+ 34 981 508 142

Avance de programa do Congreso Apícola Hispánico 2014

logo congreso galego 2013 mini

 

 

 

 

 

ORGANIZAN

AGA, Asociación Galega de Apicultura e AFCA,

 Asociación de Fomento de Congresos Apícolas

LUGAR E DATAS

IES Rosalía Castro. Santiago de Compostela. Días 3, 4 e 5, venres, sábado e domingo de Outubro de 2014

TEMA

A APICULTURA, UNHA ACTIVIDADE MULTIFUNCIONAL

OBXECTIVOS

Poñer en contacto científicos, técnicos, apicultores e público en xeral. Promocionar a apicultura como unha actividade multifuncional. Dar a coñecer os últimos avances científicos e tecnolóxicos en materia de apicultura. Tratar os problemas que afectan á profesión apícola, ás abellas e ao medio ambiente.

PROGRAMA CIENTÍFICO-TÉCNICO

O Programa científico-técnico do VII Congreso de Apicultura Hispánica, estruturouse en sete áreas e catro mesas redondas nas que se tratarán diversos estudos e avances científicos de grande importancia para o desenvolvemento deste sector. Este congreso ofrece unha magnífica oportunidade para dar a coñecer a ampla actividade desenvolvida polos apicultores, intercambiar opinións sobre a investigación que está a realizarse en apicultura, poñer en contacto científicos con técnicos e apicultores, coñecer a actividade que están desenvolvendo todos eles e intercambiar experiencias.

Todo elo co objectivo común de profundizar no coñecemento da abella e os seus produtos e intentar aportar solución e respostas á problemática que lles afecta.

ÁREAS

. BIOLOXÍA E COMPORTAMENTO DA ABELLA

. POLINIZACIÓN E FLORA APÍCOLA

. APITERAPIA E APIPUNTURA

. PRODUTOS APÍCOLAS

. SANIDADE APÍCOLA E SAÚDE DAS ABELLAS

. TECNOLOXÍA APÍCOLA E MANEXO DE COLMEAS

. ECONOMÍA, DESENVOLVEMENTO E PERCEPCIÓN SOCIAL

DESENVOLVEMENTO DO CONGRESO

VENRES, 3

Inauguración

Sesións científico-técnicas (A)

Mesas redondas:

. Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas. Cos Consellos Reguladores

. Influenza da globalización, cambio climático e a agricultura industrial na saúde das abellas. Con técnicos do sector apícola

SÁBADO, 4

Sesións científico-técnicas (B)

Mesas redondas

. A innovación e o emprendemento como motor do futuro desenvolvemento apícola. Con innovadores e api.emprendedores

. Fortalezas e debilidades no sector apícola español. Con organizacións do sector apícola

Seminarios

. Seleción e cría de abellas nais

. A calidade do mel

DOMINGO, 5

Obradoiros

. Obradoiro de elaboración de cervexa artesán con mel. Obradoiro de elaboración de xabrón con mel

Reunións

. Reunión de centros de visitantes e pequenos museos. Reunión de organizacións de abelleiros

Outras

Concursos. Innovacións. Concurso de meles. Pratos elaborados con mel


Voltar