+ 34 981 508 142

Boas novas para as abellas: a prohibición dos neonicotinoides está cerca

Unha das grandes batallas de AGA dende o ano 1994, a loita contra os neonicotinoides, cada día está máis cerca de chegar a un bo fin: a súa prohibición total. A Comisión Europea, que se reuniu a semana pasada para tratar a prohibición de tres praguicidas: imidacloprid, clotianidina e tiametoxam, para os que xa no 2013 se aprobou restrinxir o seu uso de forma temporal e parcial, ven de pedir a súa prohibición total exceptuando o uso en invernadoiros permanentes. Esto non é suficiente xa que en invernadoiros tamén siguen sendo perigosos, a prohibición ten que ser total e en todo o mundo polo perigosos que son para as abellas, o medio ambiente e as persoas, polo que hai que continuar presionando nesta recta final.

A Comisión xa dou o seu paso, agora son os Estados Membros os que teñen a última palabra para adoptar a proposta europea e convertila en lexislación. E isto pode ocurrir na próxima reunión do Comité Permanente o próximo 17 e 18 de maio. Durante o mes de marzo, Greenpeace lanzou a proposta de enviar unha carta á Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente Isabel Tejerina, na que se solicitaba o seu apoio na prohibición dos neonicotinoides así como a aplicación do documento guía elaborado pola EFSA sobre a avaliación do risco dos produtos fitosanitarios nas abellas. Esta carta foi asinada tamén por AGA e outras 60 organizacións. Neste enlace pódese ler o contido da carta e as organizacións interesadas poden todavía asinala: Carta aberta á Ministra Isabel Tejerina 

Beelife, Greenpeace e PAN-Europe propuxeron construir unha forte coalición que actúe tanto a nivel nacional como europeo, a Coalición Europea para Salvar as Abellas. As organizacións interesadas en unirse poden cubrir este formulario.

Os días 12 e 13 de abril AGA participará en París na asemblea de Bee Life, na que se tratará esta proposta e se elaborará a nova estratexia de loita, que se levará con optimismo e entusiasmo en vista das recentes informacións a favor da prohibilición.

Xa chegou a hora de eliminar os neonicotinoides dos nosos campos. A Unión Europea non pode eludir máis as conclusións dos seus propios organismos científicos e xa está ampliamente demostrado que non hai necesidade destes praguicidas para lograr unha boa e sobre todo saudable produción agrícola. 

Máis información:

Comunicado de prensa de Greenpeace 24/03/2017

Comunicado de prensa Beelife 24/03/17


Voltar