+ 34 981 508 142

COLMEAS AFECTADAS POLOS INCENDIOS

Debido ó elevado número de incendios deste verán e especialmente ó que arrasou o Monte Pindo a semana pasada, solicitamos aos apicultores afectados que nolo comuniquen para coñecer as consecuencias dos lumes na apicultura galega.

Dende AGA farémosllo saber ó goberno, ó mesmo tempo que o divulgaremos públicamente. Canta mais información teñamos mais seremos conscientes dos graves danos que ten esta actitude fronte o noso patrimonio natural.

Aproveitamos para informar de dúas accións promovidas pola Asociación Monte Pindo Parque Natural que teñen como obxectivo esixir á Xunta de Galicia un cambio radical na política forestal e no tratamento das problemáticas dos espazos naturais protexidos:

Roteiro reivindicativo de subida ao Monte Pindo, o día sábado 28 de setembro de 2013, con saída simultánea ás 11:00 horas desde O Pindo (Carnota), Caldebarcos (Carnota), e o Fieiro (Mazaricos).

Manifestación Nacional, o domingo día 6 de outubro de 2013, ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela.

Mais información:
Asociación Monte Pindo Parque Natural
O Rabecho s/n, 15296 O Pindo (Carnota) A CORUÑA
info@montepindo.org  |  www.montepindo.org


Voltar