+ 34 981 508 142

CURSO NO COUREL PARA FAVORECER A APICULTURA E A CONVIVENCIA CO OSO

3 de maio de 2018

AGA xunto coa Fundación Oso Pardo organizan un curso básico de apicultura os días 12 e 13 de maio nas instalacións da Estación Científica da USC en Seoane do Courel. Esta formación é unha das actividades programadas no Proxecto Life Oso Pardo que se está desenvolvendo este ano na comarca courelá co obxectivo de favorecer a convivencia co oso, preparando o territorio e resolvendo os posibles conflictos que poidan derivarse.

O curso é de balde para socios e socias de AGA e 50 € para o resto. Para inscribirse enviar a ficha de inscrición a info@apiculturagalega.es.

Descargar a ficha

Máis información dos cursos básicos de AGA

 

Voltar