+ 34 981 508 142

Abelleiros e abelleiras de AGA viaxan ó Parlamento Europeo para defender as abellas

11 de marzo de 2016

Abelleiros e abelleiras do norte de España reclaman no Parlamento Europeo protección para as abellas fronte a Vespa velutina e os pesticidas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha delegación de 60 abelleiros e abelleiras de diversas asociacións apícolas integradas na CODACC, entre as que estaban 17 socios e socias de AGA, participaron nunha xornada no Parlamento Europeo o pasado 3 de marzo en Bruselas.

Na xornada, titulada "AFRONTANDO RETOS PARA LA SUPERVIVENCIA DE LAS ABEJAS EN EUROPA" e organizada polo Grupo de Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), membros da CODACC, Confedereación pola Defensa da Abella na Cornisa Cantábrica, expuxeron as súas reivindacións sobre o problema da Vespa velutina, o impacto dos pesticidas neonicotinoides e as políticas de preservación das abellas en Europa.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lídia Senra, que deu comezo á xornada, lembrou que o problema da desaparición das abellas é unha loita de fai anos do sector apícola e destacou o efecto do cambio climático e da globalización como dous dos condicionantes que están a favorecer o desprazamento de especies foráneas cara outras latitudes, como acontece no caso do avespón asiática. As consecuencias deste problema afectan tanto á apicultura, como a agricultura e o medioambiente, e en xeral a toda a sociedade. 

Plans de loita contra a Vespa velutina

Na mesa adicada á Vespa velutina interviron Gilles Lanio, presidente do Sindicato de –Apicultores de Morbihan e da Union Nationale de l'Apiculture Française UFAF; Sandra Rojas, Doutora en Bioloxía e coordinadora do programa Stop Velutina de AGA; Carlos Peña de BAMEPE (Bizkaia) e Carlos Marín de FAPI (Asturias).

Gilles Lanio da UNAF aportou claves sobre as características da expansión da Vespa velutina e fixo fincapé na utilidade das trampas para atrapas ás raíñas, única medida que se demostrou eficaz en Francia durante os 10 anos que levan coa invasión do avespón asiático. A doutora en Bioloxía Sandra Rojas, socia de AGA e coordinadora do programa de investigación Stop Velutina, explicou en que consiste este programa promovido por AGA que levará a cabo durante o 2016. Carlos Peña Gómez, da asociación vasca BAMEPE destacou a reducción do número de abellas e outros insectos a causa da praga da velutina en Euskad e insistiu na importancia da coordinación na loita  e que é un erro centrar o problema no sector apícola, porque os danos non son só para a apicultura, é un problema de toda a sociedade. Para pechar a mesa, Carlos Marín, da Federación de Apicultores de Asturias (FAPI) recalcou que se require unha acción coordinada intercomunitaria, sendo prioritaria a investigación de feromonas. 

Impacto dos pesticidas neonicotinoides nas abellas

No bloque adicado ó impacto dos praguicidas interviron Noa Simón da coordinadora BeeLife Europa e Etienne Bruneau, director do Centro de Investigación CARI de Bélxica. 

Etienne Bruneau do CARI fixo un relato cronolóxico dende a aparición dos pesticidas na agricultura nos anos 90 ata a prohibición dun grupo dos neonicotinoides máis tóxicos acadada no 2013. Noa Simón da Coordinadora Apícola Europea Beelife, da que forma parte AGA explicou o traballo de realizado por Beelife sobre as deficientes metodoloxías para evaluar o risco dos pesticidas. A EFSA,  Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria, admitiu este feito e no 2013 creou unha nova guía, que no 2016 aínda está sen validez, según denuncia Beelife debido a un bloqueo político polo control que exerce a industria agroquímica

Mesa redonda: Políticas para preserver as abellas en Europa

A xornada finalizou coa mesa redonda "Políticas para preservar as abellas en Europa", que contou coa participación da Comisión Europea a través de Enmanuel Petel, da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural e Vujadin Kovacevic, da Dirección Xeral de Medio Ambiente, Xesús Asorey, portavoz de AGA e o presidente da CODACC, Carlos Valcuende. 

Enmanuel Petel e Vujadin Kovacevic, falaron sobre a política agraria da Unión Europea e a importancia do mantemento da biodiversidade para garantir o futuro das abellas e outros polinizadores, pero eludiron pronunciarse sobre medidas concretas en relación á problemática da Vespa velutina ou sobre o apoio ó sector da agroecoloxía en Europa. Xesús Asorey de AGA, enfatizou sobre a idea de que as abellas son indispensables e explicou como nos últimos 30 anos se viron ameazadas por diferentes causas xeradas pola actividade humana cunhas consecuencias terribles para a biodiversidade e a saúde.  Para pechar a xornada Carlos Valcuende da CODACC relatou o aumento imparable da Vespa velutina dende o 2012 en España e explicou que a CODACC decidiu ir ata Bruselas para facer unha proposta das medidas que a Unión Europea debería adoptar, insistindo na necesidade de declarar a invasión da Vespa velutina como praga.

Próximamente publicaremos un artigo con información máis detallada sobre os contidos da xornada.


Voltar