+ 34 981 508 142

CONVOCATORIA ASEMBLEA DAGA OURENSE E CHARLA STOP VELUTINA

Sábado 9 de abril, ás 18.30 h. na Casa da Cultura de Allariz

A delegación de AGA Ourense convoca ós socios e socias á asamblea da DAGA e a unha charla sobre a Vespa velutina, que se celebrará o vindeiro 9 de abril a partir das 18.30 h. na Casa da Cultura de Allariz.

Programa:

Ás 18.30 h.: Charla Stop Velutina

Falaremos sobre a vida e comportamento da Vespa Velutina Nigritorax, cales son os efectos desta praga e os colectivos máis afectados, a elaboración e colocación de trampas de cara á campaña de prevención da primavera e os sistemas actuais de eliminación de niños. Tamén explicaremos en que consiste o programa de loita contra a avespa asiática de AGA titulado Stop Velutina, no que poden participar os socios e socias de AGA. Teremos alí á venta trampas e atraíntes para capturar as raíñas fundadoras agora na primavera. Impartirá a charla Xesús Asorey, portavoz de AGA.

 

Ás 19.15 h. : Sorteo da cesta de produtos apícolas do concurso « Eu son a pinga no facebook de AGA »

 

Ás 19.30 h.: Asemblea DAGA Ourense

Orde do día:

- Relatorio de actividades realizadas e economía do ano 2015

- Presentación de programa de actividades e orzamento para o 2016

- Organización do Día da Abella 2016 en Allariz

- Rogos e preguntas

Programación Día da Abella

O día 20 de maio a DAGA Ourense celebará o Día Mundial da Abella en Allariz, no entorno do Festival Internacional de Xardíns que este ano se titula “Os xardíns do futuro”. Será unha xornada de divulgación apícola para o público visitante dos xardíns e as escolas da comarca, na que se farán os seguintes obradoiros:

1.-Elaboración de casas dos polinizadores.

2.-Elaboración de candeas de cera

3.-Elaboración de trampas caseiras para capturar V. velutinas

4.-Proba de meles

5.-Presenza das abellas e os abellóns nos xardíns do futuro

 

Máis información

DAGA Ourense: Email trasalba@gmail.com / Tel. 616 743 166
Asociación Galega de Apicultura: Email info@apiculturagalega.es / Tel. 981 508 142 / 981 589 534


Voltar