+ 34 981 508 142

CARTA Á MINISTRA TEJERINA PARA PROHIBIR OS NEONICOTINOIDES

24 de abril de 2018

Máis de 110 entidades nacionais e internacionais piden á ministra Tejerina que apoie a prohibición de tres insecticidas perigosos para as abellas

- O vindeiro venres 27 de abril a Unión Europea vota finalmente a proposta de prohibición de tres insecticidas neonicotinoides.

- A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria confirmou o pasado mes de febreiro a peligrosidade para as abellas destes tres insecticidas 

- España forma parte desde 2016 da Coalición para a Conservación dos Polinizadores e en 2013 apoiou a prohibición parcial dos neonicotinoides

- Un panel científico internacional revela alternativas sostibles aos neonicotinoides para o control de pragas

Máis de 110 entidades nacionais e internacionais (entre elas, de varios países da Unión Europea) enviaron onte unha carta aberta á ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, na que solicitan o respaldo de España ás propostas da Comisión Europea para ampliar as restriccións a tres insecticidas neonicotinoides (clotianidina, imidacloprid e tiametoxam) na votación que terá lugar en Bruxelas este próximo venres 27 de abril. 

O pasado 28 de febreiro, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA, polas súas siglas en inglés) confirmou a peligrosidade para as abellas destes tres insecticidas ampliamente utilizados. Tras revisar máis de 1.500 estudos científicos sobre o imidacloprid, a clotianidina e o tiametoxam, a EFSA corroborou que estas sustancias químicas representan un alto risco para as abellas e que as restriccións da Unión Europea impostas en 2013, e apoiadas por España, son insuficientes para controlar estes riscos.

Fai máis dun ano, en marzo de 2017, a Comisión Europea propuxo a ampliación da prohibición dos tres insecticidas, excepto cando se usan en invernaderos. Algúns gobernos nacionais -entre eles, España-, solicitaron en decembro de 2017 esperar ás conclusións da EFSA para definir a súa posición, pese a que moitos xa entón manifestaran o seu apoio ás propostas da Comisión. Recentemente, Alemania e Austria fixeron público o seu respaldo a estas propostas.

O Goberno español ten nesta votación unha oportunidade única para demostrar o seu compromiso real coa protección das abellas e outros polinizadores, trala súa adhesión á Coalición Para a Conservación dos Polinizadores durante a Conferencia das Partes (COP) sobre Biodiversidade en decembro de 2016 e despois de que en 2013 apoiase a prohibición parcial dos neonicotinoides. 

Actualmente existe unha crecente dúbida sobre os beneficios dos neonicotinoides no control de pragas. Unha investigación recente do Grupo de Traballo sobre Praguicidas Sistémicos, un panel científico internacional, suxire que os neonicotinoides non son tan efectivos como disuasivos de pragas como se pensaba e asegura que poden ser reemplazados por alternativas sostibles.

Listado de entidades asinantes:

A.D.A.P.A.S.; Abella Lupa SAT; ACAF - Associació Catalana d'Afectades i Afectats de Fibromiàlgia i d'altres SSC; ADEGA-Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza; ADSG Apícola de Cantabria; AGRUPACIÓN APÍCOLA DE GALICIA; Amigos de la Tierra; ANSE; APAEX (Asociación Profesional de Apicultores Extremeños); Apiads. Agrupación Defensa Sanitaria Apícola; APICAM (Asoc. de apicultores Campurrianos); APICOLA CASTILLA,S.L; Apicultors Ecològics Associats; Apicultura Ibérica; Apiscam; ArnhemZOemt; ASABIM Asociación Agricultores Biológicos Región Murcia; ASAPIBUR; ASOCIACIÓN AFIGRANCA - Asociación de Fibromialgia de Gran Canaria; Asociación agroecologica Ekogrillo; Asociación Agroecologica y cultural la Alegría de la huerta; Asociación Apicultura de Andalucía; ASOCIACIÓN BEE GARDEN; Asociación Canaria de Entidades de Caza (ACEC); Asociación Casina Apicultores; Asociación Cultural Medioambiental JARA; Asociación de agricultura ecológica Tierra Fértil; ASOCIACIÓN DE CAZADORES Y PESCADORES IPAR OREIN; ASOCIACIÓN ECOCOLMENA ESPAÑA; ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE APICULTORES; Asociación Galega de Apicultura AGA; Asociación Leonesa de Apicultores; Asociación Medioambiental O-Live; ASOCIACIÓN REDMONTAÑAS; Asociación Reforesta; Asociación socio cultural La Simiente de Lebrija; Asociación Vida Sana; Associació Apquira; Associació Balear d'Entitats de Caça; Associació Mediambiental Vall del Ges.Net; Avaaz; BIOMASA PENINSULAR S.A.; Brinzal; Campo de Energía de la Economía del Bien Común de Málaga; COAG Comunidad Valenciana; Confederación en Defensa de la Abeja en la Cornisa Cantábrica; CONSEJO REGULADOR DE LA INDICACIÓN GEOGRÁFICA PROTEGIDA MIEL DE GALICIA; Consultora Apícola URZAPA; Coto Roig; Ecologistas en Acción; Ecotribu Con+Conciencia; Ekokontsumo; El Colmenar; ENEEK; Equo Madrid; Federació Ecologistes de Catalunya (EdC); Federación de Asociaciones de Apicultores  de Cantabria; FODESAM; Fundación Alborada; Fundación Amigos de las Abejas; Fundación Pal Monte; Fundación Vivo Sano; FUNDEM-FUNDACIÓN ENRIQUE MONTOLIU DE LA COM.VALENCIANA; GEPEC-Ecologistes de Catalunya; Germinando; Gizalur, S.L.; Greenpeace; IDEAA; Idealoga. Cooperativa de Iniciativa Social; Izate Asociación Medioambiental; La colmena feliz; La Garbancita Ecológica; La Luna Verde de Moralzarzal; LA PANERA; La Ribera en Bici; Les Colmenes de Tate; Lliga per la defensa de la patrimoni natural - DEPANA; Marfull-acció ecologista Agró; MELAZAHAR COOP. V.; Miel Antonio Simón; Movemento Ecoloxista da Limia; Observatorio para una Cultura del Territorio; Plataforma Salvem la Platja Llarga; POLLINIS; PROYECTO GRAN SIMIO (GAP/PGS-España); Raíces y Alas; ReHd Mad! red huertos urbanos comunitarios de Madrid; Reina Kilama S. Coop.; Revista VIDA APÍCOLA; s.c.a. La Verde; Salva la Selva
Save the Bees Serbia; s.c.a ecológica La Olivilla; SEO/BirdLife; Siempreviva; Sindicato Labrego Galego; Slow Food SevillaySur; SOCIEDAD ESPAÑOLA DE AGRICULTURA ECOLÓGICA; Sos Coello de Monte de Galicia; SOS polinizadores; SumOfUs; Taifa Guanil;
Taller de Ecología de Gernika/Gernikako Ekologi Lan Taldea; Territorios Vivos; Umweltinstitut München e. V.; UNIÓN NACIONAL DE ASOCIACIONES DE CAZA; Union Nationale de l'Apiculture Française; UNITEGA; VERA SOSTENIBLE; Véspera de Nada, Asociación por unha Galiza sen Petróleo; WWF España; XURESPESCA; XUREXTEC

 


Voltar