+ 34 981 508 142

Alerta sobre a posible falta de eficacia do Checkmite no tratamento contra a varroa

Recentemente a Bayer, empresa fabricante do tratamento contra a varroa Checkmite co principio activo cumafós, enviou un comunicado a apicultores/as e asociacións relativo ós  resultados dun estudio que amosa unha posible falta de sensibilidade do parásito ó fármaco. A empresa aconsella ós apicultores que utilizaran este produto que revisen as colmeas e no caso de comprobar que non tivera efecto, se aplique outro produto.

Ante esta información, AVESPA, Asociación de Veterinarios Especialistas en Sanidad e Produción Apícola, emitiu un comunicado esixindo a retirada do mercado do Checkmite, mentres non existan probas aclaratorias definitivas sobre a súa eficacia, e reclaman que se inicien as accións oportunas para compensar ós apicultores afectados por esta situación. Polo tanto, dende AVESPA non se aconsella o uso do Checkmite para o tratamento da varroase. 


Voltar