+ 34 981 508 142

COLABORA NO PROXECTO APÍCOLA DE APEM

28 de novembro de 2017

A Asociación Pro Enfermos Mentais APEM, presente na provincia da Coruña, ten en marcha un proxecto apícola para a creación dun apiario no concello de Cee. Para poder levar adiante esta iniciativa a asociación precisa de material apícola, para o cal solicita a colaboración dos apicultores e apicultoras, xa que non dispón de ningunha outra axuda económica para iso.

Dende AGA animamos ós socios e socias a colaborar doando material de 2ª man: colmeas, afumadores, traxes, extractores, etc.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto con APEM para acordar o medio de entrega do material. A asociación ten delegacións en varias localidades de A Coruña, polo que pode consultarse cal é a máis próxima para facilitar esta entrega.

Contacto e máis información:

Tel. 981 747 255
E-mail: tallerescee@apemcoruna.es
Web: www.apemcoruna.es


Voltar