+ 34 981 508 142

AGA pon en marcha un programa de control da Vespa Velutina con 52.000 € de recursos propios

16 de febreiro de 2016

Ante o avance extraordinario da Vespa velutina, AGA, Asociación Galega de Apicultura, pon en marcha un programa para o  control desta especie invasora que será presentando no Día do Apicultor en Arzúa o sábado 20 de febreiro.

Convidamos a todas as persoas interesadas a asistir á xuntanza para recibir información. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O programa consistirá por un lado en levar a cabo unha captura masiva de raíñas durante a primavera e por outro realizar un programa de investigación para desenvolver mellores e máis eficaces métodos de prevención e eliminación da avespa asiática.

Captura masiva de raíñas fundadoras

Participantes: 500 socios/as de AGA

Material: 3.000 trampas cos seus atraíntes.

Condicións de participación:

Ser socio/a de AGA e asistir á explicación do programa o Día do Apicultor ou nas xornadas que se convocarán a través das delegacións de AGA e recoller as trampas e atraíntes

Nº de trampas e atraíntes a recoller por socio/a:

1 trampa / 10 colmeas e 6 doses de atraínte / trampa

Período de colocación das trampas: De marzo a xuño

Renovación do atraínte:

Cada 2 semanas aprox.

Prezos:

As trampas e atraíntes serán costeados por AGA nun 75 % e polo socio/a nun 25 %. 

Trampas a 1 €
Atraínte monodose a 0,20 €
Atraínte en botella 100 doses a 9 €

Envío de información dos datos:

Os participantes no programa recibirán instruccións por email ou por teléfono para comunicar os datos.

 

Programa de investigación aplicada

Que nos permitirá diagnosticar os mellores métodos de captura e control da Vespa velutina co menor impacto posible sobre outros polinizadores.

Coordinará a nivel científico a Doutora Sandra Rojas Nossa da Universidade de Vigo, apicultora e socia de AGA e o equipo de traballo estará constituido por socios e socias das 11 delegacións comarcais, DAGAS, que se comprometerán a realizar os traballos de campo propostos no programa de control e cuxos datos serán tratados na Universidade de Vigo como entidade colaboradora, para ter conclusións da súa eficacia.

O programa e os seus contidos iranse actualizando e completando a través da web de AGA.

Máis información

Email: velutinaengalicia@hotmail.com
Tel.: 981 589 534


Voltar