+ 34 981 508 142

Adianto de programa VII Congreso Apícola Hispánico

AGA vai ser a entidade organizadora do evento apícola máis importante que vai ter lugar en todo o Estado e tamén en Galicia, por isto convidamos a tódolos socios e socias de AGA a participar como unha ocasión única de asistir a un acontecemento apícola destas características.

Adiantamos a continuación algúns dos contidos que estamos preparando e lembramos que as persoas interesadas en inscribirse teñen ata o 31 de xullo para acollerse á tarifa reducida.

 

 

Data e lugar:
3, 4 e 5 de outubro de 2014 no Instituto Rosalia de Castro de Santiago de Compostela.

Organiza: 
AGA Asociación Galega de Apicultura
AFCA Asociación para o Fomento de Congresos

Tema: 
A Apicultura, unha actividade multifuncional

Adianto de programa:

APIEXPO

Exposición didáctica sobre a apicultura no claustro do IES Rosalía e exposición comercial nunha carpa no patio do instituto, con firmas procedentes de España, Portugal, Grecia, Alemania, Francia, Eslovenia, Arxentina… Haberá tamén varias demostracións de maquinaria e técnicas apícolas.

PROGRAMA CIENTÍFICO

Amplio programa científico con 76 ponencias de toda a Península Ibérica e de varios países de América Latina.

OBRADOIROS

Desenvolveranse seis obradoiros sobre: elaboración de cervexa artesanal de mel, cría de raíñas, elaboración de alimentos para abellas, novas tecnoloxías en apicultura e elaboración de produtos de cosmética apícola.

MESAS REDONDAS

Interesantes mesas redondas sobre: 
A saúde das abellas e a saúde do planeta, con representantes europeos de Bee Life, veterinarios e outros profesionais.
O comercio do mel con representantes de diferentes estamentos no tema comercial.

CONCURSOS

Están convocados os seguintes concursos: Meles Monoflorais,  Api-Relatos,  Innovación e Pintura Apícola.

INSCRICIÓNS

Por medio da web de AGA, na sección do congreso: www.apiculturagalega.es/congreso

INFORMACIÓN

Toda a información destes puntos enumerados podedes atopalos na nosa web, na sección do congreso: www.apiculturagalega.es/congreso  e tamén na web da revista Apicultura Ibérica: www.apiculturaiberica.com

PROGRAMA DEFINITIVO

A principios de setembro as persoas inscritas recibirán o programa definitivo do congreso, cos horarios e toda a información necesaria.

VII Congreso Apícola Hispánico
www.apiculturagalega.es/
congreso

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Voltar