+ 34 981 508 142

Actividades das delegacións no mes de novembro

Xornada Apícola en Trasalba  - Amoeiro (Ourense)
Domingo, 23 de novembro

Organizado por DAGA Ourense, na Fundación Otero Pedrayo  en Trasalba  terá lugar una xornada apícola co seguinte programa:

- Ás 11 h. Audiovisual sobre a vespa velutina e coloquio

- Ás 12 h. Etiquetado de produción primaria para o mel

- Ás 12,30 h.  Asamblea xeral da Delegación

- Ás 13 h: Audiovisual  "A apicultura na casa"

Viaxe lúdico-formativa da DAGA Carballo á Casa do Mel
Sábado 15 de novembro

Organizada por DAGA Carballo, a xornada incluirá a visita á Casa do Mel, cunha demostración do tratamento e estampado da cera, o lago de As Pontes e o museo etnográfico de A Capela.

A hora de saída é ás 10 h. dende o Pazo da Cultura de Carballo.

Para anotarse contactar antes do día 10 de novembro, contactar co delegado de AGA Francisco Graña no tel. 646 421 019 ou no email granapacov@yahoo.es


Voltar