+ 34 981 508 142

As abellas: un indicador para comprobar a saúde dos ecosistemas agrícolas

26 de maio de 2016

O pasado 21 de maio, con motivo da visita do Director Xeral da FAO José Graziano da Silva a Eslovenia, a organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura emitiu un comunicado no que insta a adoptar enfoques favorables ós polinizadores.

As abellas aportan unha contribución de valor inestimable á agricultura e son un indicador da saúde do medio ambiente, traballando sen descanso á vez que promoven e reflexan a diversidade biolóxica. "Un mundo sen polinizadores sería un mundo sen diversidade de alimentos, e a longo prazo, sen seguridade alimentaria" asegurou Graziano da Silva.

Na celebración do Día da Abella, Eslovenia  convidou a participar ó Director da FAO, para promover o 20 de maio como Día Mundial das Abellas, para o cal xa existe o apoio de propia FAO e de 53 estados da Conferencia Rexional Europea. Os próximos pasos pasan polos comités técnicos da FAO e a Conferencia de 2017. Será un paso concreto despois do acordo internacional sobre os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, o acordo sobre o clima e forma parte das metas da Axenda 2030.

Ver comunicado.


Voltar