+ 34 981 508 142

CIRCULAR INFORMATIVA 24/01/2017

                            

 

Queremos facervos chegar esta circular para poñer en coñecemento de tod@s as seguintes actividades:

1- DIA DO APICULTOR. PROGRAMA
2- XORNADAS DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DA APICULTURA EN OURENSE
3- SUBVENCIÓN RECENTE DE AGADER
4- CHARLA SOBRE A VELUTINA NO CONCELLO DE PORTAS
 

  • CONVOCATORIA DÍA DO APICULTOR E ASEMBLEA XERAL DE AGA – ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA

Día 11 de febreiro de 2017 en Arzúa


 
PRESENTACIÓN
 Como en pasados anos dende AGA organízase o Día do Apicultor en Arzúa, o Sábado 11 de Febreiro. Este ano e seguindo a esencia desta celebración, contaremos en primer lugar con distintas firmas de material apícola que nos presentarán as últimas innovacións para o sector.
Por outro lado, contaremos con  interesantes charlas sobre cuestións  interesantes para o noso sector.
Outra novidade é que as charlas terán lugar pola mañá e tamén pola tarde, non se pechará a medio día para que os interesados e interesadas  teñan tempo de facer as compras que desexen.


APIEXPO
 Imnovacións para o sector apícola.
Firmas invitadasApitienda con equipos da firma Lyson de Polonia. Anel de Grecia.
                                     Auto Frame…….
 
 
XORNADAS; CHARLAS E DEBATE APÍCOLA
10:00h
Xosé Manuel Durán. Ténico da Asociación  APEGA (produtores ecolóxicos) e socio de AGA.  Manexo de colmeas sen tratamentos.
 
11:00h Situación actual da velutina e axudas:
- Laura Garcia Saez. Asesora Xurídica de AGA .
Regulación da problemática. Quen ten competencia no tema?
Axudas actuais e futuras
               
12:00h
Mesa redonda:
- Vespa velutina, métodos de protección das colmeas "Experiencias ca arpa eléctrica"  Integrantes: Ramiro Freire, Óscar Abad Brañas, Diéter Boisits, e máis Jose María Bello.
 
13:00h
Asemblea xeral de AGA
 
            Charlas da tarde:
16:00 h José Castro. Apiterapeuta-AGA. Tratamento de doenzas coa picada da abella (artrose, reumas)
16:30 h Sandra Rojas Nossa. Investigadora-AGA. Conclusións sobre o Programa "STOP Velutina" 2016
17: 00 h Lisette Zwuster.  Consultora en desarrollo-Eria mel. Presentación, Erica mel en Etiopía.
17:30 h Gonzalo Calvo. Veterinario-AGA. Apuntes para tramitar as axudas do plan apícola 2017, e
últimas novidades sobre o Libro-rexistro das explotacións apícolas
 
 
 
ASEMBLEA XERAL DE AGA 2017
Conforme se establece nos Estatutos de AGA, nos seus artigos 9 a 11, ambos incusive --relativos aos dereitos e obligacións dos socios, e máis nos artigos 24 a 26, ambos inclusive --relativos as funcións da Asamblea Xeral De AGA, convócase formalmente aos socios e socias de AGA a celebración da Asamblea Xeral anual ordinaria, que terá lugar o día 11 de Febreiro, as  13 horas en Arzúa.  Salón de actos da Asociación de veciños
Orde do día:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
2.-Relatorio de actividades e contas do ano 2016
3.-Programa e presuposto para o ano 2017
4.-Asuntos a aprobar: Poliza de seguros
5.Rogos e preguntas
 


MÁIS INFORMACIÓN
AGA –Asociación Galega de Apicultura
Feira Nova s/n Santa María – Arzúa
Tel. 981 508 142 / 630 069 637
Email: info@apiculturagalega.es
Web: www.apiculturagalega.es
Facebook de AGA
 
 
                                              ---------------------------------------------------------------

Coincidindo co «Certame Xantar» en EXPOURENSE, o 4 e 5 de febreiro desenvólvense as I XORNADAS DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DA APICULTURA, organizadas pola Delegación en Ourense da Asociación Galega de Apicultura-AGA.
 O programa consta das seguintes charlas e temas:
 
Programa 4 e 5 de febreiro 2017
Sábado 4
 

  • 10.00 a 11.00 Recollida de credenciais.
  • 11.00 Presentación.
  • 11. 05 Recursos vexetais para as abellas e flora de interés apícola.

M. Carmen Seijo Coello e M. Shantal Rodríguez Flores. (Facultade de Ciencias-Universidade de Vigo).
 

  • 12.15 Primeiros auxilios no apiario. 

Sara Rodríguez Rivas. (Médico de Urxencias no CHOU)

  • 12.50 Mel de Galicia e cata de meles.

María de Diego Roldán  e  Beatriz Ríos Cebreiros (Técnicos IXP Miel de Galicia)

  • 14.15 Showcooking – Cociñando con mel.

Degustación: xamón Coren Selecto, Vino Alberte (Ribeiro), + pratos elaborados no showcooking..

  • 16.00 Presentación, Erica mel en Etiopía

       Lisette Zewuster (Apicultora. Consultora en desarrollo-Erica mel )

  • 16.30 Charla-mesa redonda: «A miña experiencia cas colmeas».

A colmea, as súas medidas,  funcionalidade, fondos sanitarios..
         -Moderador: José Manuel Álvarez Estévez (Apicultor)
              - Juan R. Gentil (Apicultor) (Lusitana)
         - Lisardo Domínguez Rodríguez (Apicultor) (Paso da colmea fixista a movista).

      

  • 17.30 Aplicacións terapéuticas dos produtos da colmea.
    José Seoane Castro. (Apiterapeuta)

 

  • 18.45 Enfermidades da colonia de abellas.

(Gonzalo Calvo Díaz / veterinario de AGA.
       Juan R. Gentil (Apicultor) . (Uso ácido oxálico)
      
 
Domingo 5

  • 11.00 Produtos das abellas nunha alimentación saudable

 Suso Asorey.  (Portavoz de AGA)

  • 12.00 A velutina veu para quedar, coñécea.

 Laura García Saez. (Asesora xurídica de AGA).
 

  • 13.00 Clausura e entrega de diplomas de asistencia.

 
 
Inscripción: 10 € socios de AGA. 20 €  non socios. A ingresar en: ES02 2080  0348 38 3000018210
(Credencial de asistencia as xornadas-incluido Showcooking.  Unha invitación para un  acompañante o 18º  Salón Internacional de Turismo Gastronómico".  Diploma de asistencia).
 
Límite 50 plazas
 
Contacto: trasalba@gmail.com/ 616743166 Susana González Rodríguez  (Delegada en Ourense AGA)
 
Degustacións no Stand da Asociación Galega de Apicultura
Meles con Queixos (Denominacións de Orixen)

  • Mércores 120.00 (D.O. Q)
  • Queixo Arzúa-Ulloa) (D.O.P)
  • Xoves 220:00 (D.O. Queixo de Tetilla)
  • Venres 3 20.00(D.O. Queixo do Cebreiro)

 
 
NOTA:
 
Tanto estas actividades en Xantar coma as do Día do Apicultor ainda poden ser complementadas con outras actividades ou charlas.
Polo tanto recomendamos acudir ao facebook de AGA onde iremos dando as derradeiras novas destas xornadas.

                                            ----------------------------------------------------------------

 
 SUBVENCIÓN DA AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL


RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
LINK Ó DOGA:  http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170118/AnuncioO90-301216-0001_gl.html

O día 18 de Xaneiro  convocóuse unha subvención por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para financiar distintas actividades dentro do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
Finánciase distintos proxectos relacionados cas actividades agraria e gandeira.
NOTA:  a tramitación da subvención debe facerse a través dos GDR, "Grupos de desenvolvemento rural". Estes grupos son instrumentos da Axencia Galega de desenvolvemento rural e teñen por finalidade  mellorar as condicions de vida no rural. Hai GDR nas distinas zonas de Galicia, é dicir existen a nivel territorial.

Cobran especial importancia nesta subvención, xa que os proxectos subvencionables son elixidos polos axentes públicos e privados que condorman estes GDR. As persoas que estean interesadas en pedir algunha destas liñas de subvención deben dirixirse ao seu GDR Local, para tramitar con eles o procedemento e pasar a primeira fase de avaliación. AGA estaría disposta a contactar con estes GDR se alguen estivera interesado en pedirla.

GASTOS SUBVENCIONABLES CON CARÁCTER XERAL:
1. A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto.
2. A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
3.  A adquisición de maquinaria e equipamento novos.
4. Investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos e publicacións.
5. Custos xerais vinculados aos gastos de investimento, tales como honorarios de ar­quitectos, enxeñeiros e asesores …
6. Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto.
7.Medios e equipos de transporte.
NON SE SUBVENCIONAN: Os investimentos de reparación e mantemento das instalacións, así como a reposi­ción ou simple substitución de equipamento e maquinaria, nin Maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
 
 
PROXECTOS  SUBVENCIONABLES  E  REQUISITOS:
FICHA I. Investimentos en actividad agraria:
A)  investimentos en explotacións agrarias que se refiran á mellora da súa eficiencia enerxética e/ou emprego de fontes de enerxía renovables.
B)  proxectos que supoñan o inicio ou implantación dunha actividade agrícola, gandeira ou agroforestal, sempre que esta constitúa unha actividade complementaria á actividade principal non agraria do promotor do proxecto.
Financiamento: entre un 15% e un 50% do investimento total.
** Nesta liña a maquinaria automotriz non se subvenciona.

FICHA II. Investimentos en transformación ou comercialización de productos agrarios.
Subvenciónase investimentos en activos fixos materiais (inmobles, terreos, medios de transporte) para a creación, ampliación e modernización de empresas destinadas a transformación ou comercialización de productos agrarios.
É dicir, esta liña está enfocada para pequenas empresas, polo tanto están excluídos os produtores primarios. Tal e como establece a orde, será necesario nesta liña acreditar o número de rexistro sanitario.
Financiamento:  entre un 15% e un 50% do investimento total.

FICHA III. non é para o sector apícola.

FICHA IV. Investimentos que supoñan diversificación das explotacións agrarias cara actividades non agrarias.
O que nesta liña se subvenciona son proxectos que supoñan o inicio dunha actividade productiva, que sexa complementaria dunha actividade agraria xa iniciada, por exemplo:
- elaboración ou venda de productor artesanais.
-actividades de agroturismo (di a orde: " acondicionamento e mellora das instalcións da explotación agraria de cara a ofrecer servicios turísticos como actvidades recreativas e de animación turistica, actividades de aventura na natureza, actividades de divulgación do patrimonio cultural...).
- servicios educativos, recreativos, culturais, ambientais asociados a valorización de patrimonio natural ou dos sistemas agrarios ou forestais do territorio.
Financiamento: entre un 15% e un 50% do investimento total.
Os beneficiarios poden ser os mismos apicultores, ou persoas da suas familias ligados ao apicultor/a, ata o segundo grao de relación. (pais-fill@s-irmans).
 
FICHA V. non é para apicultura.

FICHA VI. Investimentos en proxectos non produtivos.
Poderán subvencionarse proxectos que teñan un interese público ou colectivo, é dicir, que afecten, interesen ou beneficien dalgún xeito o conxunto da poboación ou da sociedade en xeral. Por exemplo, proxectos relacionados co mantemento, recuperación e re­habilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e de zonas de alto valor natural.
Financiamento: entre un 30% e un 90% do investimento total.

FICHA VII. Proxectos de formación promovidos polos GDR (grupos de desenvolvemento rural) coa  finalidade de incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio.
Serán subvencionables os proxectos que se dirixan especificamente á poboación ac­tiva do territorio, coa finalidade de mellorar a capacitación para o emprego tanto por conta propia como por conta allea.
Gastos subvencionables específicos:
- material funxible necesario para a realización da actividade formativa.
- gastos de desprazamento e axudas de custo do persoal docente
- alugamento de instalacións e equipamentos
- gastos de contratación de persoal docente e expertos
Financiamento:  pode ser dun 100%.
 
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS
- PUBLICACIÓN DA ORDE:   mércores 18 de Xaneiro de 2017.
- PÓDESE SOLICITAR EN DOUS PLAZOS DISTINTOS:     
             ·data final admisión de solicitudes para a primeira proposta anual:  31 Marzo de cada ano
             ·data final admisión de solicitudes para a segunda proposta anual:  31 Maio de cada ano
- SELECCIÓN DE PROXECTOS:
             · para as presentacións feitas na primeira proposta anual:  30 xuño de cada ano
             · para as presentacións feitas na segunda proposta anual:  31 de agosto de cada ano
- PAGAMENTO E FINALIZACIÓN DE TRABALLOS:
             · para ambas propostas:  15 outubro de cada ano
*AGADER concederá este tipo de subvencións ata o 30 de setembro do ano 2020, cumplindo sempre os plazos sinalados anteriormetne.

                                -----------------------------------------------------------------

CHARLA SOBRE A PROBLEMÁTICA DA VELUTINA
Ante a Pasividade da administración que podemos facer ,concellos -apicultores e
Ciudadanía en xeral??
LUGAR: Casa da Cultura do Concello de Portas
DATA E HORA: Sábado 28 Xaneiro ás 18:30H
Métodos loita e contencion desta praga.
Charla impartida por
Jose Maria Bello -delegado AGA no Morrazo


Para calquera dúbida ou consulta xa sabedes que podedes chamar a Santiago ou Arzúa.


Voltar