirada de niños, tivemos oportunidad de coñecer os seguintes avances moitos aínda en fase de proba:

_ A utilización de bolas de insecticida conxelado (diptrom, ikebana) para a inactivación dos niños de maior altura a través de disparos con pistolas de paintball. A cargo empresa "Asiaticwasball".

_ Metodoloxías de retirada en País Vasco: gracias ás exposicións dos bombeiros de Bizacaya e do equipo da empresa Basalán soubemos como se distribúe o traballo nesta rexión. Os Concellos encárganse de recibir os avisos e xestionalos e través dunha interesante aplicación informática; En función das áreas donde apareza o niño --urbanas ou rurais, e do perigo que encerre a súa retirada a competencia varía. Así, se a retirada supon unha situación de perigo (aparece en colexios, parques públicos) a competencia e dos equipos de bombeiros, mentras que no resto de casos actúa a empresa pública Basalán, explicaban Juan Durán e Itxaso Elordui.

Dende Galicia o apicultor e bombeiro forestal  Alberto López  relatou a súa experencia na loita contra esta especie exótica invasora e transmitíu a situación tan dramática que estamos a vivir en Galicia. Tamen interviña nesta mesma xornada a asesora xurídica de AGA, Laura García Sáez,  quen explicou os aspectos legáis que encerra a velutina e as obrigas que se derivan delas para as administracións. A súa conferencia extendeuse ós perigos ou ameazas que están a sufrir as abellas e demais polinizadores hoxe en día, polo que ademais de falar da velutina  García foi especialmente crítica coa utilización dos pesticidas neonicotinoides.

A investigadora da Universidade de Torino, Daniela Laorino, expuso os avances da plataforma europea de intercambio de información sobre a Vespa velutina, Velutina task-force, da que xa tiñamos coñecemento.  En canto á investigación no país veciño, cabe destacar as informacións que ofrecía a investigadora francesa Karine Monceaou, quen comentou o descubrimento dunha estructura cerebral singular nos machos do tártago asiático que permite recoñecer as hormonas sexuáis das raíñas de Vespa velutina, e explicaba que estas hormonas poderían ser utilizadas, nun hipotético caso, como atraínte de eses machos e evitar así a fecundación.

Os organizadores pecharon o Congreso e os ponentes e oíntes marchamos dalí coa sensación do aprendizaxe propio deste tipo de xuntanzas; avances na investigación, metodoloxías de loita contra á invasión do tártago, experiencias noutras Comunidades Autónomas afectadas.. unha interesante mestura de persoas dedicadas á defensa das abellas dende distintos ámbitos de estudo e traballo. Para o ano seguinte máis, coa esperanza de que o lema xa sexa "como conseguimos convivir coa Vespa velutina".


Voltar