+ 34 981 508 142

Actividades da delegación Ferrolterra - Outubro 2014

 

 

XIV FEIRA DO MEL E DOS PRODUCTOS ECOLÓXICOS
Domingo 12 de outubro
Recinto Feiral do Trece (Sedes - Narón)

As condicións de participación serán idénticas ás do ano pasado. Todo membro da delegación que esté interesado en participar que contacte coa delegación. Tel: 661 378 960 Email: dagaferrol@hotmail.com

 

 

 

 

 

 

XORNADAS TÉCNICAS

Martes 14, mércores 15 e xoves 16 de outubro ás 19 h.
Parque Temático de Desenvolvimento Rural de Aldea Nova (Sedes- Naron)

Como xa vai sendo costume co galo da feira organizaremos tres xornadas técnicas. Aínda que os  tempos non son bos -para a obtención dos recursos económicos- como as nosas aladas amigas con constancia e esforzo conseguimos artellar algo que esperamos sexa do voso interese.

Martes, 14 de outubro.- FACTORES DA CALIDADE DO MEL, por Noelia Gabeiras Alonso, técnica responsable do laboratorio da "Casa do Mel" de Goente. Repaso dos parámetros e normas que definen a calidade do mel.

Mércores, 15 de outubro.- "ABELLAS E FRUTAIS, mutualismo ecológico perfecto". Equipo técnico da Asoc. Galega da Froita Autóctona e da Delegación Ferrolterra de AGA. Importancia da polinización sobor a biodiversidade e na fruticultura en particular. Posibilidades económicas que ofrecen de xeito conxunto.

Xoves, 16 de outubro.- "A VESPA VELUTINA NA NOSA TERRA". Equipo técnico da delegación Ferrolterra de AGA e apicultores de Cedeira. Coñecemento biolóxico e incidencia actual na apicultura e no medio ambiente en xeral. Métodos de control. Participación dos nosos compañeiros afectados de Cedeira e os seus métodos prácticos de control.

Mais información:
Tel: 661 378 960 Email: dagaferrol@hotmail.com

 

CARTA ENVIADA ÓS SOCIOS E SOCIAS DA DELEGACIÓN
Descargar carta Ferrolterra Setembro 2014


Voltar