+ 34 981 508 142

As abellas non distinguen o néctar con neonicotinoides

As abellas non distinguen o néctar con neonicotinoides, pois o seu sentido do gusto non é capaz de detectalo e polo tanto non poden evitalo. O que é máis preocupante, incluso poden mostrar preferencias polo néctar contaminado. Isto supón un grave risco para as abellas e demostra o impacto devastador que ten nos polinizadores a presencia destes pesticidas nos campos.

Este é o preocupante resultado dun estudio realizado en abellas melíferas e abellóns por investigadores da Universidade de Newcastle en Reino Unido e o Trinity College de Dublín en Irlanda, que foi publicado recentemente na revista Nature.

Esta noticia foi publicada por moitos medios que máis que informar déronlle un carácter sensacionalista que non transmitiu a importancia real deste estudio. Por iso, recomendamos dende AGA seguir este tipo de noticias a través de medios de comunicación especializados con máis rigor informativo e divulgativo. A revista Apicultura Ibérica publicou tamén un artigo sobre este asunto do cal aconsellamos a súa lectura. Ver artigo de Apicultura Ibérica.


Voltar