+ 34 981 508 142

Abellas e abelleiros no Festival de Xardíns de Allariz

25 de agosto de 2015

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O mundo das abellas estivo presente o pasado domingo no Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Foi a través da actividade que organizou AGA titulada "Unha pinga de mel" na que dun xeito lúdico tratamos de poñer en contacto ás abellas e ós abelleiros cos visitantes que alí se achegaron, a pesar do mal tempo, que dificultou moito a realización da actividade e fixo que tiveramos que recoller antes do previsto.

O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da presenza das abellas nos nosos campos e os grandes riscos que corre na actualidade esta especie.

Esta actividade foi realizada gracias á colaboración do Concello de Allariz e socios e socias da comarca, ós que AGA agradece a súa participación.

Ver máis imaxes da xornada


Voltar