+ 34 981 508 142

AGA reclama á Consellería de Medio Rural mais medios no plan de vixianza e control da Vespa Velutina

O pasado luns 19 de xaneiro a Consellería de Medio Rural convocou ás asociacións apícolas de Galicia, entre as que estivo AGA e as delegacións de AGA Eume, Ferrolterra e Ortegal, para valorar o programa de vixilancia e control sobre avespa asiática levado a cabo no 2014 e planificar o do 2015. Os representantes do sector apícola reclamaron mais medios e mellor organización dos mesmos debido a que consideran que a actuación no 2014 foi deficiente en moitos casos.

A esta convocatoria de reunión da Consellería asistiron a Directora Xeral da Produción Agropecuaria, o Subdirector  Xeral da Produción Agropecuaria. O Vicepresidente da FEGAMP e Alcalde de Cervo, apicultores da Agrupación Apícola de Galicia e de AGA Asociación Galega de Apicultura, coas delegacións de Eume, Ferrolterra e Ortigueira.

A Directora fixo un resume das actuacións  da Conselleria durante o ano 2014 bastante optimista cando o sector afectado considera que estas actuacións son manifestamente mellorables sobre todo polos servizos 012, que según eles mesmos, teñen unha falta de medios evidente xa que non actuaron en moitos casos.

Como novidade para este ano 2015, a Consellería ofreceu distribuir entre 1.400 e 1.500 trampas cos seus atraintes  para colocar nas proximidades dos apiarios, sobre todo no outono e na primavera para capturar raiñas.

O Alcalde de Cervo (FEGAMP) propón avaliar, con personal contraincendios, o sistema de queimar os niños con pertegas e antorchas ideado por abelleiros de Viveiro. A Consellería mostrase receptiva con este método.

A continuación tomaron a palabra distintos asistentes que insistiron en dotar de medios  ao servizo 012, con pertegas de máis metros para chegar aos niños(ata 20-25 metros) e poder usar insecticidas ou algún gas mortal para as vespas. Ao mesmo tempo o 012 tamén debe contar con outros medios ou con capacidade para coordinar distintas institucións que poidan colaborar na retirada de niños.

En principio a Consellería mostrase receptiva a facer campañas de información, pero sin alarmar a poboación.

Finalmente, propónse que desde Galicia,se poidan solicitar programas de investigación aplicada sobre a vespa velutina coas axudas do PLAN APICOLA, línea de investigación, xa que en Galicia nunca se fixo nada neste campo. Tamén se lle entregou a contestación da comisión europea sobre as axudas para investigación e medidas de desenvolvemento rural.

Desde AGA pensamos que hai que seguir presionando ata conquerir os medios necesarios para que o 012 poida retirar os niños sen que os abelleiros teñan que facer esta labor pondo en perigo a súa propia vida.

AGA vai elaborar un convenio tipo para firmar entre AGA e os Concellos afectados para establecer un programa de control e prevención que complemente as actuacións do servizo 012.


Voltar