+ 34 981 508 142

Axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas

12 de febreiro de 2016

ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 247 (29/12/2015)

Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2016 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias)

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1 Creación de empresas para os agricultores mozos.

– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

Prazo de solicitude da axuda

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de marzo 2016.

Descargar:

Resume da convocatoria

Publicación no DOGA

Norma complementaria


Voltar