+ 34 981 508 142

APORTACIÓNS PARA A MARCHA STOP VELUTINA

30 de xuño de 2017

Do 19 ó 23 de outubro AGA organizará a Marcha Stop Velutina dende Ferrol a Bilbao. O obxectivo principal desta iniciativa é chamar a atención sobre o problema da Vespa velutina para que a sociedade se implique e os gobernos actúen.

Polo tanto o que consigamos será en beneficio de toda a comunidade abelleira e é importante que participe o maior número de persoas posible. Así que animámosvos a participar sumándovos á marcha e se non podedes facer a viaxe tamén podedes contribuír a esta causa realizando unha aportación económica libre, a cantidade que cadaquén poida. Na viaxe teremos moitos gastos relacionados cos actos informativos e concentracións: folletos, cartaces, faixas e outros materiais, así que se todos e todas aportamos algo, será máis fácil acadar o noso obxectivo.

Nº de conta de AGA para aportacións: ES09 2080 0300 8130 4557 1226 (ABANCA), indicando no concepto o nome do socio/a e "Aportación Marcha Stop Velutina". Unha vez finalizada a marcha publicaremos o total recadado e os fins para o que foi utilizado.

SUBE Ó TREN É SUMATE Á MARCHA STOP VELUTINA!


Voltar