+ 34 981 508 142

Actividades das delegacións de AGA - Outubro 2014

 

DESPLAZAMENTO COLECTIVO Ó VII CONGRESO APÍCOLA HISPÁNICO

Viaxe dende Ourense - Sábado 4 de outubro

Organizado pola Delegación de AGA en Ourense.

Saída ás 08:30 h. de Xinzo (Est. Autobuses) e ás 09:15 h. en Ourense (Est. Autobuses). ´

O prezo do autobús será costeado cos fondos propios da delegación. Para inscribirse chamar a  delegada de AGA en Ourense Susana González no teléfono 616 743 166 antes do 25 de setembro. As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar o autobús.

Viaxe dende Ferrol - Domingo 5 de outubro

Organizado polas delegacións de AGA en Ferrolterra, Eume e Ortigueira. 

Saída ás 8:30 horas da igrexa do Pilar de Ferrol. Transporte subvencionado ao 50% pola delegación. Prezo socios/as da delegación 5 € e non socios/as 10 €. As prazas reservaranse por data de entrada hasta cubrir a capacidade do autocar. Para reserva contactar coa delegación. Tel: 661 378 960 Email: dagaferrol@hotmail.com

 

DAGA FERROLTERRA

XIV FEIRA DO MEL E DOS PRODUCTOS ECOLÓXICOS o domingo 12 de outubro no Recinto Feiral do Trece (Sedes - Narón) e as XORNADAS TÉCNICAS o martes 14, mércores 15 e xoves 16 de outubro ás 19 h. Parque Temático de Desenvolvimento Rural de Aldea Nova (Sedes- Naron). Mais información.

 

DAGA EUME

VI FEIRA DO QUEIXO DO EUME E MEL DE GOENTE o domingo 12 de outubro en Goente (As Pontes) e as XORNADAS APÍCOLAS DO EUME do 6 ó 11 de outubro na Casa do Mel de Goente (As Pontes). Mais información

 


Voltar