+ 34 981 508 142

AGA e concellos demandan máis medios e investigación para a Vespa Velutina

O día 28 de xullo, AGA solicitou unha reunión coa Consellería do Medio Rural e do Mar tal como se decidiu na xuntanza de Ortigueira polo problema da Vespa Velutina. Posteriormente houbo unha xuntanza de AGA cos representantes dos concellos afectados en San Sadurniño no mes de agosto. As críticas contra a actuación da Xunta e a demanda de máis medios e investigación para controlar a praga, foron as opinións maioritarias da reunión, na que participaron representantes de máis de 20 concellos e membros de AGA e as súas delegacións. Os asistentes acordaron realizar un documento, para ser aprobado polos 93 concellos de Galicia nos que está confirmada a presencia da praga e remitilo á Consellería de Medio Rural. O escrito está elaborado e enviado aos concellos para que o apoien, a día de hoxe a Consellería todavía non puxo data para esta reunión solicitada e a situación agravase a cada paso. 

Ante esta situación, dende AGA estamos plantexando a idea de convocar unha concentración-protesta diante da Consellería en Santiago, onde se lería o manifesto e se metería  por rexistro. Convocaríase e sector abelleiro e non abelleiro, a todas as persoas afectadas. A data da concentración, que podería ser a mediados de outubro, confirmarémola despois do día 22 de setembro, cando remata o prazo para que os concellos aproben a moción sobre a Velutina e en caso de que a Consellería non teña comunicado o día da reunión.

Retrasos e confusión

Hai abelleiros que nos chaman para decir que a empresa de recollida de niños non acude. Dende AGA estamos transmitindo estes incidentes á Consellería directamente e nalgúns casos estamos conseguindo que se acelere a retirada. Pero está sucedendo que algunha xente que nos comunica estes retrasos nunca chamaron ao 012, só chamaron ao 112, ou o niño non era de Velutina se non da Crabro.

Hai moita confusión, por iso recordamos que para casos de avespa asiática hai que chamar ó 012, que é un teléfono especial habilitado para avisos de Vespa Velutina, e non ó 112. Por outro lado, ofrecemos a posibilidade de confirmar se se trata ou non de Velutina poñéndovos primeiro en contacto con AGA e enviándonos unha foto para facer a primeira confirmación por email a info@apiculturagalega.es.

Probando novas medidas

Dende AGA e por parte de varios socios que de forma voluntaria están traballando neste tema, estamos estudiando a aplicación doutras medidas para reducir os efectos do actual aumento de velutinas. Primeiro hai que confirmar os resultados e despois farémolos públicos se se demostra a súa eficacia.


Voltar