+ 34 981 508 142

CRÓNICA DÍA DO APICULTOR 2017

AGA constituirá un grupo de innovación que desenvolverá un sistema de protección das colmeas fronte a Vespa velutina

13/02/2017

A necesidade de atopar sistemas de protección das colmeas contra o avespón asiático foi o tema central das charlas do Día do Apicultor 2017, no que AGA anunciou a constitución dun grupo de innovación no que participarán socios de AGA que están desenvolvendo modalidades caseiras da arpa eléctrica. As diferentes experiencias con este aparato foron presentadas nas charlas e amosaron a súa efectividade na reducción da presión que sufren as abellas durante o verán, cando son atacadas masivamente pola Vespa velutina.


Arzúa, 11 de febreiro de 2017


A xornada do Día do Apicultor celebrada durante o día de hoxe en Arzúa estivo marcada pola numerosa asistencia de público nas charlas de temática variada. Tratáronse temas como o manexo das colmeas sen tratamentos, no que se integra o respeto pola natureza cos coñecementos actuais sobre produción apícola,  ou a apicultura en Etiopía, un país cun gran potencial apícola e onde a cooperativa Erica Mel está participando nun proxecto de cooperación con apicultores etíopes. Pero principalmente falouse sobre a Vespa velutina, que continúa sendo no 2017 a gran ameaza das abellas. Os socios de AGA Ramiro Freire, Oscar Abad e Dieter Boisits presentaron as súas experiencias innovadoras coa arpa eléctrica e amosaron as ventaxas que ten a súa utilización. AGA anunciou a constitución dun grupo de innovación que traballará no desenvolvemento deste aparato co fin de poñelo a disposición dos socios e socias de AGA para protexer as colmeas fronte o avespón asiático, especialmente durante o verán, que é cando sufren maior presión, provocando que as abellas non poidan sair a pecorear e causando incluso a morte da colmea. Laura García, asesora xurídica de AGA, fixo un resume sobre a regulación da problemática enfatizando na importancia de que a Vespa velutina sexa tratada como especie exótica invasora e polo tanto sexa competencia da consellería de Medio Ambiente.


Na Apiexpo, aberta ó público durante a xornada, participaron este ano varias firmas de material apícola, Lyson de Polonia, Anel de Grecia e Autoframe. AGA hoxe ademais comezou co reparto das trampas e atraíntes contra a Vespa velutina que lle entregou a Consellería de Medio Rural para a captura de raíñas fundadoras durante esta primavera.


En vindeiros días publicarase información máis extendida sobre o evento.

 

 

 

 

ALGUNHAS NOTAS DE PRENSA.-

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/02/12/apicultores-ensayan-trampa-electrocuta-avispa-velutina/0003_201702G12P12993.htm

http://apiculturaiberica.com/index.php/actualidad/aga-constituira-un-grupo-para-desarrollar-un-sistema-de-proteccion-de-las-colmenas-frente-a-velutina

 

http://www.campogalego.com/es/agroalimentacion-es/comienza-este-viernes-el-reparto-de-trampas-contra-la-vespa-velutina/


Voltar