+ 34 981 508 142

CONTINÚA A FORMACIÓN APÍCOLA DE AGA

27 de abril de 2018

O mes de maio chega cargado de cursos e xornadas de formación apícola. 

Temos os cursos básicos en Curtis o 5 e 6 de maio, Ortigueira e Courel o 12 e 13 e Alfoz o 26 e 27. Lembramos que estes cursos son de balde para socios e socias de AGA.

O 13 de maio terá lugar a xornada de reprodución apícola básica de Abella Meiga en Outeiro de Rei e durante o mes tamén varias xornadas de reprodución do apiario organizadas polas DAGAs.

Animámosvos a aproveitar esta oportunidade de formación que contribuirá a mellorar a práctica apícola e a colleita dos valiosos produtos das abellas.

A información completa dos cursos neste enlace: Cursos AGA 2018. 


Voltar