+ 34 981 508 142

AGA PIDE EXPLICACIÓNS SOBRE AS FUMIGACIÓNS CON GLIFOSATO FEITAS NO MORRAZO POLA COMUNIDADE DE MONTES DE BELUSO

3 de agosto de 2017

A Asociación Galega de Apicultura, motivada pola demanda dun socio, cursou unha solicitude para obter información sobre as recentes fumigacións con glifosato producidas na zona do Morrazo, concretamente o día 11 de xullo pasadas as 08:00 h. da mañá na estrada PO 315 á altura do campo de fútbol de S. Amaro.

O escrito ía dirixido a Axencia Galega de Infraestructuras como entidade competente na xestión desta estrada, e máis ao Servizo de sanidade e producción vexetal, dependente da Consellería de Medio Rural, como entidade competente no control destas fumigacións. Na solicitude AGA preguntaba se a fumigación se axustaba aos requisitos e condicións establecidas no RD 1311/2012 de usos sostible dos productos fitosanitarios, e comunicaba á Xunta a existencia de varios colmeares preto do lugar mencionado que podían verse afectados polas fumigacións.

A prensa fíxose eco desta denuncia e con data 2 de agosto publicaron un artigo declarando que o Servizo Territorial de Pontevedra está a comprobar que a fumigación se fixera seguindo as instruccións que marca a lexislación sobre utilización de fitosanitarios. A Xunta declara tamén á prensa que a autora da fumigación é a Comunidad de Montes de Beluso. Ésta entidade afirma non ter coñecemento da existencia de colmeas preto dese lugar, e serán agora os apicultores quenes contacten coa mencionada Comunidade para trasladar os posibles danos e aclarar esta situación.

Non é a primeira vez que somos testigos da utilización deste herbicida calificado de "canceríxeno" pola Organización Mundial da Saúde entre outros organismos, e que cuio uso é actualmente obxecto de debate nas institucións europeas. A Asociación Galega de Apicultura postúlase en contra da utilización do glisosato e seguirá na loita para conseguir que o medio ambiente e a nosa saúde deixen de ser envelenados pola utilización destes productos.

Artigo publicado polo Faro de Vigo o 2/08/17:

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/08/02/xunta-niega-responsable-fumigacion-vial/1726764.html


Voltar