+ 34 981 508 142

CONCESIÓN DO PLAN APÍCOLA 2017

30 de xuño de 2017

Acaban de comunicarnos a concesión da subvención do Plan Apícola 2017. Para AGA concederon un total de 243.959 €, que se reparten do seguinte xeito: técnicos 48.000 € (80% do seu custe), tratamentos varroa 134.361 € (80% do seu custe), alimento 29.285 € (50% do seu custe) e cera 32.311 € (30% do seu custe).

Nestes momentos estamos comezando a pasar o cobro das cotas e seguros xunto cos pedidos de tratamentos para a varroa. Pregámosvos que teñades fondos nas contas indicadas para o cobro e evitar así devolucións que xeneran moitos gastos. No mes de outubro, cando a Consellería nos faga o ingreso da subvención, poderemos facer a devolución do alimento e cera que lle corresponda a cada socio/a.


Voltar