+ 34 981 508 142

Campaña de promoción Das Miñas Colmeas

Xa está en marcha a campaña para promocionar a marca colectiva "Das Miñas Colmeas" coa nosa nova imaxe "A Pinga". No III Foro Apícola o vindeiro 6 de xuño en Arzúa presentaremos moitas novidades.

Esta campaña ten por obxecto chamar a atención dos consumidores e consumidoras e mellorar a nosa posición como unha das marcas de referencia no mercado do mel.

Aínda que a presencia desta etiqueta no mercado xa é moi relevante, queremos darlle un novo impulso que a faga mais atractiva. Especialmente nos tempos actuais, con tanta oferta no mercado, necesítanse novos estímulos e reforzar as motivacións. Ademais, coa aplicación do novo sistema de venda directa para produción primaria, este sistema de etiquetado aínda se fai mais útil e necesario.

Nesta campaña de promoción Das Miñas Colmeas presentamos a nova imaxe da nosa marca: a Pinga. A Pinga será a compañeira do bote de mel e do seu vendedor ou vendedora. Unha imaxe divertida que dará moito xogo: "¡Eu son a pinga!"

Atraerá as miradas de grandes e pequenos e servirá para guialas hacia o bote de mel, coas súas beneficiosas propiedades, e finalmente á labor das abellas que elaboran esas miles de pingas de mel.

A partir de agora, a pinga aparecerá en diversos materiais que se poderán colocar nos puntos de venda ou ofrecer xunto cos produtos apícolas. As persoas que solicitan etiquetas Das Miñas Colmeas levarán cos seus pedidos unha selección de pegatinas coa Pinga para ir dándoa a coñecer. Ó longo do ano iremos informando sobre a realización doutros materiais. Estas son algunas mostra coas que se comezará a mover a Pinga:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A etiqueta Das Miñas Colmeas xa ten unha longa traxectoria en AGA. Comezou a utilizarse fai anos, a semellanza dun sistema que estaba funcionando en Bélxica, e facilitou que centos  de pequenos apicultores e apicultoras lle puideran dar saída ás súas producións de mel con todas as garantías. 

Os socios e socias poden solicitar a AGA as súas etiquetas personalizadas, nas que se inclúen os datos relativos ó apicultor ou apicultora e a información sobre o mel. O modelo de etiqueta é único, o que varían son os datos sobre o produto e o produtor. 

Para poder utilizar esta etiqueta, os únicos requisitos son: ter as colmeas rexistradas, inscribirse na sección de venda directa das oficinas agrarias, levar unha trazabilidade do produto e cumplir cunha guía de boas prácticas que reúna os requisitos básicos de hixiene e seguridade alimentaria, como a que temos publicada en AGA: Guía de Boas Prácticas.

Máis información sobre produción primaria neste artigo: Comercializar mel sen rexistro sanitario

Entre as ventaxas de utilizar esta marca están a boa imaxe do produto, xa que se utiliza un deseño e impresión profesionais, e a garantía de calidade avalada por unha asociación recoñecida e valorada socialmente como é AGA Asociación Galega de Apicultura.

Se queres máis información sobre como obter as túas e etiquetas Das Miñas Colmeas e che interesa participar na campaña de promoción de A Pinga, ponte en contacto con nós no tel. 981 508 142 ou no email aga@queixoemel.org.

A campaña Das Miñas Colmeas xa está en marcha e vai de pinga! 

 

 


Voltar