+ 34 981 508 142

AXUDAS AGROAMBIENTAIS PAC 2015

Para a apicultura hai unha liña de axudas. Sairá publicado no DOG próximamente pero xa está aberto o prazo para facer as solicitudes, dende o 1 de marzo ata o 15 de maio.

Quen pode solicitalas? Apicultores/as en ecolóxico  ou en convencional de municipios de  zonas de montaña que teñan un mínimo de 100 colmeas distribuídas polo menos en dous apiarios.

Compromisos

  • Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante cinco anos.
  • Os apiarios deberán estar afastados entre si polo menos un quilómetro.
  • Hai que ter unha entidade de aconsellamento, que pode ser onde se solicite a axuda.
  • Ser agricultor/a activo/a.

Importe da subvención

Para apicultores/as de zonas de montaña será de 12 € por colmea e en ecolóxico será de 30 € por colmea.

Como localizar unha entidade de aconsellamento?

Na web da Consellería do Medio Rural e do Mar: www.medioruralemar.xunta.es, sección do FOGGA, nas axudas da PAC 2015, buscar a relación de entidades de aconsellamento. Entre estas entidades, están os sindicatos agrarios, onde podedes dirixirvos para solicitar información.


Voltar