+ 34 981 508 142

Alta participación nos cursos de AGA

O programa de formación que está desenvolvendo AGA durante esta primavera está tendo moita participación, especialmente por parte de novas abelleiras e abelleiros que están comezando na apicultura.

Levamos xa cinco actividades realizadas con aproximadamente un total de 200 participantes, dos cales temos unha gran presencia de xente nova, que se está tamén asociando a AGA. Ademais dos moitos socios e socias que acuden a estas citas, é tamén importante a participación de persoas en situación de desemprego que ven unha interesante saída profesional no mundo apícola, ademais de aproveitar a ocasión de recibir formación durante ese tempo de inactividade laboral.

A demanda polos produtos apícolas está en aumento. Non solo o mel, tamén o pole e o própole están tendo unha saída comercial nestes momentos. E co aumento da actividade apícola, tamén hai demanda de material para os apicultores e apicultoras, o cal pode ser outra actividade complementaria á do traballo directo coas abellas.

Nos cursos de formación apícola de AGA, ademais de coñecer de perto ás nosas importantes abellas e contribuir á súa labor de coidado da natureza, os beneficios que se poden acadar son numerosos: dende obter unha producción de mel ou outros produtos apícolas para o propio consumo, practicando unha actividade de ocio en contacto coa natureza, ata obter uns ingresos extras e incluso chegar a atopar unha verdadeira saída profesional.

As posibilidades e ventaxas que ofrece a apicultura son múltiples. Dende AGA animamos a tódalas persoas con curiosidade polo mundo das abellas a participar nestas actividades: cursos, charlas, días de campo, etc. Todavía temos prazas dispoñibles nos cursos de Ourense, Ponteareas, As Pontes, Lugo e nos días de campo en Viana do Bolo e Covelo. 

Consulta a programa de cursos neste enlace.

 

 


Voltar