+ 34 981 508 142

CIRCULAR INFORMATIVA AGA 04/10/2016

CIRCULAR INFORMATIVA AGA

4 OUTUBRO 2016

Infórmase aos socios de AGA da publicación dunha convocatoria dirixida a subvencionar os danos causados ás colmeas polos incendios forestales ocorridos durante o mes de agosto E SETEMBRO de 2016. Abaixo tedes un esquema coa información principal.

Pódese atopar a orde completa no seguinte enlace ao DOGA:http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161003/AnuncioG0426-220916-0002_gl.html

Recordarvos que para calquera consulta estamos na Oficina de Santiago.

un saudo.

 

OBXETO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas no réxime de minimisa favor das persoas afectadas polos danos causados polos incendios forestais que se produciron en 2016, coa finalidade de reparar eses danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.

Os danos que se van a subvencionar son aquelos producidos como consecuencia dos incendios acontecidos en agosto E SETEMBRO de 2016.

 

ÁMBITO DE APLICACIÓN

Existen 7 liñas subvencionables, das cales os apicultores e apicultoras poden beneficiarse das liñas VI (colmeas destruidas polos incendios) e VII (adquisición de alimento complementario pra as supervivientes).

Esta orde será de aplicación ás infraestruturas de titularidade privada situadas en terreos forestais, á maquinaria e equipamento forestal danados como consecuencia dos labores de extinción dos incendios forestais, e aos bens, equipamentos, maquinaria, medios de produción, producións e gando ou colmeas danados nas explotacións agrícolas e gandeiras, e á subministración de alimentación complementaria de gando ou colmeas nas zonas afectadas polos incendios que se produciron en agosto e setembro de 2016.

f) Axudapola morte de gando oupola perda de colmeas das explotacións gandeiras e apícolas (liña VI).

g) Axuda para a adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas (liña VII).

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

No noso caso podénse beneficiar das axudas as persoas físicas ou xurídicastitulares de explotacions ganderias (apícolas no noso caso).

 

CUANTÍA

f) Liña VI: no caso de morte de gando non equino, o importe establecido na Orde do 4 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades destes, e se convocan para o ano 2016. No caso de morte de gando equino, 200 € se se trata de animais de máis de 24 meses e 60 € no caso de animais menores de 24 meses.No caso de destrución das colmeas, 100 € por colmea destruída. O límite máximo por persoa beneficiaria será de 15.000 €.

g) Liña VII: no caso de adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ouas colmeas nas zonas afectadas, o 100 % do custo calculado deste para un máximo de tres meses, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 3.000 €.

 

SOLICITUDES

Poden presentarsevía electronica a traves da Sede electronica da Xunta de galicia (https://sede.xunta.es). No obstante, tamen podense presentaren papel en calquier rexitro público, dirixido "a Xefatura territorial do Medio Rural" (calquier órgano administrativo da Administración estatal, autonómica, local --o concello).
 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Fotocopia do DNI da persoa física solicitante ou da persoa representante, só no caso de non autorizar expresamente a súa consulta. Cando se trate dun pro indiviso, de varas, de fabeo, de vocerío, de voces, abertais, cooperativa agrícola ou comunidade de bens deberase presentar o anexo II debidamente cuberto.

- Se a persoa solicitante é unha persoa xurídica, copia do NIF, só no caso de non autorizar expresamente a súa consulta, e copia do DNI da persoa representante só no caso de non autorizar expresamente a súa consulta, así como acordo do órgano competente polo que se aprobou a solicitude desta axuda.

- Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

- Referencias Sixpac das parcelas afectadas polos incendios (anexo III).

- Memoria xustificativa dos danos polos que se solicita axuda:

Liña VI:

Gando e colmeas mortas: detalle dos animais ou das colmeas afectadas, coa súa identificación e concreción dos lugares en que se atopaban no momento da morte, así como código de identificación da explotación rexistrada.Informe oficial (Distrito Forestal, Oficina Agraria Comarcal, Garda Civil, Concello) no cal se indique que o gando ou as colmeas morreron como consecuencia dun incendio forestal. Se é o caso, documento de recollida do cadáver por parte da empresa autorizada.

Liña VII:

Alimentación complementaria de gando ou colmeas: descrición detallada do número de animais ou colmeas afectados, así como da súalocalización; informe oficial (Distrito Forestal, Oficina Agraria Comarcal, Garda Civil, Concello) no cal se indique que os terreos en que se atopaba o gando ou as colmeas estiveron afectados como consecuencia dun incendio forestal; xustificación da necesidade de proporcionar alimentación complementaria; cálculo desagregado dovolume de alimento necesario, en función do número de animais ou colmeas, para un período de tres meses;tres orzamentos de diferentes provedores no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente as ofertas presentadas para proporcionar o alimento sinalado. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

 

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo é de un mes contado dende o día siguiente a publicación da convocatoria (es decir remata o día 4 de Novembro de 2016).

INSPECCIONES

Establécese tamen na Orden a posibilidade de que a Administración realice alguna inspección con anterioridad a concesión da axuda pra comprobar in situ as necesidades de alimentación do gando.

XUSTIFICACIÓN POSTERIOR DOS TRABALLOS


O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde é de 6 meses desde a súa aprobación. Sin embargo,no caso das colmeas destruidas, non e necesario presentar ningun ningún documento xustificativo e é suficiente para tramitar o pagamento o informe favorable da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, tras as comprobacións oportunas. Es decir, si cumplimos todos os requisitos pra que nos concendan a axuda, con posterioridad non hay que presentar nada maís pra o pagamento.

No caso de alimentación complementariaao gando ou ás colmeas, para a xustificación será suficiente a presentación das facturas e xustificantes de gasto.

 

 

 

 

 


Voltar