+ 34 981 508 142

Actualización do caderno apícola

Lembramos dende AGA, a petición da Consellería de Medio Rural e do Mar, a obriga que os apicultores/as teñen de realizar a declaración censual da súa explotación. Esta declaración débese comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar antes do 1 de marzo do 2014, indicando a situación censual da explotación apícola a data 31 de decembro do ano anterior.

Este trámite pódese facer: 
 1. De forma presencial na oficina agraria comarcal
2. A través de internet na Oficina Agraria Virtual
3. Por teléfono ó 012 do Centro de Información ao Cidadán da Xunta de Galicia. 

Para cumprir este requisito os apicultores/as pódense achegar ás Oficinas Agrarias Comarcais correspondentes e cubrir o modelo de declaración ao efecto  ou ben facelo  a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) no enderezo de internet http://www.medioruralemar.xunta.es/institucional/oficina_virtual/oficina_virtual/ ou chamando ao teléfono 012 do Centro de Información ao Cidadán da Xunta de Galicia.

No caso de declaración non presencial, a través da OAV os apicultores deben dispoñer dun contrasinal de acceso que se lle pode facilitar nas Oficinas Agrarias Comarcais correspondentes.

Cómpre sinalar que ademais da importancia que a declaración censual ten a efectos dos datos de poboación apícola en Galicia e os repartos de axudas que a nivel estatal puideran existir, segundo a normativa vixente, a ausencia de declaración censual pode provocar a cualificación de oficio como explotación apícola inactiva, situación que transcorridos dous anos tras esta declaración de inactividade, pode dar lugar á baixa definitiva destas explotacións no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.


Voltar